Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

A Deputación de Pontevedra aproba o seu plan estratéxico do deporte

A presidenta provincial, Carmela Silva, destaca a colaboración de todo o sector deportivo da provincia na súa elaboración

A presidenta provincial, Carmela Silva, destaca a colaboración de todo o sector deportivo da provincia na súa elaboración

Fecha: 27 de Marzo de 2017

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra aprobou en Xunta de Goberno o Plan Estratéxico do Deporte 2017-2020 unha vez concluído o prazo de aportacións dos interesados. Segundo subliñou a Presidenta, Carmela Silva, este plan desenvolveuse coa colaboración de todo sector deportivo da nosa provincia.

O plan contou cun prazo aberto para que o propio sector puidera facer as súas aportacións e "agora unha vez concluído ese prazo procedemos a súa aprobación definitiva en Xunta de Goberno, aínda que algunhas das cousas que plantexa xa as estamos a desenvolver por adiantado", destacou Silva.

Este plan estratéxico promove a elaboración dun o Plan Director de Instalacións Deportivas, para coñecer as instalacións e espazos deportivos existentes na provincia e as necesidades de creación de novas infraestruturas. Tamén se realizará unha guía de mantemento e modernización das instalacións, impulsando a eficiencia enerxética.

Dentro das medidas recollidas no plan estratéxico que xa están en marcha, cabe subliñar o impulso as DEPOrte Escolas para facelas chegar a toda a poboación infantil garantindo un maior incremento na oferta para iniciar na práctica deportiva a todas as nenas e nenos da provincia. O fomento do tecido asociativo tamén está funcionando con liñas de colaboración por concorrencia competitiva para o fomento da práctica deportiva, para o financiamento dos clubs con equipos en alto nivel, impulsando convenios para impulsar a colaboración entre as asociacións e os centros educativos especializados, modernizando, incentivando a calidade, impulsando programas de promoción do deporte e de formación, creando seminarios e xornadas de intercambio de experiencias ou promovendo campionatos deportivos.

Unha das novidades é a creación dun proxecto de imaxe de marca provincial para o fomento do deporte encamiñada a obter un selo de calidade deportiva. A través desta marca fomentaranse hábitos saudables e tamén valores positivos como o xogo limpo ou traballo en equipo.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí