Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA FORMA A PROFESIONAIS DA ADMINISTRACIÓN LOCAL PARA O TRABALLO CON ADOLESCENTES

A Deputación de Pontevedra, a través de servizos sociais, financia o Servizo de Educación e Apoio Familiar dos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia

A Deputación de Pontevedra, a través de servizos sociais, financia o Servizo de Educación e Apoio Familiar dos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia

Fecha: 18 de Noviembre de 2015

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra, a través do Plan Agrupado de Formación Continua, está a organizar durante esta semana o curso de 20 horas titulado "O traballo con adolescentes no marco do servizo de educación familiar". Esta actuación formativa foi posta en marcha co obxectivo de responder á demanda de formación específica dos profesionais do Servizo de Educación e Apoio Familiar dos concellos da provincia, para actualizar os seus coñecementos e intercambiar experiencias con profesionais doutros concellos.

A Deputación de Pontevedra financia o Servizo de Educación e Apoio Familiar dos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia. Este servizo social comunitario básico integra o conxunto de proxectos e servizos de apoio educativo dirixidos ás familias, co obxectivo de detectar, previr e superar as situacións de dificultade, especialmente as eventuais situacións de maltrato infantil ou calquera outra desprotección, así como promover procesos de cambio que favorezan un adecuado exercicio das responsabilidades familiares, a mellora da autonomía, da integración e da participación social das familias e unidades de convivencia.

O curso que a Deputación de Pontevedra está a poñer en marcha, co título de "O traballo con adolescentes no marco do servizo de educación familiar" e impartido por Millán Brea, educador social de Querote+ e con grande experiencia en traballo con adolescentes, trata de afondar nos seguintes contidos: habilidades sociais e resolución de conflitos na intervención socioeducativa, absentismo escolar, traballo con menores e familias e centros educativos, o uso de internet por adolescentes, inclusión social e identidade do grupo, acoso escolar, prevención da violencia ou trastornos relacionados con substancias e adicións.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones