Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Deputación de Pontevedra incrementa ata o 40% a súa cofinanciación dos GES na provincia

Con este novo convenio entre as Deputacións, Xunta e Fegamp, que se firmará o 26 de decembro, conséguese rebaixar en 12,5 puntos os custos que tiñan que asumir os concellos

Con este novo convenio entre as Deputacións, Xunta e Fegamp, que se firmará o 26 de decembro, conséguese rebaixar en 12,5 puntos os custos que tiñan que asumir os concellos

Fecha: 22 de Diciembre de 2018

Fuente: Deputación de Pontevedra

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, anunciou hoxe as novidades do convenio de colaboración entre as Deputacións galegas, a Xunta, e a FEGAMP en materia de emerxencias e prevención e defensa contra incendios forestais para o desenvolvemento dos Grupos de Emerxencia Supramunicipais (GES) que se firmará o 26 de decembro e que a Deputación levará a pleno o día 28. Co novo convenio, que estará vixente ata decembro do 2021, as Deputacións incrementan as súas aportacións ao cofinanciamento dos GES ata o 40%, a Xunta de Galicia rebaixa a súa ata o 52,5% e os concellos ata o 7,5%; deste xeito, increméntase o gasto para a Deputación de Pontevedra e redúcense os custes que teñen que asumir os concellos da provincia.

Carmela Silva amosou a súa satisfacción xa que "tras meses de múltiples reunións, de encontros e de reflexións e coa xenerosidade das catro deputacións galegas, por fin puidemos acadar o noso obxectivo que non era outro que modificar o financiamento dos GES co obxectivo de minimizar o impacto económico que estes grupos significaban para os concellos. Coa a nosa aposta conseguimos que os concellos rebaixen a súa aportación en 12,5 puntos".

No anterior convenio, a Xunta de Galicia asumía con cargo a fondos propios o 60% dos gastos de persoal e o 40% repartíase a partes iguais entre as Deputacións e os concellos sede dos GES. Amais, tamén había uns gastos de funcionamento valorados en 10.000 euros e asumidos pola Xunta de Galicia que coas novas medidas impulsadas pola Deputación ascenderán a 30.000 euros e pasarán a ser cofinanciados por Xunta, Deputación e Concellos.

Os GES son grupos supramunicipais integrados, con carácter xeral, por 12 efectivos que complementan a atención ás emerxencias, extinción de incendios forestais e prevención. Máis polo miúdo a provincia de Pontevedra conta coas zonas do Val Miñor, a do Baixo Miño, a de Valga, a de Ponteareas e a de Sanxenxo; e as subzonas de Tabeirós e Terra de Montes e a do Deza.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones