Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Deputación destinará 200.000 ? ao acondicionamento do espazo fortaleza de Goián, no marco do proxecto -Visit rio minho-

A actuación forma parte da creación do primeiro parque transfronteirizo de lecer de Europa, froito da unión do Castelinho e a Fortaleza

A actuación forma parte da creación do primeiro parque transfronteirizo de lecer de Europa, froito da unión do Castelinho e a Fortaleza

Fecha: 18 de Junio de 2019

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra vén de abrir o proceso de licitación para adxudicación de obras de mellora e acondicionamento do Espazo Fortaleza de Goián, en Tomiño, no marco do proxecto de cooperación europea Visit Rio Minho, cofinanciado ao 75% por fondos FEDER. As actuacións contan cun orzamento total que ascende a 199.963,43 € e consistirán na mellora da accesibilidade e da integración ambiental e paisaxística da contorna da fortaleza. A data límite para a presentación de ofertas é o vindeiro 2 de xullo, ás 10:00 horas.

As obras forman parte das accións de "Cualificación e valorización da rede de sendeiros verdes transfronteirizos" do proxecto Visit Rio Minho, e teñen por obxectivo a mellora da accesibilidade por medio da ordenación e o acondicionamento dos percorridos de acceso, tanto ao recinto fortificado coma ao parque e á praia fluvial.

Tamén está previsto a creación dun espazo polivalente para a dinamización do parque, enfocado á posta en valor da fortaleza de San Lourenzo. Buscase ademais, lograr unha maior integración e interpretación do monumento da fortaleza no seu contorno, de forma que se consiga unha maior visibilidade da construción histórica e a revalorización do conxunto. Debido ao emprazamento da fortaleza de San Lourenzo en zona protexida pola Rede Natura, todas as actuacións que se executen deberán ser respectuosas co medio ambiente.

Primeiro parque transfronteirizo de lecer de Europa

As actuacións están orientadas á creación do primeiro parque transfronteirizo de lecer de Europa, resultado da conexión do Espazo Fortaleza de Goián e o parque do Castelinho de Vila Nova de Cerveira, mediante a creación dunha ponte internacional que una ambos espazos de ocio.

Visit Rio Minho é un proxecto de cooperación europea cofinanciado ao 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, a través do Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020. Son socios de Visit Rio Minho a Deputación de Pontevedra (socio principal), a AECT Rio Minho, o Centro Tecnolóxico do Mar - CETMAR, a Comunidade Intermunicipal do Alto Minho - CIM Alto Minho, o Centro de Estudios Euro Rexionais Galicia Norte de Portugal (FCEER), a Universidade de Vigo e os concellos de Vila Nova de Cerveira, Caminha, Melgaço, Monçao, Paredes de Coura e Valença.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones