Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A DEPUTACIÓN FORMARÁ E CONTRATARÁ A DEZ MESTRES COMPOSTEIROS NO SEU PLAN DE RESIDUOS

Os aspirantes pasarán unha proba teórica e un curso intensivo para obter o título e percibirán 1.400 euros mensuais

Os aspirantes pasarán unha proba teórica e un curso intensivo para obter o título e percibirán 1.400 euros mensuais

Fecha: 08 de Octubre de 2015

Fuente: depo.es

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Cesáreo Mosquera, anunciou onte a contratación de dez mestres composteiros que se encargarán do mantemento dos centros de compostaxe comunal nos concellos de toda a provincia. Os aspirantes deberán pasar unha proba teórica e unha entrevista, así como un curso intensivo para obter o seu título e percibirán mensualmente 1.400 euros.

Mosquera insistiu en que o proceso de implicación dos concellos na compostaxe como sistema de tratamento do lixo é irreversible, xa que hai convencemento de que se trata do sistema máis ecolóxico e económico. Por iso subliñou que "a Deputación está dando pasos firmes e concretos para cumprir o seu compromiso de colaborar cos municipios". Indicou que o traballo do organismo provincial están sendo áxil en tres ámbitos: na formación de persoal de alta cualificación para xestionar os composteiros comunitarios, na compra das instalacións de compostaxe e na convocatoria para que os concellos presenten as súas solicitudes.

En canto ao primeiro punto, Mosquera anunciou que na Xunta de Goberno deste venres se aprobará a convocatoria de dez bolsas de prácticas para mestres composteiros. Esta farase efectiva coa publicación no BOP a vindeira semana. Os aspirantes a estas bolsas deben estar en situación de desemprego e ter estudos mínimos de FP de grado superior. Deberán pasar unha proba de selección tipo test de 100 preguntas sobre conceptos básicos de Bioloxía, Química e Bioquímica, conservación do medio, efectos dos residuos e lexislación específica a nivel local, autonómico, estatal e europeo. Tamén se enfrontarán a unha entrevista persoal. A primeira parte terá unha puntuación máxima de cen puntos e a segunda de vinte. O tribunal seleccionador estará formado por técnicos e funcionarios.

Os 20 mellores aspirantes pasarán a unha segunda fase: un curso de formación intensivo de entre seis e oito semanas (12 horas semanais) no que expertos recoñecidos no sector (de Cataluña, Navarra, Guipúzcoa ou Italia) se encargarán das explicacións. Tamén haberá clases maxistrais de profesores universitarios convidados. Finalizado o curso, a comisión seleccionadora proporá a adxudicación das dez bolsas convocadas aos aspirantes que obtivesen a maior puntuación, que obterán tamén a titulación de mestre composteiro (pendente de homologación polo Ministerio de Agricultura e Medio Ambiente).

A incorporación efectiva dos bolseiros producirase de xeito paulatino en función das necesidades reais marcadas polos centros de compostaxe comunitarios que vaian sendo creados. O resto de aspirantes que superasen o curso pasarán a formar parte dunha lista de reserva para os casos de renuncia ou incumprimento de obrigas. A remuneración dos bolseiros correrá a cargo da Deputación durante un período de seis meses prorrogables a outros seis meses máis nunha contía de 1.400 euros ao mes (cos gastos de desprazamento incluídos). O seu traballo consistirá no mantemento dos centros de compostaxe comunitario e no asesoramento e divulgación do sistema. Poderán exercer a súa actividade en varios concellos a un mesmo tempo.


O vicepresidente provincial indicou que o obxectivo é comezar o curso de mestres composteiros a finais de novembro ou primeiros de decembro para que no mes de febreiro todo o persoal xa estea totalmente cualificado e preparado para a actividade.

Instalacións e campaña informativa
A Deputación tamén está traballando no subministro aos concellos dos centros de compostaxe que se instalarán en zonas públicas para que grupos de entre 80 e 300 veciños poidan tratar os seus restos de comida e vexetais 'in situ' xerando compost. Esta semana abrirase o prazo para a presentación de ofertas por parte das empresas, que deberán deseñar e instalar 450 unidades modulares que se montarán por grupos (con tres mínimo). Os concellos terán as mínimas cargas posibles e só se encargarán de buscar a ubicación máis axeitada: no prego de condicións esíxeselle á adxudicataria que se encargue da instalación de cada composteiro no lugar indicado. Está previsto que sexa no mes de febreiro cando se monten as primeiras unidades.


Por outra banda, estase a avanzar nas bases para que os concellos, colectivos ou empresas presenten as súas propostas para participar no plan de compostaxe da Deputación. Mosquera indicou que "o criterio da implicación será fundamental", xa que o que máis se valorará de cada solicitude será o interese demostrado e o bo enfoque para que os composteiros comunitarios funcionen.


Mosquera tamén anunciou que, de forma paralela a estas actuacións da Deputación, se porá en marcha unha campaña informativa e de sensibilización social sobre a necesidade e a importancia da compostaxe. "Estamos volcados en traballar para que isto funcione con garantías. Estámolo facendo en tempo récord e coordinados dende tódolos ámbitos", indicou.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones