Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA DESTINA UN 20,5% MÁIS DE RECURSOS PARA O FOMENTO DO EMPREGO

Fronte a política de recortes e descenso de investimentos en políticas de emprego do goberno central, o novo goberno da Deputación de Pontevedra cumpre cos compromisos adquiridos na toma de posesión investindo 15,3 millóns de ? en fomento de emprego

Fronte a política de recortes e descenso de investimentos en políticas de emprego do goberno central, o novo goberno da Deputación de Pontevedra cumpre cos compromisos adquiridos na toma de posesión investindo 15,3 millóns de ? en fomento de emprego

Fecha: 26 de Noviembre de 2015

Fuente: Deputación de Pontevedra

Un obxectivo prioritario para o novo goberno da Deputación de Pontevedra é o emprego. Así, a Presidenta da institución provincial, Carmela Silva, no seu discurso de investidura destacaba que o novo goberno loitaría contra o desemprego para converter á provincia de Pontevedra nun territorio próspero, planificando estratexias de desenvolvemento coa finalidade de fomentar o progreso económico e social. Esta declaración de intencións da Presidenta na súa toma de investidura convértese en realidade no orzamento da Deputación de Pontevedra para o 2016, que destina un 20,5% máis de recursos económicos a fomentar o emprego na provincia.

Entre 2011 e 2016 os recursos destinados a emprego do Goberno de España diminuíron en 15.100 millóns de € e, no mesmo período, o orzamento destinado a mellorar a empregabilidade e a facilitar o acceso ó emprego para os nosos parados recortáronse nun 31%. O noso país é máis pobre que hai catro anos, con máis paro e parados sen axuda pública que hai catro anos e ante estes datos a resposta do goberno central foi plantexar para o 2016 uns orzamentos que dan as costas ós máis vulnerables da sociedade. Así, mentres as estratexias do goberno central e da Xunta de Galicia pasan polos recortes que levaron a que no noso país teñamos medio millón menos de ocupados, que a poboación activa se recortase en 600.000 persoas, que nove de cada 10 contratos sexan temporais e que o 25% dure menos de 2 meses, que os parados sen cobertura de desemprego sexan xa máis de 3,7 millóns e que 1,5 millóns de familias teñan a todos os seus membros en paro, a Deputación de Pontevedra aposta por aumentar nun 20,5% e investir máis recursos para destinar ó fomento do emprego e impulso da formación como factor para o aumento da empregabilidade.

Esta aposta xa se comezou a materializar coa posta en marcha dun departamento propio denominado Servizo de Promoción de Emprego e Desenvolvemento Local, ata o momento inexistente, cuns fins diferentes ó Servizo de Recursos Humanos e Formación. Este departamento aglutina accións de formación e inserción/integración sociolaboral coa finalidade de paliar as necesidades das persoas máis vulnerables, tratando de eliminar a precariedade laboral e impulsando o traballo de calidade, que respecte ós traballadores e garanta unhas dignas condicións económicas. Pero o servizo tamén está a impulsar as prácticas laborais e as axudas para a creación de empresas, dando un forte apoio á formación e incorporación cualificada ó mercado de traballo. Así, a través deste servizo xa se puxeron en marcha iniciativas como o "Depoemprega 2015", iniciado o paso mes de outubro, que ten por obxectivo mellorar a empregabilidade e poder acadar a inserción laboral dos seus participantes, o "Practicum Depo 2015", que impulsa as prácticas laborais no estranxeiro, ou obradoiros de emprego dirixidos a mozas e mozos menores de 25 anos.

O novo Servizo de Promoción de Emprego e Desenvolvemento Local terá, no 2016, un orzamento de preto de 4 millóns de € que se complementarán cos preto de 3 millóns de € que o novo goberno da Deputación de Pontevedra destinará ó Servizo de Recursos Humanos e Formación. Así, as dúas partidas destes centros xestores de fomento e promoción do emprego suman preto de 7 millóns de € no orzamento provincial do 2016 ós que, ademais, é necesario engadir os 9 millóns de € destinados ó fomento do emprego nos concellos da provincia.

Polo tanto, a Deputación de Pontevedra destina, no novo orzamento, un total de 15,3 millóns de € para o fomento do emprego (o 10% do gasto) e da formación como instrumento máis eficaz para impulsar a empregabilidade. En resumo, destinarase para o 2016 un 20,5 % máis de recursos que os destinados para o 2015, cando o investimento en fomento de emprego era de 12,7 millóns de €.

Durante o 2016, a Deputación de Pontevedra contempla outorgar axudas ós investigadores e innovadores e contribuír nas bolsas das e dos estudantes universitarios dos campus de Pontevedra e Vigo, para que todas e todos teñan acceso ás estancias noutros países de Europa durante un curso en igualdade de condicións. Tamén se impulsará un protocolo de actuacións para os vindeiros catro anos, coa Universidade de Vigo, coa finalidade de traballar conxuntamente compartindo experiencias e coñecemento.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones