Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Deputación financia no Rosal a rehabilitación e acondicionamento dun edificio de formación e un comedor escolar

Trátase dun investimento do Plan Concellos 2019, ao través do cal a Deputación pon a disposición da vila un total de 583.312,29 euros, un 3,11% máis que no 2018

Trátase dun investimento do Plan Concellos 2019, ao través do cal a Deputación pon a disposición da vila un total de 583.312,29 euros, un 3,11% máis que no 2018

Fecha: 21 de Febrero de 2019

Fuente: Deputación de Pontevedra

O deputado provincial de Cooperación, Carlos Font, informou da aprobación o próximo venres pola Xunta de Goberno da Deputación dun novo investimento para O Rosal con cargo á liña 1 do Plan Concellos 2019. En concreto, son 144.142,90 euros cos que a vila poderá financiar a rehabilitación da envolvente térmica dun edificio de formación e o acondicionamento do interior da nave para facer un comedor escolar. Este ano a institución provincial pon a disposición de O Rosal ao través do Plan un total de 583.312,29 euros, un 3,11% máis que no 2018.

Máis polo miúdo, para a rehabilitación da envolvente térmica, as obras implican a substitución da cuberta actual de fibrocemento por un panel tipo sándwich con núcleo de poliuretano, o illamento da fachada exteriormente, a renovación da actual carpintería por unha nova de PVC con tripla xunta e vidro dobre, a instalación das portas tamén de PVC con vidros de seguridade, e a demolición do pavimento actual e colocación dun novo na zona prevista para o comedor. Pola súa banda, para o acondicionamento do local para comedor vaise a realizar a demolición dalgún tabique e do solado actual e, posteriormente, vanse a executar novas divisións, instalacións e aseos. Así mesmo, tamén se fará unha renovación do falso teito e das portas de paso a interiores.

Ademais das achegas correspondentes á Liña 1, que son este ano de 403.555,67 euros, o concello de O Rosal tamén ten á súa disposición polo Plan Concellos 2019 un total de 52.129,42 euros na Liña 2 de amortizacións e débedas. Así mesmo, outros 127.627,20 euros da Liña 3 de emprego cos que a Deputación financia a contratación de 12 traballadores e traballadoras para o concello.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones