Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PON EN MARCHA UN NOVO DECÁLOGO DE CRITERIOS PARA ACTUAR NAS VÍAS PROVINCIAIS

O deputado de Mobilidade, Uxío Benítez, presentou hoxe o novo decálogo de criterios para actuar nas vías provinciais.

O deputado de Mobilidade, Uxío Benítez, presentou hoxe o novo decálogo de criterios para actuar nas vías provinciais.

Fecha: 17 de Diciembre de 2015

Fuente: Deputación de Pontevedra

O deputado de Mobilidade, Uxío Benítez, presentou hoxe o novo decálogo de criterios para actuar nas vías provinciais. Este decálogo marca un "replantexamento profundo e conceptual das actuacións da institución provincial na rede de estradas, que pretende limitar as graves afectacións tanto a bens como ao patrimonio edificado e o territorio ademais de seguir as novas tendencias das chamadas mobilidades amables que priorizan ás persoas".

Benítez sinalou que as 377 estradas provinciais existentes, que suman 1.700 quilómetros construídos, non teñen na súa maioría nin as características nin a vocación para converterse en vías de alta capacidade que compitan coas de outras administracións. Asegurou, neste sentido, que o viario provincial debe seguir criterios de máxima calidade no relativo a garantir a mobilidade dos colectivos máis vulnerables, "habitualmente mal resolta en canto a accesibilidade e comodidade nun espazo continuo de seguranza viaria".

Así mesmo, o deputado provincial sinalou que o decálogo obedece a un traballo de planificación no que se sosterán tódalas iniciativas futuras en materia viaria da institución tanto para as actuacións de iniciativa da Deputación como aquelas executadas mediante convenio cos concellos. "Quedan, por primeira vez, fixados uns criterios claros, obxectivos e transparentes" que coñecerán todos os alcaldes e concelleiros "e que non dependerán de decisións discrecionais".

Benítez explicou que a nova filosofía da Deputación provincial na que se priorizan os tránsitos peonís leva aparellada unha reestruturación do Servizo de Infraestruturas da Deputación provincial, que tamén modifica o seu nome para pasar a denominarse Servizo de Mobilidade.

Pola súa banda, o vicepresidente provincial, César Mosquera, manifestou na presentación do decálogo que coa aplicación dos novos criterios de actuacións "acábase unha etapa" na que había unha grande desproporción entre as necesidades reais en materia viaria e os recursos patrimoniais e naturais "estragados". "Pode que actuacións de ensanche, variantes e demais fosen necesarias hai anos, pero agora o de 'mete pala, tira muro, levanta muro' acabouse. Hai un cambio de posicionamento e de enfoque total e absoluto. Apóstase polo respecto ao medio natural e edificado", dixo.

En canto aos criterios concretos, Mosquera fixo referencia á obriga de que todas as urbanizacións deberán ter beirarrúas de 2,5 metros de largo marcando espazos de seguranza viaria para os peóns. "Antes establecíase que a Deputación costeaba o firme da calzada e as beirarrúas e servizos ían ao 50% cos concellos, e estes deseñaban os proxectos con beirarrúas de 50 centímetros para ter que pagar menos. Esa situación ridícula vai rematar xa que os criterios mínimos están moi claros", finalizou.

Sobre as medidas de calmado do tráfico, Mosquera lembrou que se aplicarán zonas 30, pasos de peóns sobreelevados e redutores físicos de velocidade, entre outras actuacións. "A Deputación, en contra do que se pensa, foi a primeira institución na provincia que puxo lombos... se cadra un pouco agresivos... pero foi a primeira, antes do Concello de Pontevedra", subliñou.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones