Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A DEPUTACIÓN INICIA UN NOVO PROXECTO DE DIXITALIZACIÓN DOS SEUS FONDOS E DOS ARQUIVOS MUNICIPAIS DOS CONCELLOS DA PROVINCIA

Tén un prezo de licitación de 3 millóns de euros e dixitalizará máis de 12 millóns de imaxes

Oito equipos de traballos cubrirán por zonas toda a provincia e traballarán dende cada concello

Fecha: 11 de Febrero de 2015

Fuente: depo.es

A Deputación de Pontevedra, a través dos servizos de Novas Tecnoloxías, de Patrimonio Documental e Bibliográfico e do Museo de Pontevedra, pon en marcha un novo proxecto de dixitalización do patrimonio xestionado pola propia institución e polos concellos da provincia de Pontevedra.

Xa dixitalizadas 3 millóns de imaxes
Este proxecto supón a continuación dos traballos iniciados no proxecto -eDepo, a administración nun "CLICK"- que xa permitiu a creación dun "Centro de Coñecemento avanzado" e a dixitalización dunha parte importante dos fondos documentais, gráficos, cartográficos, sonoros e audiovisuais do Arquivo Provincial e dos fondos documentais dos concellos da provincia de Pontevedra (todos a excepción dos de Pontevedra e Vigo).

Este proxecto inicial permitiu a dixitalización de mais de tres millóns de imaxes xerando información cun tamaño superior ós 100 terabytes.

A continuación das labores de dixitalización enmárcanse dentro de proxecto -DepoTIC: a tecnoloxía nas túas mans"-, cofinanciado nun 70% por fondos FEDER, e inclúe no seu alcance a continuación dos traballos de dixitalización dos fondos documentais en todos os concellos da provincia de Pontevedra (a excepción de Vigo e Pontevedra) xunto coa dixitalización de fondos documentais, bibliográficos, gráficos, cartográficos, sonoros e audiovisuais do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación e do Museo de Pontevedra.

O novo proxecto

Con este novo proxecto, cun prezo de licitación de tres millóns de euros, se prevé a dixitalización de máis de doce millóns de imaxes o que suporá unha información cun tamaño superior aos 300 Tb.

Para a realización do proxecto se contará con escáneres profesionais de última xeración, como é o caso dos escáneres cenitais, recomendados para a dixitalización de fondos antigos e especialmente valiosos, que garanten un resultado final da máxima calidade.

É de destacar ademais que a dixitalización dos arquivos municipais realizarase nas propias instalacións dos concellos. Para este cometido, a empresa adxudicataria constituíu un total de 8 equipos de traballo que se se desprazarán aos concellos, xunto coa infraestrutura de dixitalización que permita a realización do traballo coas garantías previstas, en función da proximidade dos mesmos ou do volume de documentación a dixitalizar en cada un deles.

Os resultados dos proxectos de dixitalización impulsados pola Deputación de Pontevedra quedarán almacenados no CPD de institución que conta cun novo sistema de almacenamento, instalado recentemente na institución, e que dispón de máis de 400 Tb de capacidade.

Difusión e consulta
Todas as iniciativas de dixitalización postas en marcha pola Deputación se complementan cun novo sistema de xestión arquivística e bibliográfica implantado recentemente. Este sistema está a contribuír na mellora do proceso de catalogación dos fondos xestionados pola Deputación e os concellos.

Este sistema se complementará cun sistema de difusión na Internet que permitirá que os cidadáns poidan consultar o patrimonio documental xestionado pola Deputación e os municipios da provincia, incluíndo a visualización das imaxes dos fondos dixitalizados, sen necesidade de desprazamentos. A través deste portal, os cidadáns poderán consultar información dos expedientes de división territorial, libros de actas de pleno e Xunta de Goberno Local, heráldica municipal, libros de rexistro de bandos e edictos, expedientes de desafectacións e deslindes, etc.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones