Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Deputación e o IGADI celebran este sábado unha gala en Goián para celebrar as conexións culturais da lusofonía e Galicia

O espectáculo, titulado -A República dos Sonhos-, será conducido pola xornalista Esther Estévez e contará coa música de Uxía, con conexións internacionais e convites sorpresa

O espectáculo, titulado -A República dos Sonhos-, será conducido pola xornalista Esther Estévez e contará coa música de Uxía, con conexións internacionais e convites sorpresa

Etiquetas del contenido

Fecha: 21 de Enero de 2023

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra e o IGADI (Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional) van celebrar este sábado 21 unha gala-espectáculo en Goián –Tomiño- para celebrar as conexións culturais da lusofonía e Galiza, facendo especial fincapé no territorio transfronteirizo do Miño. O evento, que será conducido pola xornalista da TVG Esther Estévez (presentadora do ‘Dígocho eu!’), contará coa música de Uxía e a participación de convidadas sorpresa, tanto en directo como en liña.

A cita será ás oito da tarde deste sábado 21 de xaneiro no senlleiro Centro Goianés, no Concello de Tomiño, e será retransmitida en streaming pola canle da Deputación de Pontevedra. O título, inspirado na novela da escritora recentemente falecida Nélida Piñon, servirá tamén coma un homenaxe urxente á escritora, coa que a organización do evento estaba a colaborar para a celebración da actividade.

O guión foi elaborado por Tino Santiago e Alberto Mancebo, que subliñan que a gala “é máis un espectáculo ca unha disertación”. Explican que se trata dun percorrido polo mundo cultural dos países que falan portugués “pois por detrás, ou por riba, dos circuítos comerciais, da xeopolítica, dos xogos de poder, as relacións entre os países, entre as persoas, descansan nos relatos que compartimos: as cousas que nos emocionan, o que nos fan rir ou chorar, as esperanzas e os temores…”.

Contarase con convidadas ilustres, conexións internacionais e música, para descubrir “que somos países diferentes… pero non somo estranxeiros”. Entre as intervencións estarán o historiador Ramón Villares, o xornalista Julián Rodríguez ou Carmen Villarino, entre outras iniciativas e sorpresas, como un espazo de falsos amigos entre o portugués e o galego.

As persoas interesadas en asistir presencialmente ao acto poden reservar a súa praza en info@igadi.gal, que será concedida por orde de solicitude, xa que a capacidade é limitada.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí