Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

A Deputación de Pontevedra aprobará este venres 152.000 ? para melloras no sistema de abastecemento de auga no Rosal

O Concello do Rosal desistiu dun investimento anterior do Plan Concellos 2017 e optou por un cambio de finalidade para destinalo a esta nova actuación de abastecemento

O Concello do Rosal desistiu dun investimento anterior do Plan Concellos 2017 e optou por un cambio de finalidade para destinalo a esta nova actuación de abastecemento

Fecha: 28 de Septiembre de 2018

Fuente: Deputación de Pontevedra

O deputado provincial de Cooperación, Carlos Font, informou hoxe que o goberno da Deputación de Pontevedra aprobará este próximo venres, en Xunta de Goberno, o financiamento ao concello do Rosal para distintas obras de mellora no sistema de abastecemento de auga no concello. Trátase dunha actuación cun orzamento total de 156.076,82 euros, dos que a Deputación investirá 152.261,56 euros.

Esta nova achega do Goberno provincial provén da desistencia do concello do Rosal a un investimento que solicitaron e que foi aprobado en 2017 para o tratamento de auga no depósito de Martín, e que en maio de 2018 optou por un cambio de finalidade. Con tal motivo, a Xunta de Goberno provincial vai aceptar este venres a desistencia do Rosal á actuación anterior e a autorización para aplicar o crédito dispoñible ao novo proxecto presentado. Máis polo miúdo, os traballos comprenderán diferentes actuacións. Vaise substituír a tubaxe en varios puntos, vaise impermeabilizar o depósito da Buraca e instalaranse ademais dúas novas bombas de bombeo na estrada de Urgal.

Este ano 2018, ao través do Plan Concellos, o Goberno provincial destina á vila case un millón de euros, 969.267,60 euros, máis dun 74% máis que no exercicio anterior.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí