Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Deputación de Pontevedra aproba as bases da quinta edición de conectadas para afondar na igualdade e no apoderamento das mulleres da provincia

O goberno de Carmela Silva destinará este ano 324.000 euros ao impulso de accións formativas baseadas nos principios de igualdade, corresponsabilidade e conciliación da vida persoal, laboral e familiar

O goberno de Carmela Silva destinará este ano 324.000 euros ao impulso de accións formativas baseadas nos principios de igualdade, corresponsabilidade e conciliación da vida persoal, laboral e familiar

Fecha: 13 de Enero de 2020

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar as bases reguladoras do programa "Conectadas 2020", que este ano chega a súa quinta edición cun orzamento de 324.000 euros. A presidenta provincial, Carmela Silva, puxo en valor esta iniciativa que impulsando accións formativas "busca potenciar a participación e promoción das mulleres, así como favorecer as relacións interpersoais en igualdade incorporando de maneira transversal os principios de corresponsabilidade e conciliación da vida persoal, laboral e familiar".

"Conectadas" ten por obxectivo mellorar a formación básica das mulleres da provincia para favorecer as relacións e o intercambio de experiencias, mellorar a súa empregabilidade e mantemento no mercado de traballo, e reducir a brecha dixital mediante a utilización da información e as novas tecnoloxías. Ao igual que en edicións anteriores, poderán participar en "Conectadas 2020" asociacións, federacións e fundacións sen ánimo de lucro que teñen por obxectivo a promoción das mulleres, o apoio ao seu desenvolvemento e apoderamento, así como ao seu tecido asociativo e cuxo obxectivo final sexa a consecución da igualdade entre mulleres e homes. O prazo de presentación das solicitudes será de 30 días naturais e comezará a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no BOPPO.

Tal e como explicou a presidenta, cada entidade dispón dun total de 33 accións formativas distintas ás que optar, agrupadas en oito bloques temáticos: "Muller Emprende: Iniciativas sostibles para o emprego", "Muller e Cultura: artes visuais", "Actualízate", "Coas túas mans", "Porque ti o fas", "Súmate ao cambio", "Ponte en forma", e "Coidados persoais". As accións terán unha duración de 35 horas e poderán participar entre 20 e 25 persoas, establecéndose un mínimo de 15. Pola súa banda, Carmela Silva salientou o éxito de "Conectadas 2019", que remata en febreiro, e na que participaron máis de 5.000 mulleres da provincia.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones