Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Deputación destina máis de 313.000 euros para a adecuación dos 9 puntos limpos do proxecto estraee na provincia

O goberno de Carmela Silva adxudicou o contrato das obras que comezarán a finais de xaneiro e terán un prazo de execución de 3 meses

O goberno de Carmela Silva adxudicou o contrato das obras que comezarán a finais de xaneiro e terán un prazo de execución de 3 meses

Fecha: 24 de Diciembre de 2019

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar en Xunta de Goberno a adxudicación do contrato, mediante procedemento aberto simplificado, para a adecuación dos 9 puntos limpos do proxecto Estraee na provincia de Pontevedra. Así, a partida total ascende a 313.089,17 euros e divídese en nove lotes, pertencentes a cada un dos puntos limpos, situados en Meaño, A Guarda, A Lama, Gondomar, Nigrán, Ponteareas, Silleda, Vilagarcía e na Mancomunidade do Morrazo.

Os traballos de adecuación que se levarán a cabo mudan para adaptarse ás necesidades concretas de cada un dos casos, aínda que os obxectivos fundamentais destas accións son mellorar o funcionamento dos puntos limpos, mellorar a iluminación, proveer de novas infraestruturas para a reutilización ou dispoñer de sistemas de protección contra incendios e paneis indicativos. O prazo de execución das obras será de entre 1 e 3 meses e a previsión é que os traballos poidan comezar a finais de xaneiro.

Estas obras están inseridas no proxecto ESTRAEE, seguindo na liña de apoio á sustentabilidade cara á transición ecolóxica que marca o goberno provincial. O programa destínase a mellorar a xestión transfronteiriza dos residuos que xeran os aparellos eléctricos e electrónicos mediante tecnoloxías innovadoras para a protección ambiental e a eficiencia dos recursos. Trátase dun proxecto que conta cun orzamento superior ós 2 millóns de euros, o 75% pertencentes a fondos FEDER no marco do programa operativo de cooperación transfronteiriza España-Portugal 2014-2020.

Deste modo, para o punto limpo de Meaño, a empresa adxudicataria é Excavaciones y Construcciones Laureano Covelo, S.L. e o importe de adxudicación é de 14.271,95€. Para A Guarda, a empresa adxudicataria é Obras Gallaecia, S.L. cun importe de 28.422,90€. O punto limpo da Lama posúe a mesma empresa adxudicataria, Obras Gallaecia, S.L., pero desta volta cun importe de 28.374,50€. Obras Gallaecia, S.L. repite tamén en Gondomar, cun importe de adxudicación de 35.307,80 euros, e en Silleda, cun importe de 26.353,80 euros.

Para o punto limpo de Nigrán a empresa adxudicataria é Construcciones Caldevergazo, S.L.. O importe do contrato ascende a 20.086 euros. Para o punto limpo da Mancomunidade do Morrazo, o importe será de 38.415,19 euros e a empresa adxudicataria é Construcións Obras e Viais, S.A. No punto limpo de Ponteareas, a empresa adxudicataria é Narom, S.L., mentres que o importe do contrato ascende a 49.499,03€. Finalmente, para o punto limpo de Vilagarcía a empresa adxudicataria será Construcciones Caldevergazo, S. L. O importe da adxudicación é de 72.358 euros.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones