Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A deputación de pontevedra estima nun 68% a ocupación no Baixo Miño para semana santa

Rías Baixas cifra tamén nun 60% a estimación de ocupación nos establecementos de Turismo Rural aínda que o factor climatolóxico terá influencia nos datos finais

Rías Baixas cifra tamén nun 60% a estimación de ocupación nos establecementos de Turismo Rural aínda que o factor climatolóxico terá influencia nos datos finais

Fecha: 12 de Abril de 2019

Fuente: Deputación de Pontevedra

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, deu a coñecer a estimación de ocupación hoteleira media na provincia para a vindeira Semana Santa e que, segundo os datos de Turismo Rías Baixas, se situará no 64%, dous puntos máis que o previsto na Semana Santa do 2018. Trátanse dunhas estimacións "prudentes" debido a que "aínda esta semana abriron algúns establecementos, outros non van abrir, e a climatoloxía pode facer variar os resultados".

Silva tamén sinalou que nalgunhas comarcas "os resultados serán mellores debido á celebración de eventos deportivos que traerán a moitos visitantes como é o caso do Salnés onde prevese unha ocupación do 75%, con cidades como Vilagarcía rozando o 100%". No caso da comarca de Pontevedra estímase un 65% de ocupación hoteleira durante a Semana Santa. Sobre esta comarca a presidenta indicou que "pechará o mes de abril cunha elevada porcentaxe de ocupación debido a que a finais de mes terá lugar o ITU Multisport, que concentrará a máis de 4.000 deportistas". Carmela Silva aproveitou este feito para enxalzar "aos concellos que apostan por impulsar eventos deportivos de grande relevancia, xa que se trata de acontecementos que teñen unha elevada incidencia no turismo e na economía".

Pola súa banda, a comarca do Morrazo superará o 54% de ocupación hoteleira, Caldas o 45%, Vigo o 60%, O Baixo Miño o 68%, O Condado e A Paradanta rozarán o 100% e as comarcas de Deza e Terra de Montes superarán o 50%. En canto ao turismo rural, a presidenta da Deputación informou que se agarda unha ocupación media en toda a provincia do 60%, superándose esta porcentaxe en comarcas como O Morrazo, Pontevedra, Vigo e Caldas.

Carmela Silva tamén aproveitou para destacar que a provincia de Pontevedra será líder na contratación de persoal durante a Semana Santa. "Está previsto que no sector do aloxamento e hostalería se incorporen máis de 3.000 empregadas e empregados nestas datas".

Xunto aos datos previstos para a Semana Santa, a presidenta provincial deu a coñecer outros relativos ao primeiro trimestre do ano. Así, chegaron ás Rías Baixas entre xaneiro e marzo máis de 85.000 visitantes de España e máis de 18.000 do estranxeiro, o que se traduce en 165.000 pernoctacións de visitantes nacionais e 35.000 de persoas estranxeiras. "Son uns datos moi similares á mesma temporada do ano 2018 -indicou a presidenta- o que amosa unha posición consolidada do noso destino, tendo como obxectivo indiscutible a captación de turismo estranxeiro nas tempadas baixas".

Tamén con respecto a este primeiro trimestre, a presidenta cualificou de "moi boa noticia o feito de que o aeroporto de Peinador acumulase 230.000 persoas viaxeiras, un 4,3% máis que o mesmo trimestre do 2018, igualando o mellor trimestre da década. Soamente en marzo pasaron polo aeroporto 84.812 viaxeiros e viaxeiras, un 0,8% máis que o ano anterior". Carmela Silva recordou que o ano pasado a 41% da demanda das prazas hoteleiras de Galicia produciuse na provincia de Pontevedra, con 4.164.221 pernoctacións. "Quero felicitar ao sector privado polo esforzo que está a facer, pola súa aposta pola calidade que nos converte na provincia con máis Q de Galicia. Temos moi bo presente e agora temos que seguir a traballar para ter moi bo futuro".

Axudas Oficinas de Turismo
A presidenta provincial tamén informou da aprobación da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva e por valor de 125.214,35 euros, para o financiamento do persoal para 18 oficinas de turismo dos concellos adheridos á Rede de Oficinas de Turismo Rías Baixas. "O noso obxectivo era que os municipios sumados á Rede puidesen ter xa as oficinas operativas dende Semana Santa, e con esta aprobación damos o paso necesario para que conten cos recursos para conseguilo". As dúas novidades son "máis orzamento que o ano pasado e que a Deputación achega os recursos pero son os concellos quen contratan directamente para así acelerar o proceso e para buscar aqueles perfís que máis lles interesan". En concreto concédense axudas a Cangas, Meaño, Marín, Cambados, Moaña, Silleda, A Guarda, Cuntis, As Neves, A Illa de Arousa, O Grove, Catoira, Bueu, Caldas de Reis, Sanxenxo, Baiona, Ribadumia e Oia.

Por comarcas, O Salnés recibirá un total de 57.410,54 € para os concellos de Meaño (4.163,94 euros), Cambados (14.000 €), A Illa de Arousa (7.000 €), O Grove (14.000 €), OAL Terra de Sanxenxo (8.007,30 euros), Catoira (3.740,03 €) e Ribadumia (6.499,27 euros). Para O Morrazo achegaranse un total de 22.050,59 euros para Cangas (7.100,82 euros), Marín (4.051,69 euros), Moaña (5.677,12 euros) e Bueu (5.220,96 €).

A comarca do Deza recibirá 6.166,54 euros para o concello de Silleda (6.166,54). Para O Baixo Miño destínanse 10.685,81 euros, que van ao concello da Guarda (7.000 euros) e Oia (3.685,81 euros).O Val Miñor recibirá 11.508,11 euros para o concello de Baiona (11.508,11 euros) e a comarca de Pontevedra contará con 11.120,3 euros, que se distribuirán entre os concellos de Cuntis (5.220,30 euros) e Caldas de Reis (5.900€). Para O Condado destínanse 6.272,46 euros para o concello das Neves (6.272,46 euros).

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones