Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Deputación incrementa este ano ata os 280.000 ? o financiamento da política social dos concellos do Baixo Miño

Os servizos comunitarios básicos, o SAF, as axudas de emerxencia, a teleasistencia e os programas de ocio ou respiro familiar son iniciativas financiadas pola Deputación

Os servizos comunitarios básicos, o SAF, as axudas de emerxencia, a teleasistencia e os programas de ocio ou respiro familiar son iniciativas financiadas pola Deputación

Fecha: 22 de Agosto de 2018

Fuente: Deputación de Pontevedra

Co obxectivo de mellorar o benestar e a calidade de vida dos cidadáns e cidadás e especialmente as familias que necesitan unha maior asistencia, a Deputación de Pontevedra, a través dos seus programas de Cohesión Social, está a financiar a política social dos concellos da provincia. No caso da comarca do Baixo Miño este ano beneficia ata o momento a máis de 820 veciños e veciñas dos concellos de A Guarda, O Rosal, Oia, Tomiño e Tui, cun investimento de 280.234 euros.

Estamos a falar dos Servizos Sociais Comunitarios Básicos e o Servizo de axuda no Fogar; as axudas básicas de emerxencia e a teleasistencia, e todos os programas de ocio ou respiro familiar dependentes da Deputación de Pontevedra como Depotermal, Depo en Marcha ou Depo Aventura A Lanzada, entre outros.

No caso de Tomiño, o goberno provincial de Carmela Silva destinou no que vai de ano ás políticas sociais da vila un total de 76.634,73 euros dos que se están a beneficiar preto de 270 veciños e veciñas do concello. Con estes cartos da Deputación, a veciñanza pode contar co plan de atención social, que ofrece asistencia económica para os Sociais Comunitarios Básicos co servizo de axuda no fogar que atendeu a 72 usuarios e usuarios en 2017; e as axudas básicas de emerxencia, que atenden as demandas dos veciños e veciñas que se atopan en situación de risco ou exclusión social e que o pasado ano chegaron a 51 familias de Tomiño. Finalmente, a Deputación tamén financia o programa de teleasistencia domiciliaria que apoia este ano 2018 a 45 maiores ou persoas con diversidade funcional do concello que viven soas ou teñen dificultades para desenvolver actividades cotiás.

En canto aos programas de envellecemento activo, respiro familiar e ocio, que buscan mellorar a calidade de vida dos e das participantes, este ano están a ser preto de 100 persoas do concello de Tomiño as beneficiadas. Falamos, entre outros, de programas como Depotermal, que ofrece a posibilidade de pasar uns días - con ou sen pernoita - en balnearios da provincia; Depo en Marcha para gozar dos obradoiros que ofrece a Deputación; e DepoAventura A Lanzada no que este ano participaron 31 nenos e nenas da vila. Todas estas iniciativas teñen, ademais, prazas de balde para as familias con menos recursos.

En canto ao concello da Guarda, a institución provincial investiu 73.566,12 euros para financiar as políticas sociais da vila, que están a beneficiar a máis de 120 persoas. Con estes cartos da Deputación, a veciñanza pode contar co plan de atención social, cuxo servizo de axuda no fogar chegou a 38 persoas en 2017, e coas axudas básicas de emerxencia, que beneficiaron a 25 familias o ano pasado. Con respecto ás actividades, neste 2018 están a ser case 60 as persoas da Guarda beneficiadas. Falamos de programas como Depotermal, Depo en Marcha e DepoAventura A Lanzada, no que este ano participaron 29 menores da vila.

En Tui, a Deputación destinou 53.287,8 euros para a mellora da política social na vila, da que se están a beneficiar case 240 persoas. Con este investimento, a veciñanza pode contar co plan de atención social e coas axudas básicas de emerxencia, que beneficiaron a 107 familias o ano pasado. Finalmente, o programa de teleasistencia domiciliaria apoia, este ano, a 16 veciños e veciñas do concello. Ademais, nos programas de ocio, neste 2018 están a ser case 120 persoas de Tui as beneficiadas.

No Rosal, a institución provincial investiu 40.906,19 euros para o impulso dos programas sociais neste concello, que están a beneficiar a case 130 persoas. Cos cartos da Deputación, a veciñanza pode contar co plan de atención social, cuxo servizo de axuda no fogar chegou a 33 persoas en 2017, e coas axudas básicas de emerxencia, que beneficiaron a 20 familias. Nos programas de ocio e respiro familiar deste 2018, están a ser máis de 70 persoas do Rosal as beneficiadas.

Na vila de Oia, a Deputación destinou 35.839,83 euros para a súa política social, da que se benefician case 60 persoas. Este investimento permite que a veciñanza conte co plan de atención social, cuxo servizo de axuda no fogar chegou a 10 persoas en 2017, e coas axudas básicas de emerxencia, que beneficiaron a 9 familias. Finalmente, o programa de teleasistencia domiciliaria apoia, este ano, a 7 usuarios e usuarias. Ademais, nos programas de ocio, actividades e envellecemento activo deste 2018, benefícianse case 40 veciños e veciñas de Oia cos programas de Depotermal, Depo Aventura A Lanzada e Depo en Marcha.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones