Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Deputación lanza a nova edición de musigal para facilitar a programación de concertos nos concellos de menos de 50.000 habitantes

Os municipios terán de prazo entre o 9 e o 25 de xaneiro para solicitar as actuacións de solistas e grupos do Catálogo Musigal, que reúne ao redor de 150 artistas

Os municipios terán de prazo entre o 9 e o 25 de xaneiro para solicitar as actuacións de solistas e grupos do Catálogo Musigal, que reúne ao redor de 150 artistas

Etiquetas del contenido

Fecha: 28 de Diciembre de 2022

Fuente: Deputación de Pontevedra

O Goberno da Deputación vén de aprobar as bases do programa Musigal 2023, a iniciativa provincial que apoia a programación artística dos concellos de menos de 50.000 habitantes ao longo do ano, poñendo a súa disposición grupos e artistas profesionais da música que realizan as súas actuacións e concertos en lingua galega ou, no caso de instrumentais, con pezas de autoría galega. A institución destina a esta iniciativa, coa que neste ano se programaron 57 actuacións noutros tantos concellos da provincia, un orzamento de medio millón de euros.

 

O programa busca facilitar aos concellos a programación e celebración destes concertos, que son gratuítos para o público. A partir do 9 de xaneiro e ata o 25 dese mes (ambos incluídos), os municipios poderán solicitar de xeito telemático na sede electrónica da Deputación as actuacións para o 2023 de artistas inscritos no Catálogo Musigal, que reúne ao redor de 150 solistas e grupos de distintos xéneros musicais.

 

Segundo as bases, que este martes 27 foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia, os concellos poderán sinalar ata un máximo de dúas propostas por orde de preferencia, facendo constar o nome do grupo ou artista, a data e o lugar fixados para levar a cabo a actuación. Concederáselles unha única actuación que se desenvolverá ata o 31 de decembro de 2023. Por outra banda, segundo as bases, o número máximo de actuacións que poderá realizar cada grupo será de tres. A Deputación encargarase de aboar o caché do espectáculo do grupo ou artista, o concello e a produción da actuación.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí