Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Jueves, 12 de Marzo de 2026

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA CONCEDE PRETO DE 400.000 ? A CONSERVATORIOS E ESCOLAS DE MÚSICA DA PROVINCIA

En total, 46 centros da provincia serán beneficiados por estas subvencións da Deputación de Pontevedra

En total, 46 centros da provincia serán beneficiados por estas subvencións da Deputación de Pontevedra

Fecha: 23 de Noviembre de 2015

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou subvencións por valor total de 350.000 destinados a 46 centros que imparten formación musical na provincia de Pontevedra. En concreto, concedéronse 150.000 € a 10 conservatorios de música, non dependentes da Consellería de Educación, de Cambados, Cangas, A Estrada, Gondomar, A Guarda, Lalín, Ponteareas, Redondela, Tui e Vilagarcía de Arousa. A maiores, 23 escolas de música públicas de Agolada, Baiona, Cambados, Cangas, Catoira, A Estrada, Fornelos de Montes, Marín, Meaño, Moaña, Mondariz, Moraña, As Neves, Ponteareas, O Porriño, Redondela, Sanxenxo, Silleda, Tui, Valga, Vigo, Vila de Cruces e Vilagarcía de Arousa recibirán 150.000 €. Ademais, 13 escolas de música dependentes de asociacións sen ánimo de lucro recibirán subvencións por valor de 50.000 €, en concreto, a Agrupación Musical de Vincios (Gondomar), a Banda de Música de Lalín, a Asociación do Centro Recreativo e Cultural de Torroso (Mos), a Banda de Música Xuvenil de Xinzo (Ponteareas), a Banda de Música La Unión de Guláns (Ponteareas), Músico Cultural San Mariño de Salcedo (Pontevedra), Agrupación Musical de O Rosal, Amigas da Música de Salceda de Caselas, Sociedade Cultural e Deportiva Atlántida de Matamá (Vigo), Unión Musical de Coruxo (Vigo), Unión Musical de Valladares (Vigo), Asociación Banda Escola de Música de Beade (Vigo) e Asociación Pro Escola de Música de Vilanova de Arousa.

No eido deportivo, a Xunta de Goberno aprobou o expediente para a contratación, mediante procedemento aberto e cun orzamento de 240.000 €, da subministración de material deportivo diverso para os clubs federados da provincia de Pontevedra. Por outra banda tamén se aprobaron as bases para a convocatoria de subvencións, por valor de 197.000 €, a concellos con poboación inferior a 20.000 habitantes, para a adquisición de desfibriladores, mantemento e reparación de instalacións deportivas e a adquisición de material deportivo e ocio inventariable durante o exercicio 2015.

En canto a servizos sociais, a Deputación de Pontevedra aprobou a ampliación da subvención dos servizos de axuda no fogar a 28 concellos da provincia de Pontevedra, de menos de 20.000 habitantes, por valor de 125.000 €. En concreto, beneficiaranse Agolada, Bueu, Cambados, Campo Lameiro, Catoira, Cerdedo, Cuntis, Forcarei, Fornelos de Montes, O Grove, A Lama, Meis, Moaña, Mos, As Neves, Pazos de Borbén, Poio, Ponte Caldelas, Pontecesures, O Porriño, Rodeiro, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Valga, Vila de Cruces, Vilaboa e Vilanova de Arousa.

Ademais, a Xunta de Goberno aprobou unha segunda edición das accións formativas Actívate 2015 concedidas a tres concellos (Ponteares, Portas e Tui). Actívate 2015 ten por finalidade desenvolver actividades formativas e educativas no ámbito do lecer e do tempo libre para mellorar a formación básica da mocidade da provincia de Pontevedra.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí