Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA ACHÉGASE AO SOBRESAÍNTE EN TRANSPARENCIA

A entidade provincial foi valorada cunha puntuación de 89,4, o que supón un incremento do 25% con respecto á anterior medición de 2013

A entidade provincial foi valorada cunha puntuación de 89,4, o que supón un incremento do 25% con respecto á anterior medición de 2013

Fecha: 31 de Diciembre de 2015

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra acadou unha puntuación de 89,4 sobre 100 no último Índice de Transparencia das Deputacións Provinciais, que acaba de facerse público esta semana. A entidade provincial incrementou nun 25% a valoración que obtivo na anterior medición de 2013, na que recibiu un 71,3. Deste xeito, a Deputación pasa do posto 23 ao 20 no ránking total de puntuacións en España e sitúase como a segunda deputación galega mellor valorada.

O índice, elaborado pola organización non gobernamental Transparencia Internacional España, inclúe tamén unha avaliación segundo seis áreas de transparencia. A mellor valorada na Deputación de Pontevedra foi a económico-financeira, cun 100; seguíronlle en puntuación as áreas de indicadores da lei, cun 92,99; información, con 92 puntos; relacións cos cidadáns, con 90,9; contratacións de servizos, con 75; e apoio aos municipios, avaliada cun 70, 8. Todas estas áreas rexistraron unha significativa mellora con respecto ao índice de 2013.

O novo goberno da Deputación de Pontevedra, que tomou posesión no mes de xullo, fixo un esforzo para mellorar nestes catro meses os índices de transparencia da institución provincial e agarda dar un salto cualitativo no vindeiro ano 2016 coa aprobación dun Código de Ético e unha Carta de Servizos.

Ademais, a Deputación está traballando no deseño dunha nova páxina web que incluirá un apartado específico de transparencia e unha sección para os concellos, concibida para que teñan fácil acceso á información que lles compete. Outra cuestión na que se está a traballar dende o ente provincial é na retransmisión vía streaming dos plenos e algúns eventos.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones