Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Deputación de Pontevedra adxudica máis dun millón de euros ao deporte federado e náutico da provincia

As axudas, dirixidas a apoiar a participación dos equipos en competicións oficiais, beneficiarán a 126 clubs da provincia de máis de 16 modalidades deportivas

As axudas, dirixidas a apoiar a participación dos equipos en competicións oficiais, beneficiarán a 126 clubs da provincia de máis de 16 modalidades deportivas

Fecha: 30 de Septiembre de 2017

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar máis dun millón de euros para o deporte federado e náutico da provincia a través de dous programas de axudas, dos que se beneficiarán un total de 126 clubs deportivos sen ánimo de lucro. Estas adxudicacións, que ascenden a 1.249.910 €, están dirixidas a apoiar a ditos clubs na súa participación en ligas e competicións oficiais convocadas por organismos ou federación deportivas galegas ou españolas.

Por unha banda, a través do programa de subvencións "Categoría Nacional 2017", dirixido a equipos que compiten a nivel estatal, destínanse 749.924 € a 75 equipos das modalidades de baloncesto (124.928 €), fútbol sala (25.999 €), bádminton (13.000 €), fútbol (136.000€), balonmán (205.500 €), atletismo (24.500 €), tenis de mesa (17.497 €), voleivol (33.000 €), rugbi (16.500 €), beisbol (7.000 €), ciclismo (55.000 €) e a outras modalidades (91.000 €).

No caso do programa de axudas para o deporte "Ámbito Náutico 2017", que inclúe as disciplinas de remo, vela e piragüismo, a institución provincial vén de aprobar axudas cun orzamento total que ascende a 499.986 €, das que se beneficiarán 51 clubs deportivos sen ánimo e lucro que compitan no ámbito náutico, sen que ningunha solicitude fose excluída do procedemento.

O goberno provincial, dentro do seu plan estratéxico do deporte, ten investido máis de 4.500.000 € en actividades deportivas, deporte base, deporte náutico e axudas a deportistas, así como na promoción de clubs deportivos de elite, competicións deportivas e na posta en marcha de programas especiais como as Depo Andainas ou Depocomparte ente outros.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones