Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PRESENTA UN LIBRO CON TODAS AS FESTAS DE INTERÉS TURÍSTICO INTERNACIONAL, NACIONAL E AUTONÓMICO DA PROVINCIA

Celebracións ás que hai que sumar as engadidas recentemente á guía: a festa da Lagosta de A Guarda...

Celebracións ás que hai que sumar as engadidas recentemente á guía: a festa da Lagosta de A Guarda...

Fecha: 07 de Julio de 2015

Fuente: depo.es

A deputada Ana I. Vázquez presentou esta mañá aos medios de comunicación o libro de festas editado pola Deputación de Pontevedra para dar coñecer as preto de 50 celebracións de interese turístico internacional, nacional e autonómico que teñen lugar na provincia.
Concebido a modo de ficheiro quere "dar a coñecer a importancia desta provincia de festas, de cultura, de tradicións e de historia. O turismo cultural é un turismo en auxe nos últimos anos e queríamos facer un repaso cronolóxico destas festas declaradas de interese turístico. "

1.500 exemplares en inglés e castelán
Editado por Turismo Rías Baixas, o libro preséntase como unha guía, permite que a información sobre estas festas se poida actualizar ano a ano incluíndo as celebracións que vaian adquirindo a declaración de interese turístico nacional, internacional e autonómico. No libro recóllense detalles históricos, particularidades, datas, características, organización, títulos etc que acompañados de imaxes e fotografías ofrecen unha completa información de cada un dos festexos.

Nesta primeira tirada publicáronse 1.500 exemplares. 1.000 en castelán e 500 en inglés "porque está dirixido moi especialemente aos turistas que nos visitan dende fóra de Galicia", segundo puxo de manifesto a deputada.

Máis de 40 festas de interese turístico

O libro recolle as distintas celebracións festivas que teñen lugar na provincia para resaltar, promocionar ou festexar os seus produtos, a súa espiritualidade, a súa singularidade ou o seu pasado. Medio cento de celebracións Gastronómicas (39%), Culturais (27%), Relixiosas (27%), e Históricas (7%) que se organizan segundo o seu distintivo turístico.

8 son de Interés Turístico Nacional (O Cocido, a Arribada, o Marisco, o Albariño e a Festa da Auga en Vilagarcía), 3 de Interés Turístico Internacional (O Corpus, a Rapa das Bestas de Sabucedo e a Romaría Vikinga), e 36 festas de interese turístico autonómico (a Reconquista, o Belén de Valga, as Danzas de Cangas, o Millo Corvo de Bueu, o Entroido de Cobres, os Xenerais do Ulla, o Requeixo de As Neves, O Xamón de A Cañiza, a Feira Franca, a Lamprea, a Ostra, a Troita, o Carneiro ao Espeto, o Choco, o Corpus de Redondela, a do Gaiteiro de Soutelo, o Galo de Curral, a Festa do Monte de A Guarda, o Salmón, a Empanada de Bandeira, o San Martiño de Moaña, o San Miguel e as danzas de espadas de Marín, o San Telmo de Tui, a Festa da Anguia e Caña de Valga, a Vieira, o Lacón con grelos, a Tortilla de Laro, a Virxe da Franqueira, o San Benitiño, os Aflixidos de Bouzas, a Semana Santa de Cangas e a Semana Santa de Paradela).

Celebracións ás que hai que sumar as engadidas recentemente á guía: a festa da Lagosta de A Guarda, a da Rosa en Mos, a do Mexillón e o Berberecho en Vilanova de Arousa e a festa da Ameixa de Carril en Vilagarcía.

Celebracións de gran tradición que sitúan a "provincia de Pontevedra, pioneira na fusión da devoción coa diversión, entre as primeiras de España no número de festas de interese turístico".
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones