Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Deputación de Pontevedra celebra este venres o -I Encontro Provincial pola inclusión-

A Presidenta, Carmela Silva, inaugurará a xornada encadrada no compromiso da institución provincial pola construción dunha sociedade inclusiva e diversa

A Presidenta, Carmela Silva, inaugurará a xornada encadrada no compromiso da institución provincial pola construción dunha sociedade inclusiva e diversa

Fecha: 16 de Diciembre de 2016

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, inaugura este venres, acompañada pola Deputada de Cohesión Social e Xuventude, Digna Rivas, e o Deputado de Mobilidade e Cooperación Transfronteiriza, Uxío Benítez, o "I Encontro Provincial pola Inclusión" celebrado ao abeiro do mes de decembro dedicado ás persoas con diversidade funcional e que comezou o día 3, declarado pola ONU como Día Internacional das Persoas con Discapacidade. A Deputación de Pontevedra, deste xeito, amosa o seu compromiso coa sociedade e con estas persoas, co obxectivo de construír unha provincia inclusiva e diversa no que se garanta o dereito que teñen todas estas persoas a contar cunha boa calidade de vida.

A xornada, que terá lugar no Pavillón do Centro Príncipe Felipe, comezará ás 10:00 horas e clausurarase arredor das 13:00 horas. Trala inauguración da presidenta e os deputados, comezará a programación do encontro que leva por lema "Accións transformadoras para unha provincia diversa, inclusiva e sostible". Durante o acto terán lugar diversas roldas de intervencións ou encontros, nos que participarán directores e directoras, presidentes e presidentas, xerentes, persoal técnico e demais membros de diversas entidades sociais da provincia. Nelas, falarán da súa situación actual no ámbito da diversidade funcional, dando conta tanto das súas oportunidades pero tamén das súas limitacións, falarán de como poden contribuír estas entidades á configuración dunha sociedade sostible, debaterán sobre cales son as pautas e as liñas de colaboración a seguir coas administracións públicas, falarán da inclusión das persoas con diversidade funcional, inclusión laboral e tamén na educación social, así como da atención sociosanitaria e, ademais,poderán amosar ao mundo as iniciativas e os proxectos nos que están a traballar nestes eidos.

A programación do evento complétase con diversas actuacións artísticas da man do Coro da Asociación de discapacitados intelectuais Virxe da O Centro Méndez Núñez (que interpretará a panxoliña "Santa Clausiscoming to town"), da Compañía de Danza da Fundación Igualarte, do Grupo de Teatro da Asociación de discapacitados intelectuais Virxe da O. Centro Méndez Núñez (representando os últimos actos de "Romeo e Xulieta" de Shakespeare) e, por último, unha actuación musical do grupo XROCK, que será o encargado de clausuralo.

Lembramos que na provincia de Pontevedra hai preto de 50.000 persoas con algún tipo de diversidade funcional recoñecida, unhas cifras que ascenden a arredor de 125.000 en Galicia e un total de 3 millóns en España. Pontevedra é ademais a provincia galega cunha maior porcentaxe de persoas con diversidade funcional, cun 5,12% fronte ao 5,07% da Coruña, o 3,07% de Ourense e o 2,74% de Lugo (a media galega atópase no 4,56%), segundo os datos recollidos na última edición da "Base Estatal de datos de personas con discapacidad" que elabora anualmente o Imserso e que foi publicada en febreiro deste ano con datos a día 31 de decembro de 2014.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones