Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Deputación elaborará un estudo de mobilidade sostible do núcleo urbano do Rosal

O deputado de Mobilidade, Uxío Benítez, reuniuse co alcalde para falar de posibles melloras nas vías provinciais no concello

Os técnicos provinciais analizarán factores como o cambio de rúas, de direccións e de fluxos, así como a peonalización da Praza do Calvario

Etiquetas del contenido

Fecha: 09 de Junio de 2016

Fuente: Deputación de Pontevedra

O deputado provincial de Mobilidade, Uxío Benítez, reuniuse hoxe co alcalde do Rosal, Jesús María Fernández Portela, para falar das necesidades das vías provinciais no municipio. Atendendo ás demandas do rexedor, o deputado nacionalista indicoulle que a Deputación elaborará un estudo de mobilidade sostible do núcleo urbano do Rosal para ver incidencias do tráfico, así como as posibilidades de peonalización da Praza do Calvario. Así, os técnicos municipais analizarán factores como o cambio de rúas, de direccións e de fluxos neste centro urbano. O asesoramento en materia de mobilidade sostible o a peonalización desta praza do centro urbano foron as dúas actuacións que o rexedor indicou como prioritarias, a maiores das solicitudes incluídas ao abeiro do plan MÓVESE.

No plan MÓVESE, o Concello do Rosal ten solicitadas dúas actuacións, ambas na estrada Tabagón-Rosal-Portocoelo, a EP-3302. Tanto o deputado como o rexedor estiveron de acordo en que estas dúas actuacións se inclúan xa na obra que se está realizando nesta estrada, e non a posteriori. Trátase de actuacións na liña das medidas de calmado do tráfico segundo os novos parámetros que promove o ente provincial, co obxectivo de mellorar a mobilidade e a seguranza viaria. Ademais, o alcalde tamén presentou un proxecto para facer unha senda peonil na mesma EP-3302, no treito que vai desde o barrio de Morán, na parroquia de San Miguel de Tabagón, ata o núcleo do Calvario, no centro urbano do Rosal.

O Concello do Rosal conta con tres vías de titularidade da Deputación: Ramal-Sanxián; Tabagón-Rosal-Portocelo; e Tabagón- Goián, que suman máis de 15,500 quilómetros de lonxitude.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí