Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA SENSIBILIZADA COAS PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL

A deputada de Cohesión Social e Xuventude, Digna Rivas, e a deputada de Emprego, Montse Magallanes, visitan este xoves as instalacions de Vontade, Asociación de Persoas con Discapacidade do Baixo Miño

A deputada de Cohesión Social e Xuventude, Digna Rivas, e a deputada de Emprego, Montse Magallanes, visitan este xoves as instalacions de Vontade, Asociación de Persoas con Discapacidade do Baixo Miño

Fecha: 03 de Diciembre de 2015

Fuente: depo.es

A Deputación de Pontevedra súmase á celebración do Día internacional das persoas con diversidade funcional, este 3 de decembro, lembrando o seu compromiso coas políticas de inclusión e a redución das desigualdades sociais, que se materializa a través de liñas de subvencións e actuacións desenvolvidas dende diferentes áreas, dende Cohesión social e Xuventude, ata Emprego, Recursos humanos e Deportes.

O Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional, creado pola ONU, está dedicado este ano á inclusión, para chamar á atención sobre as barreiras ás que se enfrontan a diario mil millóns de persoas no mundo, en ámbitos como o transporte, o emprego, a educación e a vida política e social. A Deputación de Pontevedra está sensibilizada con este problema e conta con diversas liñas de actuación destinadas a facilitar a igualdade de acceso e de oportunidades.

Así, dentro dos diferentes programas de emprego postos en marcha pola institución provincial existen cláusulas que favorecen a inserción de persoas con discapacidade, como é o caso de Depoemprega. Ademais, a Deputación tamén conta con convocatorias específicas para persoas con diversidade funcional, como a bolsa de emprego de ordenanzas con discapacidade intelectual.

Na área da educación destaca o proxecto de FP dual dirixido a persoas con discapacidade que se está a desenvolver no no IES Montecelo e que terá continuidade nos dous próximos cursos académicos. Deputación e Xunta colaboran neste programa que lles permite a dez mozos e mozas con diversidade funcional reforzar a súa aprendizaxe académica con prácticas laborais no organismo provincial.

No marco das actuacións de benestar, recentemente puxéronse en marcha as xornadas de achegamento ás mascotas ‘Encaantados', que propón unha serie de actividades terapéuticas con cans, dirixidas a familias, usuarios e profesionais dos centros de atención á discapacidade da provincia de Pontevedra.

Doutra banda, o pasado 6 de novembro a Deputación facilitou a visita ao Museo de Pontevedra dun grupo de 20 alumnos e alumnas con cegueira e problemas de visión do Centro de Recursos Educativos de la ONCE. A visita foi conducida polo creador Sergio Portela, quen, ademais de explicar a súa obra, permitiu que as persoas participantes tocaran as pezas para poder percibilas e comprendelas a través do tacto.

Esta acción forma parte dun programa máis amplo de actividades de lecer, que inclúe o transporte adaptado, así coma a reserva de prazas en programas termais, nos campamentos infantís e xuvenís de A Lanzada e as rutas tursíticas do programa do ‘Coñece a Túa Provincia'.

Finalmente, a Deputación de Pontevedra tamén materializa as súas políticas de inclusión e inserción mediante liñas de axudas e subvencións aos colectivos que traballan coas persoas con diversidade funcional. Nesta senso, destaca a recente subvención concedida á vivenda tutelada da Asociación Juan XXIII, situada en Pontevedra, que lles permite a oito persoas con discapacidade intelectual acadar unha maior autonomía na xestión do fogar e do lecer, ao temo que lles propociona un respiro ás súas familias.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones