Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Deputación implícase na loita contra a expansión da vespa velutina

A Comarca do Baixo Miño é unha das máis afectadas pola presenza deste insecto.

Niño retirado da cornisa dunha vivenda particular en Agosto de 2017 no Concello do Rosal

Fecha: 17 de Noviembre de 2017

Fuente: Deputación de Pontevedra

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, asinou esta mañá xunto a Salustiano Mato, reitor da Universidade de Vigo, e as investigadoras Josefina Garrido e María Calviño, o convenio que servirá para dar resposta á expansión que está tendo na provincia de Pontevedra a Vespa Velutina e ao seu efecto sobre a produción apícola.

No acto, Carmela Silva salientou que "na Deputación de Pontevedra, como xa amosamos durante o Pleno do 29 de setembro, estamos enormemente preocupados pola invasión da Vespa Velutina e pola pouca información existente ao respecto. Con este convenio queremos dotar de medios á investigación, pois senón hai coñecemento non se poderá resolver esta problemática."

En relación á loita fronte a esta problemática, Carmela Silva deixou clara a implicación da institución provincial e reclamou á Xunta de Galicia "que como administración competente tomen as medidas necesarias porque isto é unha cuestión moi seria que está afectando dunha forma grave a nosa poboación, especialmente a sectores que tiñan unha proxección económica de futuro moi importante." Durante a súa intervención, a presidenta da Deputación quixo unirse ás reclamacións expostas por Laura García Sáez, asesora xurídica da Asociación Galega de Apicultura, no Pleno da Deputación de Pontevedra demandando a necesidade dun plan de loita efectivo que conte cun financiamento e un seguimento axeitado.

A Vespa Velutina ou asiática introduciuse en Europa por Francia e tivo unha rápida expansión. A día de hoxe xa forma parte da lista de especies exóticas invasoras da Unión Europea e do Estado español. Actualmente o 87 por cento dos concellos da provincia de Pontevedra está afectada pola presenza de niños, sendo as comarcas de Vigo, Baixo Miño, O Morrazo e o Deza as máis afectadas pola presenza deste insecto.

O descoñecemento do tratamento e o combate contra este insecto fai imposible o seu control no seu desenvolvemento por toda a provincia. Por elo, a Deputación de Pontevedra e a Universidade de Vigo consideran necesario investigar como manexar a Vespa Velutina. En verbas da presidenta da Deputación, "este é un tema moi serio que require investigación. Aínda que non son as nosas competencias, como somos unha administración seria e responsable, ante un caso tan grave que afecta aos concellos da nosa provincia, consideramos fundamental a firma deste convenio. Co talento da Universidade de Vigo converterémonos nun referente no estudo sobre a velutina que permitiranos atopar instrumentos e tomar medidas para que a súa presenza non teña efectos negativos."

En canto aos obxectivos desta investigación, o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, explicou que "preténdese atenuar os efectos desta especie invasora e crear protocolos de actuación e de conducta que permitan ser máis eficiente que permita tranquilizar á poboación. En concreto marcámonos dous obxectivos básicos, por unha banda detectar os niños da maneira máis tempérana posible e por outro o estudo do comportamento desta especie a través da creación da primeira estación experimental." A investigadora da área de ecoloxía, María Calviño, engadiu que con esta investigación "queremos establecer uns protocolos fáciles de poñer en marcha, que non sexan especialmente caros e que nos permita aumentar a eficacia da destrución dos niños."

No marco deste convenio, a Universidade de Vigo vai a elaborar un protocolo para a detección dos niños mediante métodos baseados no marcaxe con dispositivos que faciliten o seguimento da "Vespa Velutina" e que permita delinear as súas rutas de alimentación. E amais porá en marcha unha Estación Experimental, no Campus de Vigo, para o estudo desta nova especie que sería pioneira en Europa e que foi destacada por Josefina Garrido, investigadora da área de zooloxía especialista en artrópodos, pois segundo ela "poderemos coñecer aspectos do estudo que doutra maneira sería imposible."

O convenio asinado durará ata o 31 de decembro de 2018 e suporá unha inversión da Deputación de Pontevedra dun total de 60.000 euros, os cales serán abonados en dúas anualidades, corenta mil euros neste 2017 e outros vinte mil no próximo ano. Amais, tal e como apuntou Carmela Silva, "se ao longo do estudo aparecen necesidades de ampliar a investigación ou de medidas que supoñan máis recursos, a Deputación de Pontevedra vaise implicar ao cento por cento."

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones