Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Deputación de Pontevedra pón á disposición dos concellos o proxecto Smartpeme

A Presidenta da institución subliñou a importancia deste novo servizo a partir do cal os 62 concellos da provincia poderán dar un novo impulso ás pemes e autónomos instaladas na súas delimitacións

A Presidenta da institución subliñou a importancia deste novo servizo a partir do cal os 62 concellos da provincia poderán dar un novo impulso ás pemes e autónomos instaladas na súas delimitacións

Etiquetas del contenido

Fecha: 01 de Julio de 2016

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada do deputado delegado de innovación e promoción económica, Javier Dios, deron a coñecer esta mañá ás alcaldesas e alcaldes e concelleiras e concelleiros da provincia de Pontevedra o proxecto Smartpeme, un novo servizo que a institución provincial pon ó servizo dos 62 concellos de Pontevedra para que poidan ofertar asesoramento as súas pemes e autónomos.

Carmela Silva destacou que "o antigo CPAE 2.0 non estaba a obter os resultados esperados, polo que decidimos reformulalo, dotalo dos recursos suficientes e convertelo nun proxecto rigoroso denominado Smartpeme que permitise mellorar a competitividade do tecido empresarial da provincia". Neste eido, a Presidenta da Deputación subliñou que "xa nos últimos meses previos ó novo lanzamento de Smartpeme fomos reorientando o proxecto para que se asemellase ó novo enfoque que lle queríamos dar". Os resultados, segundo Silva, foron moi positivo xa que "con esta nova reformulación multiplicamos a nosa influencia no tecido empresarial, sumando 594 consultas de 444 empresas atendidas, das cales 271 son novas usuarias do servizo, e organizando 159 eventos de capacitación TIC coa presenza de 1.094 asistentes".

O novo proxecto Smartpeme, en palabras da Presidenta da Deputación, "trátase dun novo modelo de servizo orientado á mellora competitiva das pemes e á procura dunha melloría nas vendas e na eficacia e eficiencia das tarefas, que abre novos campos de actuación e alcanza novos grupos de interese coma os emprendedores, as asociacións empresariais e os axentes de dinamización en concellos". Para elo, nas oficinas de Smartpeme no Porriño, Cambados, Pontevedra, Lalín, Ponteareas e Vigo poranse en marcha itinerarios de obradoiros temáticos, con diversos niveis de dificultade adaptados ás necesidades das empresas; eventos de networking trimestrais coa participación de profesionais de prestixio; colaboración con asociacións e promoción de alianzas institucionais; especialización sectorial dos asesores en función das necesidades da súa área de influencia; kit de asesoramento en novas tecnoloxías a emprendedores; identificación e difusión das necesidades TIC ós proveedores de solucións para as pemes e impulso de novas carteiras de servizos de asesoramento.

Amais, tamén detectouse que co anterior proxecto CPAE 2.0 a distribución das empresas asesoradas non era uniforme, cunha maior presenza nas cidades máis grandes e nos municipios onde o CPAE tiña as súas oficinas. Esta pouca uniformidade mudará co proxecto Smartpeme xa que a colaboración cos concellos será máis estreita e o proxecto se ofertará como un servizo propio dos municipios para que sexan eles os que presten asesoramento e impulsen ás empresas, persoas autónomas e emprendedoras da súa área de influenza. Neste contexto, a Presidenta da institución provincial recalcou que "a Deputación non é máis que un vehículo para que os concellos poidan converterse nos protagonistas, ofertando un servizo que responda ás necesidades das súas veciñas e veciños que se dediquen ó mundo empresarial ou queiran emprender". Para elo, realizaranse reunións nos concellos da provincia que desexen ofertar o servizo Smartpeme ás súas veciñas e veciños nas que se presentará o proxecto e terán lugar reunións individuais co asesor de referencia da comarca.

Xa para rematar o acto de presentación do proxecto Smartpeme, o deputado provincial Javier Dios fixo balance da situación actual do sector das pemes e autónomos, que representa o 93,5% do tecido empresarial da provincia, con 73.500 empresas, e fixo fincapé na importancia de potenciar o desenvolvemento da provincia a través das TIC.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones