Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Deputación inicia a contratación das obras da nova avenida que rodeará o Seixo en Tomiño

A estrada de nova creación permitirá retirar do centro da vila entre 5.000 e 10.000 vehículos diarios e servirá de enlace coa Vía de Alta Capacidade Tui-A Guarda

A estrada de nova creación permitirá retirar do centro da vila entre 5.000 e 10.000 vehículos diarios e servirá de enlace coa Vía de Alta Capacidade Tui-A Guarda

Fecha: 05 de Febrero de 2018

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra acaba de iniciar o proceso de contratación das obras da nova avenida que rodeará o núcleo urbano de Tomiño, unha das actuacións de maior relevancia da institución provincial en materia de infraestruturas neste mandato, que se executará en colaboración coa Xunta de Galicia e co Concello de Tomiño. En breve a institución provincial abrirá o prazo de presentación de ofertas para as empresas construtoras que, segundo o deputado de Mobilidade Uxío Benítez, "serán bastantes" dada a contía da actuación, 3.545.623,60 euros".

A licitación dos traballos por parte da Deputación, explica Benítez, é posible dado que a Xunta acaba de aprobar en Consello definitivamente o proxecto de trazado da estrada e concedido o visto bo definitivo ao expediente de información pública e urxente ocupación dos terreos expropiados tras resolver 26 alegacións. "O departamento de Mobilidade e de Contratación da Deputación están a dar os pasos necesarios para contratar as obras de xeito áxil. Agardamos adxudicar e iniciar a obra neste ano se todos os trámites saen segundo o previsto", explicou o nacionalista.

O convenio para facer a tres bandas a obra (Deputación, Xunta e Concello) asinouse o pasado 4 de agosto co obxecto de mellorar a conexión entre a estrada provincial EP-3102 (Tomiño-Sabarís) e a estrada autonómica PO-344 mediante unha nova estrada con tipoloxía de avenida que exercerá de variante ou rolda e que permitirá a mellora da mobilidade peonil no núcleo urbano.

A intención é derivar o tráfico que nestes momentos pasa polo núcleo da vila cara ao exterior (entre 5.000 e 10.000 coches ao día), proporcionando unha mellora substancial da calidade urbana e da seguridade viaria. Por outra banda, e dado que a Xunta de Galicia ten aprobado o proxecto da vía de alta capacidade (VAC) Tui-A Guarda que contempla un acceso ao núcleo de Tomiño, este enlace realizarase a través da nova avenida a cambio da implicación do goberno autonómico no financiamento das expropiacións dos terreos necesarios. O Concello pola súa parte farase cargo da transferencia dun treito de aproximadamente un quilómetro da antiga estrada autonómica.

En canto ao orzamento, a execución desta actuacións estímase en 3.545.623,60, que se repartirán en 2.351.163,26 euros investidos pola Deputación provincial, 261.240,36 euros polo Concello de Tomiño, e 933.219,98 euros pola Xunta de Galicia en concepto de contratos de servizo e expropiacións, a repartir en diferentes anualidades.


A estrada enlazará polo sur a EP-3102 e polo Norte a PO-344 (Rúa Gondomar), proporcionando unha saída natural á rúa da República Arxentina, e da rúa da Pedra cara o leste do núcleo, así como engarzando coa futura VAC sen necesidade de atravesar o centro urbano. A traza conecta ademais os principais centros equipamentais sitos na estrada provincial (CEP Pedro Caselles), cos novos equipamentos como o Centro de Saúde, a Residencia Asistida, e mesmo o IES de Tomiño, sitos inmediatos á avenida da República Arxentina.

A nova avenida de Tomiño, denominada oficialmente ‘Mellora da conexión entre a EP-3102 Tomiño-Sabarís e a PO-344 ao seu paso polo núcleo urbano do Seixo', está incluída na Estratexia de Mobilidade 3.0 que aposta por fomentar infraestruturas viarias ‘amables' garantindo a seguranza viaria, a accesibilidade, e a sustentabilidade.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones