Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA RENOVA DOUS ANOS MÁIS O CONTRATO PARA A EXPLOTACIÓN DA REDE DE BANDA LARGA RURAL

Iberbanda, a empresa encargada da explotación da rede Wimax da Deputación, ofertará unha mellora no prezo do servizo de 2 Mbps, pasando dos 41,14 ? ós 30,25 ?, IVE engadido

Iberbanda, a empresa encargada da explotación da rede Wimax da Deputación, ofertará unha mellora no prezo do servizo de 2 Mbps, pasando dos 41,14 ? ós 30,25 ?, IVE engadido

Fecha: 10 de Marzo de 2016

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra acaba de prorrogar dous anos máis o contrato con Iberbanda, empresa encargada da explotación da Rede Pontevedra Banda Larga Rural (Repoblar). Esta rede wimax, que foi impulsada pola institución provincial grazas á cofinanciación do 70% con fondos FEDER da Unión Europea, ten por obxectivo dotar de banda ancha sen arames a prezos alcanzables ás zonas rurais da provincia de Pontevedra.

O proxecto europeo Repoblar, cun orzamento de 6.693.868,53 €, abarca 55 concellos da provincia salvo Vigo, Pontevedra, Vilagarcía de Arousa, A Estrada, Marín, Redondela e Cangas que non se adheriron ó mesmo. Actualmente a rede, que explota Iberbanda desde fai catro anos, ofrece cobertura ó 99% da poboación dos 55 concellos sumando un total de 7.760 clientes.

A rede despregada a través do proxecto Repoblar é de titularidade pública e propiedade da Deputación de Pontevedra. Iberbanda, pola súa parte, encárgase do subministro, explotación e mantemento, asumindo os custes de conservación, reparación e ampliación necesarios para a correcta prestación do servizo, así como da comercialización, xestión dos contratos de alta, baixo ou modificación, facturación, atención e soporte ós clientes e correcta prestación do servizo.

A través desta prórroga de dous anos, a Deputación de Pontevedra consegue que Iberbanda oferte, sen ningún custe asociado e coas mesmas condicións de servizo e calidade, unha mellora no prezo do servizo de 2 Mbps pasando dos 41,14 € mensuais que pagaban os clientes ós 30,25 € (IVE engadido).

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones