Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA ORGANIZA UNHA NETWORKING PARA ANALIZAR COMO PODEN AS REDES SOCIAIS AXUDAR A PEMES E AUTÓNOMOS A COMUNICAR MELLOR E VENDER MÁIS

A través do Centro Provincial de Asesoramento Empresarial CPAE 2.0, a Deputación asesora a autónomos e pemes da provincia

A través do Centro Provincial de Asesoramento Empresarial CPAE 2.0, a Deputación asesora a autónomos e pemes da provincia

Fecha: 19 de Enero de 2016

Fuente: depo.es

Francesc Pumarola, Digital Manager de Hijos de Rivera S.A.U. impartirá o 20 de xaneiro unha conferencia no Pazo Provincial da Deputación para fomentar entre as pemes e autónomos da provincia de Pontevedra o emprego das redes sociais como canle de venta

A través do Centro Provincial de Asesoramento Empresarial CPAE 2.0, a Deputación asesora a autónomos e pemes da provincia e impulsa o emprego das tecnoloxías para innovar e aumentar a produtividade

A Deputación de Pontevedra, a través do CPAE 2.0, rede de centros atendidos por técnicos especializados en novas tecnoloxías, presta un servizo de información a autónomos e pemes da provincia de Pontevedra e oferta unha serie de actuacións para potenciar o desenvolvemento económico da provincia a través das tecnoloxías, aumentar a produtividade, introducir a innovación dos procesos produtivos e servizos, facilitar a implantación do comercio electrónico e crear un novo canle de venda online de produtos e servizos.

Para acadar os seus obxectivos, o CPAE 2.0 oferta ós seus destinatarios, é dicir, a un colectivo integrado por 64.000 autónomos e pemes da provincia de Pontevedra que constitúe o 92% do tecido empresarial da mesma, unha serie de actuacións baseadas na formación e eventos informativos nos seus seis centros de Lalín, Cambados, Pontevedra, Vigo, Ponteareas e O Porriño.

Nesta ocasión, a Deputación organiza para o mércores, 20 de xaneiro, unha networking para fomentar entre as pemes e autónomos da provincia de Pontevedra o emprego das redes sociais como canle de venta. Esta xuntanza comezará ás 10:30 horas coa presentación do CPAE 2.0 a cargo do deputado provincial Francisco Javier Dios Pomares e estará capitalizada por Francesc Pumarola, Digital Manager de Hijos de Rivera S.A.U. que impartirá, ás 10.45, unha conferencia titulada "Como poden axudarme as redes sociais a comunicar mellor e vender máis".

Ademais, e tamén durante este mes de xaneiro, a Deputación está a organizar vinte obradoiros sobre novas tecnoloxías, impartindo nos seus seis centros, cursos sobre comercio electrónico, estratexias de e-mail marketing, aplicacións da tecnoloxía dron para o sector vitivinícola e forestal, venda on-line sen intermediarios, posicionamento SEO, edición de fotografía, Google Analytics, aplicacións para o sector agrario e gandeiro, Facebook Ads, optimizar o email para mellorar a percepción dos clientes, seguridade da información, xestión de redes sociais con hootsuite, Google Adwords, creación de páxinas web, almacenamento na nube ou a conta de Gmail.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones