Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA DESTINARÁ PRETO DE 300.000 ? PARA FINANCIAR OS GRUPOS DE EMERXENCIA SUPRAMUNICIPAIS DA PROVINCIA

O pleno da institución provincial ven de aprobar un convenio para ampliar a prestación dos servizos dos Grupos de Emerxencia Supramunicipais (GES) ata 2018

O pleno da institución provincial ven de aprobar un convenio para ampliar a prestación dos servizos dos Grupos de Emerxencia Supramunicipais (GES) ata 2018

Fecha: 30 de Enero de 2016

Fuente: Deputación de Pontevedra

O pleno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar o convenio para colaborar coa Xunta de Galicia, Federación Galega de Municipios e Provincias e as outras tres deputacións provinciais galegas en materia de emerxencias, prevención e defensa contra incendios forestais a través da creación e implantación dos Grupos de Emerxencia Supramunicipais (GES).

Este convenio, que se renova para estenderse ata o 2018, ten como fundamento o deber das deputacións provinciais de prestar asistencia e cooperación xurídica, económica e técnica ós concellos para garantir a prestación integral e adecuada dos servizos públicos e os principios de solidariedade e equilibrio intermunicipal. Pero ademais tamén se ampara na lexislación vixente que establece como competencia propia das deputacións a prestación dos servizos de prevención e extinción de incendios nos concellos de menos de 20.000 habitantes así como a protección civil, salvamento e xestión de emerxencias nos concellos que non conten con servizos propios.

Os GES complementan a atención das emerxencias e extinción de incendios, xunto cos parques de bombeiros municipais e comarcais, atendendo zonas desprovistas de servizos de emerxencia. Na provincia de Pontevedra hai GES no Val Miñor (Baiona, Gondomar e Nigrán), O Baixo Miño (A Guarda, O Rosal, Oia e Tomiño), Ponteareas (Ponteareas, A Cañiza, Arbo, As Neves, Crecente, Mondariz-Balneario, Mondariz e Salvaterra), Valga (Valga, Pontecesures, Catoira, Caldas e Portas), A Estrada (A Estrada, Campo Lameiro, Cerdedo, Cuntis, Forcarei, Teo, Vedra e Moraña), Deza (Lalín, Vila de Cruces, Agolada, Rodeiro e Dozón) e Sanxenxo (Sanxenxo, O Grove, Meaño e Poio) nos que traballan preto de 60 persoas, con formación e experiencia en traballos de protección civil, prevención e loita contra incendios e emerxencias, e ós que a Deputación de Pontevedra destinará, durante o 2016, 266.666,60 €.

Os Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES) encárganse, entre outras cuestións, da intervención en situacións de riscos, emerxencias, incendios forestais e urbanos da súa demarcación; definen redes de faixas de xestión da biomasa para a prevención e defensa contra incendios; realizan descontinuidades verticais da cuberta vexetal; prevención de pragas; protección civil; medidas preventivas así como colaboran nas funcións correspondentes dos grupos de acción establecidos nos plans de emerxencia municipal (PEMUS), plans de actuación municipal (PAM) e plans de protección civil.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones