Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Deputación implica aos colexios de arquitectos e enxeñeiros galegos e portugueses no deseño da nova ponte peonil sobre o Miño

O deputado de Cooperación Transfronteiriza Uxío Benítez convidou hoxe aos organismos colexiais a que sexan parte do xurado do concurso de ideas para o viaduto

O nacionalista asegurou que a intención final da ponte é -crear o primeiro parque transfronteirizo ibérico- en Tomiño e Cerveira

Fecha: 13 de Septiembre de 2017

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra vén de implicar aos colexios e ordes de arquitectos e enxeñeiros galegos e portugueses no deseño da nova ponte peonil sobre o Río Miño. O deputado de Cooperación Transfronteiriza Uxío Benítez reuniuse hoxe cos decanos e presidentes destes organismos e convidounos a participar no xurado do concurso de ideas que seleccionará a imaxe do viaduto que unirá o espazo da Fortaleza en Tomiño co espazo do Castelinho en Vila Nova de Cerveira para "crear o primeiro parque transfronteirizo ibérico".

Benítez explicou que o proxecto para a nova ponte peonil sobre o Río Miño é unha actuación incluída na proposta de Preservación e valorización do Río Miño Transfronteirizo ‘Visit Rio Minho' presentada á primeira convocatoria dos fondos europeos do Interreg VA-POCTEP, cun orzamento de dous millóns de euros e que obtivo un 75% do financiamento (1.500.000 euros) por parte do FEDER, que valorou positivamente a iniciativa.

O nacionalista subliñou que a Deputación considerou que o procedemento máis axeitado para escoller o deseño final para o novo viaduto, dada a súa importancia estratéxica e simbolismo, era a realización dun concurso de ideas, que "é relevante e áxil, ten un carácter público e aberto, potencia a singularidade do proxecto, e permite a intervención dun xurado". De feito, o organismo provincial xa puxo en marcha o concurso para a ponte, que ten o prazo de presentación aberto ata o 23 de outubro.

O procedemento para a selección da proposta gañadora pasará por tres fases: na primeira seleccionaranse as tres mellores ideas, que terán unha prima de participación de 10.890 euros cada unha; na segunda concursarase para desenvolver esas tres propostas finalistas e o gañador ou gañadora redactará o anteproxecto; na terceira fase analizarase a viabilidade da proposta (permisos, autorizacións e licenzas) e a redactarase o proxecto construtivo.

No encontro estiveron presentes a alcaldesa de Tomiño, e o vicepresidente da Cámara de Vila Nova de Cerveira, xunto ao arquitecto municipal e outro técnico; o decano do Colexio de Arquitectos de Galicia, Antonio Maroño; o decano do Colexio de Enxeñeiros, Ricardo Babío; o presidente do consello directivo da Ordem dos Engenheiros de Portugal Región Norte, Joaquim Poças; e o vicepresidente da Ordem dos Arquitectos de Portugal, Daniel Fortuna, entre outros.

Os representantes destas organizacións colexiais manifestaron a súa satisfacción por que a Deputación tivera elixido a fórmula do concurso de ideas, e non prime unicamente a contía económica do proxecto final, senón tamén a súa adecuación funcional, singularidade, calidade e integración. De feito, fixeron fincapé na necesidade de potenciar propostas tanto de xente moza como de estudios e empresas de calidade.

En canto á participación no xurado do concurso de ideas (que se formará nas vindeiras semanas), os organismos comprometéronse a designar un voceiro, que se sumará aos técnicos nomeados polo Concello de Tomiño, a Cámara de Cerveira, a Deputación e a CIM Alto Minho. Tamén se está a estudiar a participación de funcionarios de administracións que teñan que realizar informes vinculantes para a viabilidade do proxecto final (como a Dirección Xeral de Patrimonio).

"A creación do Europarque de Tomiño-Cerveira é unha vella aspiración. A finalidade desta actuación que promove a Deputación non é a construción dunha ponte en si, senón a creación dun grande espazo transfronteirizo para o que a ponte é un medio. A ambos lados do río hai espazos moi diferentes e complementarios e queremos crear un espazo único común que sexa un foco de atracción de turistas", subliñou Benítez para concluír a reunión.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones