Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

A Deputación de Pontevedra estima unha ocupación hoteleira provincial do 75% na ponte de maio

A ocupación nestes momentos é semellante á prevista para a pasada Semana Santa

A ocupación nestes momentos é semellante á prevista para a pasada Semana Santa

Fecha: 29 de Abril de 2017

Fuente: Concello de A Guarda

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, deu a coñecer esta mañá os datos de Turismo Rías Baixas relativos ás previsións de ocupación hoteleira na provincia de Pontevedra para a vindeira ponte do primeiro de maio. Así, Silva asegurou que as estimacións ascenden, a falta das reservas de último minuto e da climatoloxía, ao 75% das prazas ocupadas en establecementos hoteleiros e ao 50% en aloxamentos rurais.

Os datos para os establecementos hoteleiros, tal e como destacou a Presidenta provincial, "son semellantes aos previstos para a pasada Semana Santa, a mellor dos últimos dez anos". A ocupación media provincial estimada é do 75%, superándose nas comarcas do Deza e Tabeirós-Terra de Montes, O Morrazo, Vigo, Pontevedra e Caldas. Así, as comarcas do Deza e Tabeirós-Terra de Montes rozarán o 100%, O Morrazo agarda o 95% de ocupación hoteleira, Vigo o 90,07%, Pontevedra o 85% e Caldas de Reis o 83,7%. Pola súa banda, o Salnés superará o 64,01%, O Baixo Miño o 57,50% e O Condado e A Paradanta o 30%.

En canto ao turismo rural, a ocupación media provincial será do 50%, superándose nas comarcas do Morrazo, de Caldas, do Salnés, do Condado- A Paradanta e de Pontevedra. Así, as comarcas do Morrazo e de Caldas terán unha ocupación dos establecementos rurais do 90%, Pontevedra previsiblemente superará o 60,5% e as comarcas do Salnés, do Condado e da Paradanta do 60%. Pola súa banda, as comarcas de Vigo, O Baixo Miño e Deza e Tabeirós-Terra de Montes agardan o 20% de ocupación nos establecementos de turismo rural.

Durante estes meses a Deputación de Pontevedra "liderou -segundo indicou Silva- numerosas actuacións para captar un maior número de turistas, promovendo e potenciando actividades co obxectivo de fomentar e desenvolver o turismo na nosa provincia, mellorando a nosa imaxe turística e transmitindo un novo modelo de promover o noso destino". En concreto, a Presidenta da institución provincial fixo mención as accións realizadas en Fitur, á presentación da campaña, á Gala de Turismo e á promoción realizada en Madrid na sede da SGAE. Tamén adiantou Silva a vindeira promoción do destino Rías Baixas que terá lugar en Lisboa, o próximo 9 de maio, ás que seguirán Porto e outras que se realizarán a través dos centros de Galicia en países como Francia, Brasil ou Arxentina.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí