Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA CONTARÁ CUN ORZAMENTO DE 152 MILLÓNS DE EUROS ORIENTADO AOS CONCELLOS DA PROVINCIA

A Presidenta e o Vicepresidente , Carmela Silva e César Mosquera, presentan os cinco eixes principais das políticas económicas do novo goberno provincial

A Presidenta e o Vicepresidente , Carmela Silva e César Mosquera, presentan os cinco eixes principais das políticas económicas do novo goberno provincial

Fecha: 20 de Noviembre de 2015

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Presidenta da Deputación de Pontevedra Carmela Silva, e o Vicepresidente César Mosquera presentaron hoxe os orzamentos da institución provincial que ascenden ate 152 millóns de euros o que representa un 2,4 por cento máis que o ano 2015.

A Presidenta destacou que o orzamento e o instrumento para o desenrolo das políticas do novo goberno provincial como o destaca o maior protagonismo dos concellos e a eliminación das partidas de libre disposición. En total, segundo subliñou Carmela Silva, son cinco os eixes principais das novas políticas, centradas nos concellos, o emprego, o territorio, a igualdade e a cohesión social e a xuventude.

Estes eixes están dotados de distinta partidas económicas. Así as axudas aos concellos acadarán a cifra de 47,5 millóns de euros entre o "Plan Concellos 2016"; a asistencia técnica-xurídica; e a proteción do medio natural . "En total estamos a aplicar o 66 por cento dos gastos en investimentos e transferencias de capital da totalidade do orzamentos aos concellos da provincia", subliñou Carmela Silva.

O eixe do emprego contará con máis de trece millóns de euros de dotación e comprenderá as partidas para s concellos, os programas de prácticas laborais en empresas e administracións ou o autoemprego de investigadores "para o que acadaremos un protocolo de actuación coa Universidade de Vigo e os campus de Vigo e Pontevedra", destacou a Presidenta. " O 8,5 por cento do total do orzamento vai dedicado aos distintos programas de emprego", sinalou Silva.

No que respecta a mellora da mobilidade e seguridade viaria nas vías provincias as partidas ascende aos 16 millóns de euros.

O cuarto eixe das políticas da nova Deputación e a Igualdade, para a que se creou o novo servizo, e que para 2016 contará cun orzamento de 767.313 euros.

Dentro das partidas de Cohesión Social, os servizos sociais municipais para os concellos de menos de 20.000 habitantes contarán cunha dotación económica de 2,6 millóns de euros. As actuacións en materia de xuventude estarán dotadas de 1,1 millóns de euros. E os colectivos e entidades de iniciativa social terán 1,1 millóns de euros sempre en concorrencia competitiva.

No que respecta ao fomento da cultura e da lingua galega, dende o novo goberno da Deputación adicaranse 3,7 millóns para promoción cultural e protección do patrimonio histórico-artístico e os servizos linguisticos; 1,6 millóns para bibliotecas e arquivos; e 4,2 millóns para o Museo Provincial.
No que respecta ao Deporte, segundo subliñou Carmela Silva, vaise traballar con criterios e proxectos que garantan o futuro para o que imos elaborar un plan que se centre en fomentar, promover e difundir o deporte en colaboracións cos municipios. No que respecta as melloras das instalacións deportivas no orzamento de 2016 imos adicar máis de tres millóns de euros.

Pola súa banda, o vicepresidente provincial, César Mosquera, salientou que o novo orzamento é profundamente rupturista. Destacou que é resultado de facer real o acordo de goberno asinado en xullo polas dúas forzas políticas do goberno de coalición. "Estamos contentos de acadar aquelo ao que nos comprometemos. Estamos efectivizando punto por punto e indo máis alá da dirección que nos marcamos. Eso hai que poñelo en valor nun momento no que hai un descreimento da política por parte da cidadanía, xa que os gobernos prometen unha cousa e fan a contraria", sinalou.

En canto ás cifras, o vicepresidente puxo de manifesto que nos vindeiros tres meses, cando se liquide o orzamento de 2015, se poderán incorporar ás contas provinciais anunciadas hoxe outros 20 millóns de euros de remanentes que se destinarán a proxectos concretos listos para ser executados. "Queremos implantar un cambio na política económica. Antes poñíanse os cartos e logo buscábase en qué gastar. A partir de agora as cousas funcionarán de xeito diferente: se hai proxectos, os cartos irán a eles, o que supón maior eficacia á hora de gastar os cartos públicos e poder cumprir os obxectivos ", abondou.

Finalmente, Mosquera quixo deixar claro que non se ten producido ningunha "apocalipse" pola entrada do novo goberno na Deputación, máis ben o contrario, "estamos a traballar cun ritmo enorme". Así mesmo, sinalou que co grande traballo feito polos dous grupos nos orzamentos poderían "terse producido diferencias ou descosidos na coalición", pero subliñou que "eso non existe" grazas ao acordo de goberno inicial.

A Presidenta, a modo de resumen das grandes cifras, indicou que "presentamos un orzamento, cuxas cifras supoñen un pequeno aumento do 2,4 por cento sobre o ano pasado, onde os ingresos correntes crecen un 3,2 por cento, e no que o aforro aumenta por riba do dous por cento grazas tamén a unha redución importante do gasto en preto de seis millóns de euros. De feito acadamos unha redución de máis de dous millóns en gastos correntes".

Por último, subliñou que a débeda que contempla o orzamento para o 2016 "pretendemos que pase dos 40,9 millóns actuais ate os 27,1 millóns a finais do ano".
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones