Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA ORGANIZA EN MAIO MÁIS DE TRINTA OBRADOIROS SOBRE NOVAS TECNOLOXÍAS PARA AUTÓNOMOS E PEMES

O Centro Provincial de Asesoramento Empresarial CPAE 2.0 desenvolve as iniciativas en Lalín, Cambados, Pontevedra, Vigo, Ponteareas e O Porriño

O Centro Provincial de Asesoramento Empresarial CPAE 2.0 desenvolve as iniciativas en Lalín, Cambados, Pontevedra, Vigo, Ponteareas e O Porriño

Fecha: 03 de Mayo de 2016

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra organiza este programa formativo a través do CPAE 2.0, a rede de centros atendidos por técnicos especializados en novas tecnoloxías que presta un servizo de información a autónomos e pemes da provincia de Pontevedra. En concreto, un total de 64.000 autónomos e pemes, que constitúen o 92% do tecido empresarial da provincia, poden beneficiarse destas iniciativas do CPAE, que se desenvolven nos seus centros, en Lalín, Cambados, Pontevedra, Vigo, Ponteareas e O Porriño.

O CPAE 2.0 oferta toda unha serie de actuacións para que autónomos e pemes melloren os seus negocios a través das novas tecnoloxías, logrando así un aumento da produtividade, introducindo a innovación nos procesos produtivos e servizos, facilitándolles a implantación do comercio electrónico e creando unha nova canle de venda online de produtos e servizos.

En concreto, a Deputación organiza trinta e seis obradoiros sobre novas tecnoloxías para este mes de maio. Impartirase un curso titulado "Elixe a túa plataforma de comercio electrónico" en Cambados o 5 de maio, en Ponteareas o 7, en Lalín o 10, no Porriño o 12, en Vigo o 18 e en Pontevedra o 31. O curso "Redes sociais para a empresa: É Twitter a túa solución?" terá lugar en Cambados o 10 de maio, en Pontevedra o 13 e en Lalín o 23. O curso "Xestión da túa empresa: Facturación e ferramentas integradas" desenvolverase en Ponteareas o 19 de maio, en Vigo o 27 e en Lalín o 30. O curso "Google Analytics: Iniciación á analítica web" impartirase en Ponteareas o 11 de maio e en Pontevedra o 24. O curso "A túa páxina web con Wordpress" farase en Vigo o 14 de maio, no Porriño o 20 e en Cambados o 21. O curso "Rendibiliza o teu perfil profesional en redes sociais" impartirase en Vigo o 6 de maio e no Porriño o 31. O curso "Fotografía os teus produtos ou servizos para as redes sociais" realizarase no Porriño o 9 de maio, en Cambados o 16 de maio e en Pontevedra o 26. O curso "Desenvolve a túa propia estratexia de E-mail marketing" será no Porriño o 3 de maio e en Ponteareas o 25.

No centro de Pontevedra tamén terá lugar o curso "Facebook Ads" o 4 de maio e "Como crear unha APP e non morrer no intento" o 18 de maio. En Vigo tamén se oferta o curso "Comercializa os teus servizos a través das redes sociais" o día 11 de maio, "Google Analytics: Interpretación dos datos e tomas de decisións" o 23 e "Xestión da túa empresa: Facturación e ferramentas integradas" o 27 de maio. No Porriño desenvólvese ademais o 26 de maio o curso "Emprego de vídeos nas redes sociais: Youtube, Periscope...." . En Lalín haberá ademais o curso "Edición de fotografía para plataformas de comercio electrónico" o 4 de maio, así como "Sácalle partido á túa conta de Gmail" o 19 de maio e "Mostrario virtual: a fotografía é o produto no medio en liña" o 25 de maio. En Ponteareas tamén se poderá realizar o curso "Fotografía con Smartphone: PIXLR para Android e IOS" o 13 de maio. En Cambados impartirase ademais "Como facer unha campaña exitosa de publicidade en Google" o 12 de maio e "Medios de pago: novas tecnoloxías aplicadas aos pagamentos" o 25.

As persoas interesadas nestas actividades de formación teñen toda a información na páxina web do CPAE, www.cpae20.depo.es ou no seu teléfono 886 202020.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones