Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA ORGANIZA EN XANEIRO VINTE OBRADOIROS SOBRE NOVAS TECNOLOXÍAS PARA AUTÓNOMOS E PEMES

A través do Centro Provincial de Asesoramento Empresarial CPAE 2.0, a Deputación asesora a autónomos e pemes da provincia e impulsa o emprego das tecnoloxías para innovar e aumentar a produtividade

A través do Centro Provincial de Asesoramento Empresarial CPAE 2.0, a Deputación asesora a autónomos e pemes da provincia e impulsa o emprego das tecnoloxías para innovar e aumentar a produtividade

Fecha: 08 de Enero de 2016

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra, a través do CPAE 2.0, rede de centros atendidos por técnicos especializados en novas tecnoloxías, presta un servizo de información a autónomos e pemes da provincia de Pontevedra e oferta unha serie de actuacións para potenciar o desenvolvemento económico da provincia a través das tecnoloxías, aumentar a produtividade, introducir a innovación dos procesos produtivos e servizos, facilitar a implantación do comercio electrónico e crear un novo canle de venda online de produtos e servizos.

Para acadar os seus obxectivos, o CPAE 2.0 oferta ós seus destinatarios, é dicir, a un colectivo integrado por 64.000 autónomos e pemes da provincia de Pontevedra que constitúe o 92% do tecido empresarial da mesma, unha serie de eventos informativos nos seus seis centros en Lalín, Cambados, Pontevedra, Vigo, Ponteareas e O Porriño.

En concreto, a Deputación organiza vinte obradoiros sobre novas tecnoloxías para este mes de xaneiro. Así, se impartirá un curso titulado "Elixe a túa plataforma de comercio electrónico" (en O Porriño o 8 de xaneiro, Cambados o 9, Ponteareas o 13, Lalín o 18,Vigo o 22 e Pontevedra o 27 de xaneiro), "Desenvolve a túa propia estratexia de e-mail marketing" (en Cambados o 12 de xaneiro), "Aplicacións da tecnoloxía dron para o sector vitivinícola e forestal" (en Cambados o 13 de xaneiro e Lalín o 28), "Vende os teus produtos de alimentación sen intermediarios" (en Cambados o 19 de xaneiro, Lalín o 26 e Ponteareas o 25 de xaneiro), "Imos chamar á porta dos teus clientes, posicionamento SEO" (en Cambados o 21 de xaneiro), "Edición de fotografía para plataformas e-commerce (Amazon, Ebay e Etsy) (en O Porriño o 11 de xaneiro, Lalín o 13, Vigo o 19, Pontevedra o 21, Cambados o 25 e Ponteareas o 29 de xaneiro), "Google Analytics: Interpretación dos datos e toma de decisións" (en Cambados o 27 de xaneiro), "Comercio electrónico para PEMES (prestashop)" (en Lalín o 7 de xaneiro), "As últimas aplicacións para o sector agrario e gandeiro" (en Lalín o 11 de xaneiro), "Facebook Ads" (en Ponteareas o 7 de xaneiro, Lalín o 23 e Vigo o 25 de xaneiro), "Cómo mellorar a percepción dos teus clientes cós teus emails" (en O Porriño o 16 de xaneiro), "Google Analytics: Iniciación á analitica web" (en Vigo o 8 de xaneiro, Ponteareas o 18 e O Porriño o 19 de xaneiro), "Seguridade da información: protexe o teu smartphone" (en Pontevedra o 15 de xaneiro, O Porriño o 21 e en Vigo o 27 de xaneiro), "Unifica a xestión das túas redes con hootsuite e outras ferramentas" (en O Porriño o 26 de xaneiro), "Cómo facer unha exitosa campaña de publicidade en Google, Google adwords" (en O Porriño o 29 de xaneiro), "A túa páxina web en menos de 90 minutos" (en Vigo o 13 de xaneiro e Ponteareas o 14), "A túa información sempre a man, almacenamento na nube" (Ponteareas o 23 de xaneiro e Pontevedra o 26), "Rentabiliza o teu perfil profesional aumentando seguidores" (9 de xaneiro en Pontevedra e 16 en Vigo), "Como empregar Google e Google Apps for Business" (12 de xaneiro en Pontevedra) e "Bótalle partido á túa conta de Gmail" (22 de xaneiro en Pontevedra).

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones