A Deputación de Pontevedra recolle nun Dossier o seu ano de goberno
Un ano de goberno, avanzamos con decisión
Fecha: 16 de Julio de 2016
Fuente: Deputación de Pontevedra
PLAN CONCELLOS 2016
PROGRAMA ESTRELA DO GOBERNO E MOSTRA DO CAMBIO DE MODELO: ADICAMOS 47,5 MILLÓNS DE EUROS AOS CONCELLOS DA PROVINCIA, 40 MILLÓNS INICIAIS E 7,5 DE REMANENTES DEDICADOS Á ASISTENCIA TÉCNICA
É UN 30% MÁIS QUE NO 2015: 24 millóns e 6 de libre disposición do presidente
REPRESENTA O 31,5% DO ORZAMENTO TOTAL DA DEPUTACIÓN
EXECUCIÓN GLOBAL DAS CATRO LIÑAS: 75,35% (30.120.144,87 €). A DÍA DE HOXE OS CONCELLOS DA PROVINCIA XA TEÑEN MÁIS DE 30 MILLÓNS DE EUROS PARA OS SEUS PROXECTOS
Forma de recoñecemento do municipalismo e para garantir regras iguais para todos os concellos, independentemente da cor política do seu alcalde, sen discriminación e nun réxime de concorrencia. "Apostamos pola autonomía local e que sexan os propios concellos os que decidan as inversións e o destino das subvencións nos seus municipios elixindo o seu futuro"
LIÑA 1: INVESTIMENTOS
Orzamento: 27.916.849,05 €
Concedido: 18.092.414,86 € (64,81%)
((Caldas de Reis é o único concello que non presentou ningún proxecto á liña 1))
** A QUÉ DEDICAN OS CONCELLOS O DIÑEIRO DESTE PRIMEIRO ANO?
Algúns exemplos dos investimentos en activo ao abeiro da liña 1:
A Estrada
• Case medio millón de euros para a adquisición de 2 camións equipados para a recollida de lixo
• 128.000 € para a adquisición de 150 contedores de residuos para recollida lateral
Lalín
• Máis de medio millón de euros para a rehabilitación, saneamento e reforzo do firme da ronda norte-este
(fase de contratación iniciada)
Poio
• 154.875,31 € para a ampliación das infraestruturas de saneamento na PO-308
Meaño
• 129.468,61 € para a reconstrución de fachadas e cuberta do pavillón deportivo de Xil (fase de contratación iniciada)
A Illa de Arousa
•89.124,31 € para a pavimentación de rúas
(licitación)
A Guarda
• 72.600 € para a adquisición dunha varredora
LIÑA 2: AMORTIZACIÓN, PAGO DE DÉBEDAS E GASTO CORRENTE
Orzamento: 2.500.338,25 €
Concedido: 2.469.437,41 € (98,76%)
Concellos beneficiarios (33): Agolada, Arbo, Cambados, Cangas, A Cañiza, Catoira, Cuntis, Forcarei, Fornelos de Montes, O Grove, A Guarda, A Lama, Meis, Moaña, Mos, Oia, Pazos de Borbén, Poio, Ponte Caldelas, Ponteareas, Pontecesures, Portas, Redondela, Ribadumia, Rodeiro, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra do Miño, Sanxenxo, Vila de Cruces, Vilaboa, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa
LIÑA 3: ACTIVIDADES CULTURAIS,DEPORTIVAS,SOCIAIS,TURÍSTICAS E MEDIOAMBIENTAIS
Orzamento: 1.365.132,81 €
Concedido: 100%
LIÑA 4: EMPREGO
Orzamento: 8.193.159,79 €
Concedido: 100%
Creáronse 1.550 postos de traballo
Concellos beneficiarios (59): Agolada, Arbo, Baiona, Barro, Bueu, Caldas de Reis, Cambados, Campo Lameiro, Cangas, Catoira, A Cañiza, Cerdedo, Cotobade, Covelo, Crecente, Cuntis, Dozón, A Estrada, Forcarei, Fornelos de Montes, Gondomar, O Grove, A Guarda, A Illa de Arousa, Lalín, A Lama, Marín, Meaño, Meis, Moaña, Mondariz, Mondariz-Balneario, Moraña, Mos, As Neves, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, Poio, Ponte Caldelas, Ponteareas, Pontecesures, O Porriño, Portas, Redondela, Ribadumia, Rodeiro, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra do Miño, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Tui, Vila de Cruces, Vilaboa, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa
(Os 60 concellos beneficiarios do Plan Concellos agás Valga)
PRÉSTAMOS SEN XUROS
.-PRIMEIRA VEZ NA DEPUTACIÓN QUE EXISTE UNA LIÑA DE CRÉDITOS EN RÉSIME DE CONCORRENCIA COMPETITIVA E SEN NINGÚN TIPO DE XUROS PARA OS MUNICIPIOS DE MENOS DE 50.000 HABITANTES
No anterior Goberno provincial, os xuros se situaban no 2%
.- ORZAMENTO DE 1,5 MILLÓNS DE EUROS, MEDIO MILLÓN MÁIS QUE EN 2015
Concellos que asinaron ata o momento: A Cañiza (55.856,62 €), Catoira (287.243 €), Fornelos de Montes (49.500 €), Pazos de Borbén (169.958,82 €), Poio (72.649,31 €), Salceda de Caselas (300.000 €) e Silleda (202.500 €)
Primeira convocatoria: 1.137.708,70 €
Segunda convocatoria: aumento en 362.291,28 € (1,5 millóns de €)
Aumento de 500.000 € respecto a 2015
PROXECTOS EUROPEOS
A) Proxectos europeos concedidos
PRACTICUM DEPO 2016
Orzamento: 800.000 €
Socios: Dirección do Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE) e a Deputación de Pontevedra
Participan máis de 100 estudantes e 5 docentes de ciclos medios de formación profesional
Axudas económicas para a viaxe: entre 275 e 360 €
Axudas económicas para aloxamento, manutención e transporte local: entre 7.934 e 9.602 €
Duración plurianual: 2016-2018, con 3 estadías
Promóvese a permanencia no estranxeiro de estudantes maiores de 18 anos de ciclos medios de Formación Profesional para realizar prácticas en empresas durante 196 días maiores facilidades de inserción laboral, coñecer a cultura do país de destino, mellorar as competencias lingüísticas e completar os seus coñecementos
DEPO EMPRENDE
Fomento do emprendemento xuvenil na provincia de Pontevedra
B) Proxectos europeos presentados
HYDROTERMAS
INTERREG V-POCTEP (Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal)
Concellos de Caldas de Reis, Catoira, Cuntis, O Grove, Mondariz-Balneario, Tui e Vila de Cruces; as cámaras municipais de Vileda, Penafiel e Guimarães; a Universidade de Vigo e a de Minho
Cooperación entre a provincia de Pontevedra e o norte de Portugal serve para potenciar os lazos sociais e naturais entre ambas as rexións, pon de manifesto a importancia do termalismo nelas
Promoción e desenvolvemento dos produtos turísticos termais, vertebración do sector, creación de novas infraestruturas, mellora da oferta termal das vilas, I+D+i...
IMPULSO DO CAMIÑO PORTUGUÉS
Socios: Deputación de Pontevedra, Concello de Caldas de Reis e cámaras municipais de Ponte de Lima, Barcelos, Paredes de Coura e Valença do Minho
Potenciar os lazos sociais e culturais entre ambas as rexións e por de manifesto o incremento progresivo de peregrinos por esta variante (más de 40.000 persoas ao ano) e o feito de que O Porto e Tui ocupan os cinco primeiros postos entre os lugares de comezo das diferentes rutas que elixen os peregrinos
Obxectivos: promover e desenvolver o percorrido mediante a creación de novos produtos turísticos relacionados co Camiño, ampliar e mellorar a oferta turística, protexer os recursos turísticos culturais e naturais ligados ao percorrido, mellorar o percorrido, desenvolver turística e socioeconomicamente os municipios polos que transcorre, incrementar o número de visitantes en ocupacións hoteleiras, elaborar accións de promoción conxuntas e favorecer a cooperación transfronteiriza
O MIÑO: SOLIDARIEDADE SEN FRONTEIRAS
.-Impulso da memoria histórica na provincia de Pontevedra e Norte de Portugal
125.000 €
.-Proxecto transnacional presentado ao programa "Europa cos cidadáns"
.-Encontro cultural pola memoria e a paz que pretende agradecer a solidariedade e o refuxio do pobo portugués coas persoas represaliadas da Guerra Civil española
.-Sensibilizar sobre a memoria histórica, incentivando a participación e dirixíndose, principalmente, á poboación xuvenil da provincia de Pontevedra e Norte de Portugal: Como afectou o conflito a cada lado do río? Falará das milleiras e milleiros de galegas e galegos cruzaron o río fuxindo da guerra, da fame, da miseria e da represión, e daquelas e aqueles que arriscaron as súas vidas para abastecer a provincia de alimentos e medicamentos
.-Obradoiros para o estudantado de 17 anos elaborados pola Asociación Galega de Reporteiros Solidarios e o Instituto de Estudos Miñoranos, en institutos de Pontevedra, Valença e Melgaço
VISIT RÍO MIÑO
.-O río Miño debe ser un destino ecoturístico de excelencia e darase a coñecer a partir de agora desde unha marca turística transfronteiriza única
.-Candidatura presentada á 1ª convocatoria europea do programa INTERREG V A-POCTEP polos concellos da "raia" a través da Deputación de Pontevedra e da CIM Alto Minho portuguesa
.-Orzamento: preténdense investir máis de 7,5 millóns de euros de fondos da UE
.-Traballar a partir dunha marca (Río Miño) forte e competitiva, e estruturar unha oferta turística a través de actividades conxuntas que, ademais, implicarán unha maior preservación dos espazos naturais. Estruturar e consolidar a marca "Río Miño" a través da elaboración dun plan estratéxico de márketing territorial que se executará en primeiro lugar na defensa do proceso de candidatura do estuario do río Miño a paisaxe cultural UNESCO
.-Unimiño, entidade encargada de coordinar a proposta da candidatura, ten como socios á Deputación de Pontevedra (representante dos concellos da Guarda, O Rosal, Tomiño, Tui, Salvaterra de Miño, As Neves, Arbo e Crecente), así como á CIM Alto Minho (cos municipios de Paredes de Coura, Melgaço, Vila Nova de Cerveira, Valença, Monção e Camiña), á Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia-Norte de Portugal, ao Centro Tecnolóxico do Mar e á Universidade de Vigo
CIME
.-1.812.931,71 €, o 75% se corresponden con fondos FEDER
.-Cooperación Intelixente para favorecer a Competitividade da Industria Metalúrxica da Eurorrexión
.-Mellorar as capacidades de internacionalización da nosa industria do metal, reforzando o potencial de innovación e maximizando as importantes sinerxías que se dan entre as empresas radicadas na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal
.-Socios: Deputación, Asociación de IndustrialesMetalúrgicos de Galicia (ASIME), Associação dos Industriais Metalúrgicos, Metalomecânicos e Afins de Portugal (AIMMAP), Fundación Galega do Metal para a Formación, Cualificación e Emprego (FORMEGA) e Centro de apoio tecnológico à indústriametalomecânica (CATIM)
.-Dar apoio a un mínimo de 200 empresas do sector, incrementar os seus volumes de exportación no espazo de cooperación transfronteiriza e poder crear emprego directo a través de arredor de 10 convenios de bolsas con másters de internacionalización e comercio exterior
SMART MIÑO
Estratexia de cooperación intelixente Río Miño transfronteirizo
ESTRAEE
Cooperación e tecnoloxía para a xestión dos residuos de aparellos electrónicos
AUGA 3.0
Implantación dun sistema smartwaterpara a xestión intelixente, sostible e preditiva da auga de consumo humano
VIGOINNOVA INTELLIGENT NAVAL 4.0
Adaptación do modelo de industria 4.0 ao sector de construción naval
Uso eficiente da enerxía e recursos renovables locais no sector servizos do espazo atlántico
Iniciativa de desenvolvemento rural dentro da convocatoria do espazo atlántico
EMPREGO
O GOBERNO INVESTIU MÁIS DE 15 MILLÓNS DE EUROS NUN ANO PARA CREAR DIRECTAMENTE 3.327 POSTOS DE TRABALLO E PRÁCTICAS LABORAIS
ESTE ANO 2016 ESTAMOS A DESTINAR UN 20,5% MÁIS A CREAR POSTOS DE TRABALLO, FREAR O DESEMPREGO E Á FORMACIÓN
DATOS DE 2016: (12 MILLÓNS)
.-9 millóns de € dirixidos a empregar a 1.550 persoas nos concellos grazas ó Plan Concellos 2016.
APOSTA POLOS VIVEIROS DE EMPRESAS
.-Firme compromiso do novo goberno da Deputación co desenvolvemento económico e creación de riqueza na provincia de Pontevedra, porque é a única forma de ter capacidade para poder crear emprego, o grave problema que hoxe ten a nosa sociedade. Neste contexto, o emprendemento ten un papel fundamental na xeración de riqueza e creación de postos de traballo.
.-Nos viveiros de Barro-Meis e Lalín poñemos a disposición das emprendedoras e emprendedores espazos nos que se poidan desenvolver proxectos e impulsar ideas, pero tamén un lugar para a formación, a innovación e o asesoramento para poder converter en realidade as iniciativas das persoas emprendedoras da provincia de Pontevedra grazas ás que vai ser posible a xeración de riqueza e a creación de postos de traballo.
- VIVEIRO DE BARRO-MEIS:
o A Deputación conta no viveiro de Barro-Meis con 1.857 m² para a promoción económica da provincia de Pontevedra dotados de todos os servizos para facilitar a súa implantación e distribuídos en 1.369 m² útiles en 16 naves, 288 m² útiles en 16 oficinas de 18 m², 200 m² útiles en 8 oficinas de 25 m², 4 salas de xuntas de 37 m² cada unha e 3 espazo coworking de 37 m² cunha capacidade para 12 postos de traballo.
o Empresas instaladas: Certivedra Rehabilitación C.B, Laura Santiago Fariña, Coperfruit S.L., María Margarita Ferreira Pereira, Eurotec Inspección S.L., Avelino Tourís Fajardo e Jorge Fontán Carballo.
o Ocupadas o 25% das oficinas.
**O Polígono Industrial de Barro-Meis ten 27 parcelas ocupadas (de 76)
- VIVEIRO DE LALÍN:
o Conta con tres naves cunha superficie de ata 143 metros cadrados, cinco oficinas con ata 18 metros cadrados e un espazo de coworking de 92 metros cadrados con capacidade para 16 postos de traballo
o Empresas: Kuzunguka App Developers, Stoutic Computing Technologies, Alberto Massa Calleja e Inés Ferreiroa Louzao
o Ocupación das oficinas do 80%.
Amais dos viveiros de Barro-Meis e Lalín estamos a impulsar espazos de coworking nos mesmos en colaboración coa Escola de Organización Industrial.
FORMACIÓN XUVENTUDE
A taxa de desemprego xuvenil en España segue a estar moi por riba dos niveis anteriores á crise. De feito, non podemos perder de vista que ó redor do 43% das mozas e mozos do mundo, en idade activa, non ten emprego.
.-Pese a ter máis formación e estudos que outras xeracións, para milleiras de mozas e milleiros de mozos atopar un traballo é misión imposible e, moitas e moitos, seguindo os pasos das súas avoas e avós, están vendo na emigración o único camiño a seguir.
Por iso investir en emprego, frear o desemprego xuvenil, apostar pola promoción económica e facilitar a súa inserción no mundo laboral é un dos retos máis importantes deste novo goberno da Deputación de Pontevedra.
DATOS DE INVERSIÓN EN FORMACIÓN:
.-2.046.000 € actuacións encamiñadas ó fomento do emprego e inserción laboral das mozas e mozos da provincia: 200 bolsas do plan de práctica laboral para que 200 mozas e mozos poidan realizar prácticas remuneradas, por un período de ata un ano, nos servizos da Deputación e nos concellos de menos de 50.000 habitantes durante o 2016.
.-700.000 € destinados ó plan de práctica laboral en empresas, que beneficiará a 400 persoas
.- Preto de 50.000 euros para 15 bolsas de práctica laboral para persoas graduadas ou diplomadas en turismo, técnicas superiores en información e comercialización turística e técnicas superiores en guía, información e asistencias turísticas que atenden as oficinas de turismo municipais da provincia durante o 2016.
DATOS XUVENTUDE EMPREGO
EMIGRACIÓN
En 2014, un total de 2,580 mozos e mozas de 16 a 29 anos foron á emigración externa. Deles, 838 ao estranxeiro e 1.742 a outra CCAA.
Un total de 3.993 mozos e mozas de 16 a 29 anos foron á emigración interna (á mesma provincia, á mesma comarca, a outra comarca da mesma provincia ou a outra provincia).
PARO
Un total de 4.399 menores de 25 anos están no paro na provincia de Pontevedra. Maiores de 25 anos son 83.257.
Do colectivo sen emprego anterior, son 538 mozos e mozas de menos de 20 anos, 1.152 de entre 20 e 24 e outros 787 de entre 25 e 29.
IGUALDADE
- UNHA DAS APOSTAS PRIORITARIAS DO NOVO GOBERNO
- POR PRIMEIRA VEZ CRÉASE UN SERVIZO DE IGUALDADE CON RECURSOS HUMANOS E ORZAMENTO PROPIOS PARA DAR RESPOSTA A MÁIS DA MITADE DA POBOACIÓN
- UN ORZAMENTO DE 767.313 €.
- POLÍTICAS DE IGUALDADE QUE APLÍCANSE DE XEITO TRANSVERSAL A TODOS OS DEPARTAMENTOS DA DEPUTACIÓN
- IMPLANTACIÓN DA PERSPECTIVA DE XÉNERO NA COMUNICACIÓN DA PROPIA DEPUTACIÓN: FORMACIÓN DO PERSOAL, GUÍA PROPIA DE LINGUAXE INCLUSIVA E REGLAMENTO DE USO
FEITOS
- Créase a Escola de Igualdade María Vinhals, única en Galicia e unha das poucas de toda España. Un espazo para a formación gratuíta e de calidade en materia de igualdade e un espazo de encontro para todos e todas os que loitan contra a violencia de xénero e a favor da igualdade.
- Programa Conectadas 2016. Accións formativas para entidades que traballen na promoción, empoderamento e asociacionismo das mulleres na provincia.
• 295.264,20 €
• Houbo máis de 400 solicitudes e concedéronse 332 accións formativas
• Desenvolveranse actividades en 60 concellos e beneficiaranse máis de 5.000 persoas. Na actualidade hai 9 cursos iniciados
- Subvencións a entidades de iniciativa social para o fomento da igualdade de oportunidades e loita contra a violencia de xénero
• 85.000 € de orzamento
- Subvencións a concellos de menos 20.000 habitantes para o fomento da igualdade de oportunidades e prevención da violencia de xénero.
• 150.000 € de orzamento
- Loita contra a violencia machista:
**Mostra itinerante "Mulleres en acción. Violencia Zero". Proxecto pioneiro para poñer o foco de atención na problemática da violencia machista e para, ao mesmo tempo, visibilizar o traballo de creadoras contemporáneas galegas.
• Exposición itinerante que está percorrendo 10 concellos da provincia. Comezou en febreiro e rematará en novembro en Vigo.
**Control e seguimento do servizo telefónico de atención e protección ás víctimas de violencia de xénero (ATENPRO)
• Control e seguimento por parte da Deputación de dito Servizo nos concellos de menos de 20.000 habitantes. Persoas beneficiarias deste Servizo durante o ano 2016: 60 mulleres pertencentes a concellos de menos de 20.000 habitantes.
- Proxecto "Cinema e muller" para visibilizar o traballo de creadoras galegas do audiovisual e fomentar unha maior participación das mulleres na creación da arte e da cultura. Desenvolveuse no mes de marzo nas cidades de Pontevedra e Vigo. Houbo charlas sobre cinema e xénero, unha mostra de cinema galego ou a estrea dunha película colaborativa de dez cineastas, entre outras accións
- Sorrisos Transformadores: Xornada -Exposición paravisibilizar, sensibilizar e naturalizar a realidade das persoas trans* de Galicia.
o Obxetivo: promover a igualdade de oportunidades e respecto á diversidade mediante a visibilización, sensibilización e naturalización do colectivo trans*.
o Exposición itinerante que xa está nos concellos e que se poderá levar aos colexios, institutos, sedes culturais , bibliotecas....
COMPOSTAXE. PLAN COMPOST REVITALIZA
.-Posta en marcha dunnovo sistema de tratamento de lixo alternativo, a compostaxe, máis económico e ecolóxico
.-Pontevedra, primeiro lugar do estado, e incluso de Europa, na que se imparte unha formación reglada e recoñecida por unhauniversidade para crear a figura d*s mestr*s composteir*s.
.-Primeira fase superada con éxito. Xa se obtivo o primeiro compost no banco de probas de Príncipe Felipe, unha ‘illa ecobiolóxica' da que non sae ningún residuo orgánico para tratamento externo.
COHESIÓN SOCIAL
FORTE APOSTA POLOS SERVICIOS SOCIAIS FRONTE A UNHA SITUACIÓN DE CRISE
O NOVO SERVIZO DE COHESIÓN SOCIAL MEDROU OS SEUS ORZAMENTOS NUN 11%. PASOU DE 3,6 MILLÓNS DE EUROS NO 2015 A 4,1 MILLÓNS ESTE ANO 2016
POR PRIMEIRA VEZ TODOS OS PROGRAMAS CONTAN CON PRAZAS GRATUITAS PARA AS PERSOAS MENOS FAVORECIDAS
Nova filosofía baseada nos dereitos e a igualdade das persoas para acceder aos servizos e non en criterios de beneficencia.
.-As axudas de emerxencia social aos concellos da provincia incrementáronse en cen mil euros máis en 2016 achegándose ate os 465.000 euros, o que representa un 27% máis de fondos,para que os servizos sociais dos concellos podan atender pagos en facturas de alimentación, luz, medicamentos, etc en persoas con problemas económicos.
.-700.000 euros a axudas a entidades sen ánimo de lucro para realizar actividades de servizos sociais ou socio-sanitarios.
.-200.000 euros para a implantación de proxectos sociais a través de entidades de iniciativa social que realicen actividades de servizos sociais ou socio-sanitarios.
.-As entidades prestadoras de servizos sociais tamén poden pedir subvencións para o programa "En ruta coa Depo 2016", co fin de fomentar o asociacionismo dinámico e saudábel entre os maiorese a xuventude. Este programa conta cunha partida inicial de 238.000 euros
.-Para as entidades de maiores e xubilados púxose o programa "Depo en marcha 2016", cunha partida económica de 120.000 euros e que é gratuíto para os participantes , destinados a favorecer o envellecemento activo
.-O novo proxecto "Tecendo Lazos 2016", cun orzamento de 60.000 euros, vai adicado as familias dos concellos de menos de 50.000 habitantes co fin de desenvolver talleres interxeneracionais.
.-"Depotermal 2016", destinado as persoas empadroadas na provincia pensionistas ou que precisen dun respiro familiar. Neste proxecto inclúense 434 prazas gratuítas que repártense dun xeito proporcional entre os concellos da provincia para que sexan os servizos sociais quenes dispoñan delas.
.-No que respecta aos programas dos concellos adícanse 2.178.948 euros para o plan de cofinanciamento dos servizos sociais comunitarios municipais e os servizos de axuda no fogar.
.-Para o servizos de teleasistencia nos concellos de menos de 20.000 habitantes adícanse 53.500 euros.
MOBILIDADE
.-Deseñodunha nova estratexia de mobilidade sostible na que a prioridade pasan a ser as persoas fronte aos vehículos.
-Creación dun decálogo de criterios de actuación nas vías provinciais claro e transparente para os concellos no que non caben amiguismos e caciqueos.
-Reestruturación do antigo departamento de Infraestruturas e do Parque de Maquinaria para evitar privilexios adquiridos e garantir a eficiencia de actuación nas vías provincias.
TURISMO
OUTRA DAS GRANDES APOSTAS DO GOBERNO POLO PESO DO SECTOR NO DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
XIRO DE 180 GRAOS: MODERNIDADE, VANGARDA, INNOVACIÓN, BÚSQUEDA DE RETORNOS, E SECTOR E CONCELLOS PROTAGONISTAS
ESTE ANO ESTAMOS A INVERTIR EN TURISMO RIAS BAIXAS PRETO DE 3,5 MILLÓNS DE EUROS
• Amais, e fóra do orzamento de Turismo Rías Baixas, a través da liña 3 do Plan Concellos, destinamos 1 millón e medio a actividades turísticas, entre outras. E a través da liña 4 do mesmo plan, cun orzamento de preto de 9 millóns de euros, os concellos puideron contratar persoal especializado en turismo.
• Tamén mediante o Plan de Práctica Laboral en Concellos e Deputación, dotado con 2 millóns de €, persoas especializadas en turismo están a traballar nos concellos da provincia.
RETOS QUE XA SON REALIDADES
- Plan Estratéxico de Turismo
o Por vez primeira se está a realizar un plantexamento estratéxico da actividade turística levada a cabo pola institución provincial, co fin de guiar as actividades de promoción a medio prazo partindo da reflexión e estudo das necesidades do destino Rías Baixas e dos turistas que nos visitan. E en colaboración estreita cos concellos e sector turístico.
o Anteriormente realizábanse actuacións sen planificar, sen contar cos concellos, sen contar co sector, sen partir do estudo e da análise.
- Plan Director de usos e viabilidade dos castelos e parques de Soutomaior e Sobroso
PRINCIPAIS LOGROS E ACTIVIDADES
- Actividades de promoción e difusión turística
o FITUR:
Comezamos o ano difundindo unha visión moderna, vangardista, innovadora do destino Rías Baixas a través da presentación en FITUR da arquitectura contemporánea da provincia, en colaboración co COAG.
O evento conseguiu bater récords nas redes sociais acadando máis de 160.000 visualizacións en facebook.
Tratábase da primeira actuación promocional de Rías Baixas centrada na arquitectura contemporánea dando boa mostra do xiro que o novo goberno lle está a conferir ó turismo.
o Espazo Atlántico (Madrid).
Pouco tempo despois, tamén en Madrid, demos a coñecer ante turoperadores, xornalistas e sector turístico a campaña de difusión e promoción turística dos concellos da provincia: "62 razóns para visitar Rías Baixas"
Tratábase da colocar como protagonistas da campañam, por vez primeira, ós propios concellos, que fosen eles os que escollesen o recurso turístico máis singular de cada un dos municipios, para levalo ata Madrid e divulgalo ante xornalistas e turoperadores.
O evento foi todo un éxito, con preto de cen mil usuario alcanzados en redes sociais e publicacións en webs como guiamaximin.com; de lascosasdelcomer.com o restauranthotelbar.com.
o Promoción das Rías Baixas con motivo da presentación no XIXFestival de Cinema de Málaga do documental "Cociñando no fin do mundo", a primeira longametraxe documental sobre gastronomía galega.
o Campaña "Festivais Rías Baixas": promovendo os sete festivais que teñen lugar na provincia: Portamérica, Marisquiño, Revenidas, Cultura Quente, SinSal, Son Rías Baixas e AtlanticFest.
A través de Renfe estamos a realizar accións promocionais divulgando o vídeo dos festivais Rías Baixas e insertando cabezais de promoción.
Promovendo os festivais no programa A3Musica do grupo A3Media, que está distribuíndo a nivel nacional e internacional (iberoamérica) un spotpromocional do noso destino.
Redes sociais: Facebook, Twitter e Instagram. Alcance moi importante, preto de 400.000 persoas e participación de 200.000 persoas nos concursos de entradas a festivais.
• Neste eido subliñar o propio papel que realizan os artistas (caso de José González, que subiu imaxes en Instagram e comentarios en twitter sobre Rías Baixas).
o Atlantic Express: Aproveitando a campaña dos "Festivais Rías Baixas" levamos o destino provincia de Pontevedra en tren ata Oporto, dando a coñecer ante turoperadores e xornalistas portugueses esta nova visión das Rías Baixas.
o Revistas e medios de comunicación:
Publirreportaxes en revistas das compañías aéras que operan desde Vigo como Air Nostrum ou Vueling.
Publirreportaxes en revistas e webs especializadas como Conde NastTraveller, unha das revistas máis prestixiosas de viaxes; destinia.com, portal de viaxes con presenza en 22 países e 67 millóns de usuarios; Exclusive Magazine, Guía del Ocio, Minube, OnMagazine, Hola Viaxes, NationalGeographic, Rumbo, etc.
o Publicidade exterior:
Mupis das Rías Baixas nas rúas das principais cidades de España para promover o noso destino.
o Press Trip:Aproveitando o tirón dos festivais estamos xa a organizar press trip con xornalistas xaponenes.
o Posta en marcha de actividades para a dinamización turística como o evento StreetStuntsBody Extreme (Vigo) ou as actuacións do coro de cámara GliAppassionati en diferentes cidades da provincia. Pero tamén a promoción das festas de interese turístico (4 internacionais, 5 nacionais e preto de 40 de interese turístico galego) impulsando eventos diferentes, únicos, modernos que aporten unha nova visión dos aspectos máis tradicionais das Rías Baixas.
o Colaboración coa adega Terras Gauda cedendo material promocional para a actuación promocional que vai realizar co club de viños do Corte Inglés.
- Convenios:
o Coa Deputación da Coruña e os concellos de Silleda, Vila de Cruces e A Estrada para a recuperación e promoción conxunta do carnaval rural tradicional de Xerais do Ulla 2016.
- Incidencia no emprego (40 persoas directamente grazas a tres programas da Deputación)
o Bolsas de práctica laboral en oficinas de Turismo da provincia:
O Plan de Práctica Laboral está dotado de 2 millóns de €.
A través deste plan, 20 persoas graduadas en turismo e co ciclo superior en animación sociocultural están a realizar a súa primeira experiencia laboral nos concellos da provincia dende o 1 de xuño.
o Bolsas de Turismo Rías Baixas:
Estas bolsas, dotadas con 40.000 €, están a permitir que durante toda a temporada estival 14 persoas graduadas en turismo ou co ciclo formativo en turismo poidan atender as oficinas de Cangas, Sanxenxo, Silleda, Moaña, Vilagarcía, Marín, A Illa, Nigrán, Ribadumia, Soutomaior, Meis, Vilanova e O Grove.
o Liña 4 do Plan Concellos.
Esta liña, dotada con preto de 9 millóns de €, está a permitir que 6 concellos puidesen contratar a 11 persoas para atender ós turistas que visiten as Rías Baixas.
- Todo elo para intentar que o turismo, un dos motores económicos nosa comunidade, que representa o 11% do PIB galego e máis de 100.000 postos de traballo, sega a ser un sector líder que contribúa ó desenvolvemento económico da provincia de Pontevedra.
XUVENTUDE
É A PRIMEIRA VEZ QUE EXISTE NESTA DEPUTACIÓN UN ÁREA ESPECIALIZADA E INDEPENDENTE DIRIXIDA A UNHA PARTE TAN IMPORTANTE DA NOSA SOCIEDADE
Un servizo dirixido especificamente á mocidade, con plans concretos, con partidas concretas, porque consideramos que non se pode deixar á marxe a boa parte da poboación e porque, ademais, trátase dun sector que necesita unha atención preferente por parte das administracións públicas.
Demostraba unha total falta de capacidade deixar fora do apoio público á xeración mellor formada, mellor preparada, en definitiva á que está chamada a mellorar esta sociedade. Por tanto NON É QUE NOS NECESITEN, É QUE NÓS LLES NECESITAMOS A ELES.Por iso, cando chegamos resultounos inconcibible que non existisen na Deputación de Pontevedra políticas específicas de apoio e traballo en común con esa parte importantísima da sociedade
Non podemos mirar para outro lado cando centos, miles de rapaces e rapazas tamén de Pontevedra se marchan triunfando fóra da nosa terra porque aquí non atopan oportunidades, nin administracións que lles poñan as bases para dar saída ao seu talento. Tiñamos moi claro que todo ese caudal de gañas, de modernidade e de bo facer non se podía desaproveitar. Tiñamos moi claro que, ademais, nesta provincia hai tempo que se están movendo moitas cousas, que destacamos en innovación, en audiovisual, en creatividade... e que non se podía consentir a multitude de iniciativas que están a ser máis que visibles na sociedade civil sen que as administracións estivésemos do seu lado
Nun ano puxemos en marcha unha serie de programas novos, que se desenvolveron para adecualos ás inquietudes actuais das persoas máis novas.
BALANCE PROGRAMAS (A DÍA DE HOXE)
DEPO RUARTE
- Programa con actividades de lecer innovadoras, dinamizadoras, modernas e educativas, que van dende a música ata a cociña ou a arte urbana. Así mesmo, estas actividades pretenden converterse nun espazo de encontro e intercambio de experiencias para potenciar os movementos de participación e cooperación social.
- Máis de 50 concellos da provincia se adheriron ao programa, para despois dar paso ás distintas actividades onde se poderán anotar as persoas interesadas.
- Posteriormente, mozos e mozas de entre 14 e 30 anospoderán gozar das distintas alternativas.
- Orzamento de 100.000 €.
CURSOS INGLÉS PARA XUVENTUDE
- Por vez primeira, catro cursos de inglés presenciais de 40 horas cada un en Sanxenxo, Cangas, Nigrán e Vilagarcía de Arousa. Hai 20 prazas en cada un deles.
DEPOAVENTURA (A LANZADA)
- Campamentos con actividades lúdicas, culturais, deportivas e formativas no Centro de Vacacións A Lanzada entre 26 de xuño e 10 de setembro.
- Hai once quendas de 200 prazas cada unha. En total, 2.200 rapaces e rapazas de entre 8 e 13 anos gozarán desta iniciativa.
- Por primeira vez, hai máis de 200 prazas gratuítas para menores en situación ou risco de exclusión social
- Recibíronse preto de 4.000 solicitudes. Concellos como Vigo e Pontevedra superaron o 100 % do número de prazas reservadas para cada un deles, nun 200 % en Vigo en un 120% en Pontevedra.
- Orzamento: 218.000 €
CAMPAMENTOS POLIDEPORTIVOS PRÍNCIPE FELIPE
- Campamentos con actividades lúdicas, educativas e deportivas para rapaces e rapazas de entre 7 e 14 anos. Entre o 11 de xullo e o 27 de agosto en seis quendas distintas.
- Participan 300 rapaces e rapazas. Houbo máis de 500 solicitudes (527 en concreto).
- Orzamento: 25.000 euros.
OUTRO PROGRAMA QUE UNIU A VANGARDA CO COMPROMISO SOCIAL DESTE GOBERNO FOI ARTETERAPIA (GESTO)
Tivo un orzamento de 6.000 euros e estivo dirixido a rapaces e rapazas menores de idade que teñen déficit de atención. Seguiremos apoiando este tipo de proxectos para fomentar, promocionar e axudar no desenvolvemento dos colectivos máis desfavorecidos da sociedade a través de accións artísticas que inclúan e lles empuxen a recoñecer o seu propio valor e os seus talentos vitais
CELEBRAMOS UNHA XORNADA PROVINCIAL DA XUVENTUDEcos Informadores e técnicos de Xuventude, técnicos dos Espazos xove, dinamizadores xuvenís, titulados e estudantes, entidades prestadoras de servizos a Xuventude e persoas interesadas na temática.Tamén queremos así favorecer a igualdade de oportunidades a través do acceso igualitario e autónomo á información e recursos e descentralizar os servizos de información xuvenil para achegarse aos destinatarios colaborando con axentes sociais (centros educativos, asociacións, outras administracións...).
ADEMAIS, ESTAMOS TRABALLANDO NAS BASES PARA O EQUIPAMENTO DAS ENTIDADES XUVENÍS DA PROVINCIA
Teñen un orzamento de 100.000,00 euros e están dirixidas as entidades xuvenís da provincia de Pontevedra
ESTAMOS TRABALLANDO NUNHA NOVA PLATAFORMA WEB PARA A XUVENTUDE
Está destiñadaa mocidade da provincia en xeral para acadar un maior achegamento da xuventude ás administracións públicas, incrementando as posibilidades de aprendizaxe, de inserción social e laboral e como medio de participación social e de desenvolvemento persoal.
Dentro dese eixo transversal, a mocidade tamén se está beneficiando doutros programas ainda que non sexan específicamentedestiñados a eles. É o caso de todas as subvencións que desde Cohesión Social xa están en marcha. Por exemplo:
1.-As bases de subvencións a entidades sen fins de lucro para actuacións no ámbito dos servizos sociais, sociosanitarios e da xuventude, dotadas con 700.000 euros para entre outros os servizossociais na área de familia e infancia e os Servizos sociais na área da xuventude
2.-Programas como Tecendo Lazos,
3.-O "En Ruta coa Depo" que por primeira vez ten rutas específicas para os rapaces e rapazas e para as familias con nenos e nenas
DATOS XUVENTUDE POBOACIÓN
A 1-xaneiro-2016 na provincia de Pontevedra hai 131.397mozos e mozas de entre 15 e 29 anos. Representan o 14,2% da poboación total da provincia.
Se temos en conta entre 15 e 35 anos, o número aumenta ata 192.398
CULTURA
.-O Museo de Pontevedra volve a formar parte do circuíto museístico do noso país grazas a programación de calidade e realizada con criterios profesionais.
.-Todos os concellos da provincia ven incrementada a súa oferta cultural grazasao programa de actividades do Ano Castelao, que inclúe representacións teatrais nos 62 concellos, ademais de contacontos, concertos, exposicións e obradoiros.
.-Por primeira vez na historia da Deputación, habilítanse dúas liñas de axudas para promover e dinamizar o uso da nosa lingua, ás que poden acceder os concellos e asociacións e colectivos da provincia
DEPORTES
.-OUTRO DOS COMPROMISOS MÁIS IMPORTANTES DO NOVO GOBERNO
.-O DEMOSTRA O INCREMENTO DO ORZAMENTO NUN 9,2% AO QUE SE TIÑA DESTINADO NO 2015
.-INVESTIMENTO DE 6 MILLÓNS DE EUROS, MEDIO MILLÓN MÁIS QUE O ANO ANTERIOR
* Xiro de 180 graos con respecto a como se estaban facendo as cousas na antiga Deputación de Pontevedra.
*Fixemos un importante esforzo económico a fin de ir cambiando a política deportiva que quere ser "con e para todos" e para isto contar coa implicación dos propios concellos, os clubs, as federacións, e as entidades e asociacións deportivas de toda a provincia.
*O outro cambio foron os criterios claros, obxectivos e transparentes para que todo o mundo optase ás axudas
*Desta forma o novo modelo rachou coa discrecionalidade e a libre disposición, porque o novo goberno respecta os dereitos de todos os cidadáns da provincia e pretende promover, fomentar e impulsar as actividades deportivas seguindo os principios de obxectividade, concorrencia competitiva, publicidade e transparencia.
LOGROS DO PRIMEIRO ANO
.-Subvencións a entidades e clubs deportivos da provincia para o deporte base (600.000 €, un 20% máis de recursos que o ano anterior, beneficiando a 552 clubs)
.-Deporte náutico(500.000 €, un 25% máis de investimento que no ano 2015, beneficiando a 52 clubs)
.-A semana próxima se aprobarán as subvencións a entidades e clubs deportivos que participen en competición federada de ámbito nacional
.-Están en marcha as subvencións dirixidas a asociacións e clubs deportivos sen ánimo de lucro para actividades deportivas no ano 2016
.-Tamén as axudas individuais e para os deportistas olímpicos
.-Os convenios cos clubs de elite da provincia como o Real Club Celta ouo Pontevedra club de fútbol e outros dez equipos, varios eles do deporte feminino. Ascendendo a preto de 700.000 € (695.000 €)
.-A Copa Deputación (cun orzamento de 150.000 € e que congregou a 1.000 equipos masculinos e femininos, contando tamén ás bases) ou os programas polideportivos en Príncipe Felipe, que ten por obxectivos a promoción e organización de actividades deportivas e educativas destinadas ao lecer de 300 menores de idade.
.-Se puxeron en marcha axudas para material deportivo para os clubs que solicitaban de xeito urxente estas equipacións. Fíxose un reparto equitativo e con extenso coñecemento público, cunha supervisión directa dos concellos. Esta actuación ascendeu aos 240.000 € e beneficiou a aproximadamente 200 clubs.
.- Impulsouse o programa Depoandainas, en cuxa primeira andaina polos petróglifos de Campo Lameiro participaron case un centenar de persoas. Un programa que ten por obxectivo poñer en valor o territorio e preservar o Medio Ambiente ó tempo que se fomentan hábitos saudables.
POR TANTO:Estamos a colaborar co deporte da provincia desde un novo prisma, no que a deputación funciona como a administración que vela por que o deporte da provincia se converta nun referente de transparencia e equidade.
O PLAN ESTRATÉXICO DE DEPORTES
Desde que chegamos ao goberno tiñamos claro que había que apostar por un gran programa, moi ambicioso, que marcase obxectivos claros e definidos do que queremos para o deporte desta provincia e deseñase as liñas de actuación para toda a lexislatura.
O equipo redactor do Plan xa mantivo as primeiras reunións con todos aqueles e aquelas que teñen algo que dicir no deporte da provincia PORQUE TIÑAMOS MOI CLARO QUE TEN QUE SER UN PLAN DE TODOS EPARA TODOS, un plan que salga acordado con todos os colectivos do deporte provincial. Agora xa teñen o borrador inicial deste Plan Director e a partir deste momento están a estudalo para reverter á Deputación as súas consideracións .
Tamén se presentou aos concellos para que definan cales consideran que son as principais necesidades en relación as infraestruturas deportivas nos seus municipios; a dotación de equipamentos deportivos; a necesidade de remodelación e modernización de instalacións deportivas existentes o la necesidade de construción de novas infraestruturas.
A RECEPTIVIDADE FOI ESPECTACULAR
Xa está en marcha a estratexia para identificar programas, criterios e ferramentas para proxectos de consenso cun proceso de participación
NOVAS TECNOLOXÍAS
DOUS GRANDES EIXOS DE ACTUACIÓN NESTE PRIMEIRO ANO:
1.-O PASO DE CPAE 2.0 AO PROXECTO SMARTPEME CON TRES NOVAS LIÑAS: AO SERVIZO DOS CONCELLOS PARA QUE SEXAN AXENTES ACTIVOS DE CARA AS EMPRESAS DOS SEUS MUNICIPIOS; DOS EMPRENDEDORES PARA APOIAR OS SEUS PROXECTOS E DAS ASOCIACIÓNS E ENTIDADES PARA ESCOITAR AO TECIDO EMPRESARIAL
2.-O APOIO AOS CONCELLOS PARA A IMPLANTACIÓN DA ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA
SMARTPEME
Proxecto moito máis ambicioso que busca retornos e resultados dirixido a emprendedores, autónomos e pemes da provincia para mellorar os seus negocios grazas as TICs.
• 607.420 € na adxudicación do servizo de deseño, posta en marcha e xestión da rede SMARTPEME
• Lavado de cara total do proxecto con respecto a CPAE 2.0. Agora ofrécense servizos adecuados ás demandas e ás necesidades reais dos usuarios
• Implicación total cos concellos, buscando que sexan tamén protagonistas e ferramentas para facer chegar este proxecto ás empresas da súa zona
• Implicación total e diálogo de ti a ti co tecido empresarial da provincia, escoitando as súas necesidades, ideas e propostas reais e adecuándonos a elas
- IMPLANTACIÓN DA ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA
• 847.000 € para a contratación da prestación do servizo para implantación, uso e soporte dunha solución de Administración electrónica para concellos de menos de 40.000 habitantes.
• Axudar aos concellos que teñen que cumprir coa Lei que, a partir de outubro de 2016, os obriga á xestión e tramitación electrónica e telemática dos expedientes administrativos.
INVESTIGACIÓN
-AREEIRO:
* Redeseño do concurso-exposición da camelia para dar a coñecer as potencialidades económicas da flor para o campo galego (té e aceite) e tamén turísticas. Nova denominación da mostra como ‘Os sentidos da camelia'.
*Investigacións punteiras de bioloxía molecular, novos tratamentos biolóxicos contra pragas e investigacións para o desenvolvemento do campo e o monte galegos.
-MOURISCADE:
*Inauguración de novas instalacións con novo equipamento para dar servizo a todo o sector agro-alimentario galego.
Ambos os dous centros nútrense de fondos provinciais cando prestan servizo a administración e usuarios de toda Galiza. A deputación faise cargo de áreas que a Xunta de Galiza non da atendido.
-PRÍNCIPE FELIPE:
*Centro asistencial que ven de democratizar o seu funcionamento para dar servizo á cidadanía.
*Ofrecéronse as instalacións aos veciños e veciñas para que fixeran uso delas previa solicitude fronte á cerrazón anterior.
-CAAN:
*Posta en marcha dunha campaña de adopción de animais adultos para evitar os abandonos
*Potenciación do acollemento de aqueles cans con máis dificultades para atopar dono.
MEDIO AMBIENTE
APOSTA POLO SECTOR PESQUEIRO E AGROGANDEIRO DA PROVINCIA CO NOSO COMPROMISO DE COLABORACIÓN COS SECTORES ECONÓMICOS COMO XERADORES DE EMPREGO
.-Subvencións dirixidas ás confrarías de pescadores/as, federación de confrarías e POR PRIMEIRA VEZ AS agrupacións de mariscadores/as para investimentos
IMPORTE: 200.000 EUROS
.-Subvencións dirixidas ás asociacións e cooperativas agrogandeiras
IMPORTE: 200.000 EUROS
Na provincia o sector pesqueiro e o agro-gandeiro teñen unha importancia social e económica non sempre recoñecida no seu grao. De feito, aínda que no PIB galego o sector agrícola-pesqueiro só representa o 4,4 por cento, a súa importancia pola creación de emprego e a consolidación de poboación nas zoas rurais non é acorde co seu valor económico.
.-O sector pesqueiro da traballo en Pontevedra a máis de 13.000 empregados e no sector agro-gandeiro as cifras superan os 9.000 entre os autónomos e os afiliados ao réxime especial agrario.
.-Estamos a falar de dous sectores, sacudidos por problemas cíclicos e estruturais, que na provincia aportan no caso agro-gandeiro preto de 500 millóns de euros de produción e no caso pesqueiro dun valor en primeira venda de máis de 157 millóns de euros.
.-O sector agro-gandeiro representa na nosa provincia o 12,6 por cento do sector en todo Galicia, pero que en valor sube ate o 20 por cento.
.-No caso do sector pesqueiro-marisqueiro, a provincia de Pontevedra ten o 45 por cento da frota galega, con máis de dous mil barcos, e supón o 34,4 por cento do valor da venda de pesca fresca de toda Galicia. Pero ademais concentramos case que o 60 por cento da actividade marisqueira e acuícola de toda Galicia. Mención aparte merece a concentración da industria conserveira e transformadora de peixe conxelado na nosa provincia, indiscutible pola súa dimensión.
.-Por todo elo, dende o goberno da Deputación consideramos que son dos eixos estratéxicos do desenvolvemento das zoas costeiras e das zoas de interior e dous importantes sectores para a consolidación e a creación de novos postos de traballo.
PROXECTO COA UNIVERSIDADE DE SENSORES QUE MIDEN A CALIDADE DAS AUGAS E DOS TERREOS PROVINCIAIS NOS CASTELOS DE SOUTOMAIOR E SOBROSO
Proxecto de especial interese para as producións agrícolas e vitícolas, en colaboración coa Universidade de Vigo para o desenvolvemento de aplicacións medioambientais a través da constelación Humsat, que xa instalou os seis sensoresque miden a calidade das augas para uso doméstico e naturais (SmartWater) e a humidade dos terreos (SmartAgriculture) da provincia. Os dispositivos atópanse nas fincas dos castelos de Soutomaior e de Sabroso, este último na parroquia de Vilasabroso, no concello de Mondariz.
PLAN PINCHADO DE CAMPOS: TRABALLOS NOS CAMPOS DE FÚTBOL DE HERBA NATURAL
Realizáronse a día de hoxe traballos de escarificado en unha treintena de campos dos concellos que así o solicitaron Unha vez finalizados, farase o pinchado dos campos
ASINAMOS EN ABRIL O CONVENIO IGAFA COA CONSELLERÍA DO MAR PARA PRÁCTICAS NO ESTRANXEIRO DOS ALUMNOS DO INSTITUTO GALEGO DE FORMACIÓN EN ACUICULTURA
COOPERACIÓN TRANSFRONTEIRIZA
.- Aposta pola potenciación da colaboración entre a provincia e o norte de Portugal para tirar rendibilidade das potencialidades conxuntas. Dous países, un destino.
.- Presentación de candidatura aos fondos europeos para mellorar a visión turística do río Miño.
.- Colaboración para aproveitar o coñecementoconxunto das universidades galegas e do Norte de Portugal.
ECONOMÍA E CONTRATACIÓN
NOVO MODELO INTERNO NOS PROCEDEMENTOS ADMINISTRATIVOS: ABSOLUTA DIVISIÓN ENTRE TÉCNICOS E CARGOS POLÍTICOS. LIÑA BERMELLA ENTRE O TRABALLO DOS PROFESIONAIS E A ACTIVIDADE POLÍTICA DOS DEPUTADOS. Os técnicos están para dar seguridade xurídica e viabilidade aos proxectos e a política deben facela os políticos
TOTAL ESIXENCIA DE QUE SE CUMPRAN TODOS E CADA UN DOS REQUISITOS DE CALQUERA TRAMITACIÓN. Non se admite nin un só procedemento que conteña algún defecto de forma o que pida sequera rozar a inseguridade xurídica
NOVO PROCEDEMENTO NOS CONCURSOS- OPOSICIÓN: Abríronse á participación doutras administracións para garantir a transparencia
NOVO PROCEDEMENTO NAS MESAS DE CONTRATACIÓN: Por primeira vez as mesas se abriron á participación de todos os grupos políticos da oposición




