Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Deputación de Pontevedra aproba o maior reparto inicial do plan de cofinanciamento dos servizos sociais comunitarios municipais para 2017

Carmela Silva sinalou que a institución provincial investirá inicialmente máis de 2,2 millóns de euros, coa previsión de poder achegar unha contía maior ao longo do ano

Carmela Silva sinalou que a institución provincial investirá inicialmente máis de 2,2 millóns de euros, coa previsión de poder achegar unha contía maior ao longo do ano

Fecha: 24 de Enero de 2017

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar as bases do Plan de cofinanciamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais para o ano 2017. Tal como sinalou a Presidenta da institución provincial, Carmela Silva, esta actuación busca "apoiar ás corporacións locais de menos de 20.000 habitantes para que poidan prestar os seus servizos sociais comunitarios municipais". Grazas a esta actuación do Servizo de Cohesión Social e Xuventude, fináncianse o Servizo de Axuda no Fogar (SAF), a contratación de persoal técnico dos equipos municipais de servizos sociais comunitarios básicos, tamén persoal administrativo e, ademais, o servizo de Educación Familiar.

Carmela Silva sinalou que "este é o ano cun maior reparto inicial económico" do Plan, "o que volve amosar o absoluto compromiso da Deputación de Pontevedra coas políticas sociais" xa que este ano o Plan de cofinanciamento contará cun reparto inicial situado en 2.215.035,33 €, isto é, un 2% máis que o ano anterior. Malia a iso, lembrou a Presidenta da institución provincial, "esta cantidade podería aumentar aínda máis se houbese máis cartos dispoñibles, como a finais do ano pasado cando ampliamos en 160.000 € esta partida" e, polo tanto, "este ano está contemplado que poidamos repartir aínda máis recursos para facer fronte ás políticas sociais que teñen que cubrir os concellos".

En total son 52 os concellos da provincia de Pontevedra que se poderán beneficiar deste plan. Cada un deles poderá optar ás contías máximas que se lle teñen asignadas tanto no módulo do SAF (dun total de 1.226.000 €) como no de persoal (dun total de 989.000 €). Os concellos terán un período de 15 días hábiles a partir do día seguinte da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, e poderano solicitar a través dun formulario que atoparán na páxina web www.depo.gal.

A través do Servizo de Axuda no Fogar, préstaselles atención ás persoas maiores con déficit de autonomía e ás persoas con diversidade funcional, especialmente cando carecen de apoio persoal no seu medio inmediato. Tamén dá unha resposta preventiva, educativa e socializadora fronte a diversas situacións de familias en risco de exclusión social. Pola súa banda, o servizo de Educación e Apoio Familiar integra o conxunto de proxectos e servizos de apoio educativo e psico-social dirixidos ás familias, co obxectivo de detectar, previr e superar as situacións de dificultade, especialmente as eventuais situacións de maltrato infantil ou calquera outra desprotección. Tamén busca promover procesos de cambio que favorezan un adecuado exercicio das responsabilidades familiares e a mellora da autonomía, da integración e da participación social das familias e unidades de convivencia.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones