Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA ORGANIZA EN TOMIÑO UNHA XORNADA DE CONVIVENCIA PARA 23 USUARIOS DE TELEASISTENCIA DOMICILIARIA

Xornada de convivencia e lecer o xoves, 3 de decembro, na casa da cultura do concello de Tomiño

A Deputación de Pontevedra subvenciona o servizo de teleasistencia domiciliaria en 47 concellos da provincia dando servizo a 406 mulleres e homes

Fecha: 03 de Diciembre de 2015

Fuente: Deputación de Pontevedra

Usuarias e usuarios de teleasistencia domiciliaria dos concellos de Baiona, Gondomar, O Rosal, Tomiño e Tui gozarán dunha xornada de convivencia e lecer o xoves, 3 de decembro, na casa da cultura do concello de Tomiño. Durante a xornada haberá actividades lúdicas diversas co obxectivo de fomentar o contacto entre as 23 persoas usarias do servizo de teleasistencia domiciliaria destes concellos para que poidan intercambiar experiencias e romper a rutina diaria.

A Deputación de Pontevedra presta o servizo de teleasistencia domiciliaria, desde o ano 1998, a través dun convenio de colaboración cos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes, co obxectivo de mellorar a calidade de vida de persoas que precisan dunha atención continuada, persoas maiores, enfermas e enfermos ou con minusvalía que vivan soas ou persoas que, vivindo acompañadas, teñan as súas facultades moi minguadas para valerse na vida cotiá.

Así, 47 concellos da provincia de Pontevedra (Barro, Baiona, Bueu, Caldas de Reis, Cambados, Campo Lameiro, A Cañiza, Catoira, Cerdedo, Cotobade, Covelo, Crecente, Cuntis, Forcarei, Fornelos de Montes, Agolada, Gondomar, O Grove, Meaño, Meis, Moaña, Mondariz, Mondariz-Balneario, Moraña, Mos, As Neves, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, O Porriño, Portas, Ponte Caldelas, Pontecesures, Ribadumia, Rodeiro, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Tui, Valga, Vilaboa, Vila de Cruces, Vilanova de Arousa) son os que, na actualidade, manteñen un convenio de colaboración polo que, xunta coa Deputación de Pontevedra, cofinancian a teleasistencia domiciliaria atendendo a un total de 406 usuarias e usuarios.

O servizo de teleasistencia domiciliaria permite que as persoas beneficiarias, con só pulsar un botón e mediante a liña fixa de telefonía, teñan resposta inmediata en canto a situacións de emerxencia no fogar as 24 horas do día e os 365 días do ano, permitíndolles vivir no seu domicilio con tranquilidade e seguridade.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones