Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA ABRE O PRAZO DE SOLICITUDE PARA OPTAR Á OFERTA FORMATIVA DE -CONECTADAS 2016-

As entidades sen ánimo de lucro que teñan como obxectivo a promoción e desenvolvemento das mulleres e a consecución da igualdade de mulleres e homes deberán presentar as solicitudes nun prazo de 30 días naturais

As entidades sen ánimo de lucro que teñan como obxectivo a promoción e desenvolvemento das mulleres e a consecución da igualdade de mulleres e homes deberán presentar as solicitudes nun prazo de 30 días naturais

Fecha: 12 de Enero de 2016

Fuente: Deputación de Pontevedra

 "Conectadas 2016", dotado de 321.433 €,  é unha modificación radical do anterior programa "Pensa en Ti" adaptando a oferta formativa á sociedade do século XXI

 

A Deputación de Pontevedra publicou hoxe no BOPPO as bases reguladoras do programa "Conectadas 2016" (http://www.boppo.depo.es/web/boppo/detalle/-/boppo/2016/01/11/2016000091). A partir de mañá, 12 de xaneiro, e durante un mes, as entidades que promoven o desenvolvemento das mulleres poderán presentar as solicitudes para poder optar ás 267 prazas do programa nos rexistros da Deputación.

 

"Conectadas 2016", dotado de 321.433 €, trátase dunha modificación radical do anterior programa "Pensa en Ti" que ofertaba cursos non adaptados a unha sociedade do século XXI: automaquillaxe, corte e confección ou cociña no sentido máis tradicional da forma de entender a participación das mulleres no mundo.

 

"Conectadas 2016"  ten por obxectivo potenciar a participación e promoción das mulleres, favorecer o intercambio de experiencias en igualdade, impulsar accións formativas para contribuír a mellorar a empregabilidade das mulleres e o seu mantemento no mercado de traballo, facilitar o emprego da información e as novas tecnoloxías e incorporar de maneira transversal os principios de igualdade, corresponsabilidade e conciliación da vida persoal, laboral e familiar.

 

Os bloques de contido de "Conectadas 2016" son os seguintes: "Muller emprende: iniciativas sostibles para o emprego" (plan de negocio, community manager, e-commerce, asesoría laboral e fiscal, coaching, etc.), "Muller e cultura: artes visuais" (fotografía, pintura, percusión, teatro, etc.), "Actualízate" (correo electrónico, manexo de tablet, smartphone, redes sociais, etc.), "Coas túas mans" (cestería, traballos en tea, coiro, madeira, costura creativa, etc.), "Porque ti o fas" (arte floral e ornamentación, sostenibilidade, horta ecolóxica, etc.), "Súmate ó cambio" (hábitos saudables, conservación de alimentos, mantemento do fogar e xestión doméstica, corresponsabilidade doméstica e familiar, coida o teu vehículo, bricolaxe, etc.), "Ponte en forma" (pilates, tai-chi, ioga, etc.) e "Coidados persoais e saúde" (manexo do estrés, menopausa saudable, risoterapia, musicoterapia, etc.).

 

As accións formativas deste programa, dunha duración de 35 horas, estarán abertas a toda a poboación da provincia e incluirán, de forma transversal, o tratamento da igualdade entre mulleres e homes a través dun módulo de sensibilización en igualdade de 5 horas de duración. As mulleres terán preferencia, reservándose o 25% das prazas para homes agás no bloque "Súmate ó cambio" no que a participación pode ser mixta xa que se cubrirán as prazas ó 50%. Neste bloque de "Súmate ó cambio" a distribución das prazas é o 50% para impulsar a participación activa e conxunta de mulleres e homes nas cuestións que se desenvolven no ámbito privado. 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones