Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

A Deputación de Pontevedra invistiu no Concello de Tomiño durante 2016 un millón seiscentos mil euros

No referido ao Plan Concellos, o goberno de Carmela Silva achegou máis dun millón de euros, un 63,2% máis que no 2015

No referido ao Plan Concellos, o goberno de Carmela Silva achegou máis dun millón de euros, un 63,2% máis que no 2015

Fecha: 24 de Diciembre de 2016

Fuente: Deputación de Pontevedra

Durante o ano 2016 a Deputación de Pontevedra destinou a Tomiño un total de 1.604.781,60 €. Deles, 1.237.017 € correspondéronse co "Plan Concellos 2016", cun 63,2% máis de fondos que os que recibiron no 2015. Ademais, a institución provincial investiu 80.327 € en mobilidade, 113.071 € en cohesión social e xuventude, 24.465 € en cultura e lingua, 38.900 € para o fomento do emprego, 37.568 € para o impulso do deporte, 3.000 € para medio ambiente e 6.310 € para a igualdade entre mulleres e homes.

En concreto, a través da liña 1 do "Plan Concellos", investíronse 1.017.557,71 € para a realización de instalacións no Parque Espazo Fortaleza, saneamento en diversos núcleos da vila, a adquisición dun vehículo para o servizo de Medio Rural, a urbanización e pavimentación de diversos espazos e viarios, a reforma do patio interior da Escola Infantil, o acondicionamento da zona verde Espazo Regatiño, a pista de atletismo da área deportiva de Mosteiro e a reforma e mellora da accesibilidade do salón de plenos da Casa Consistorial. Ademais, grazas á liña 4 se crearon 25 postos de traballo nos servizos municipais, cun investimento de 219.405,48 €.

Á marxe do "Plan Concellos 2016", Tomiño recibiu 24.465 € para o fomento da cultura e a lingua na vila, con preto de 40 actuacións do Pontegal e do Ano Castelao e axudas para a rehabilitación do patrimonio histórico-cultural. Tamén se destinaron 113.071 € para cohesión social e xuventude, ben a través dos servizos sociais comunitarios e especializados, da axuda básica de emerxencia, do servizo de teleasistencia (do que se benefician 35 persoas), ou ben mediante os programas "En Ruta coa Depo", "Depo RÚArte", "Depo en marcha", "DepoTermal", "Tecendo lazos" e "Depo Aventura A Lanzada", no que participaron 27 nenas e nenos do concello.


Do mesmo xeito, Tomiño recibiu 37.568 € para o deporte federado de base, a copa de fútbol Deputación de Pontevedra, diversas actividades deportivas e para as tres "DEPOrte Escolas" de fútbol e 4 de patinaxe que se desenvolven no concello, así como 38.892 € destinados ao fomento do emprego a través dos Plans de Práctica Laboral, que están a permitir que catro persoas poidan desenvolver a súa primeira experiencia laboral no concello de Tomiño. Tamén se achegaron 6.310 € para o fomento da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, a través do programa "Conectadas 2016" e as axudas para o fomento da igualdade e prevención da violencia de xénero nos concellos de menos de 20.000 habitantes.

A Deputación de Pontevedra investiu, do mesmo xeito, preto de 3.000 € en medio ambiente para o mantemento do campo de fútbol do Alivio e outros 80.327 € en materia de mobilidade, en concreto para as obras de sinalización horizontal e o "Plan Móvese".

De cara ao ano 2017 o concello do Baixo Miño recibirá, só no que se refire ao Plan Concellos, 1.196.341 euros, cartos aos que haberá que engadir todas aquelas axudas dos diferentes servizos e áreas da Deputación

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí