Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Deputación mellorará a seguranza viaria da EP-3101 no lugar de Cristelos en Tomiño cunha nova glorieta

A actuación comezará no verán e incluirá redutores de velocidade, un itinerario peonil seguro e unha nova parada de autobús

A actuación comezará no verán e incluirá redutores de velocidade, un itinerario peonil seguro e unha nova parada de autobús

Fecha: 09 de Mayo de 2019

Fuente: Deputación de Pontevedra

O departamento de Mobilidade da Deputación de Pontevedra resolverá a situación de inseguranza viaria que existe na intersección da estrada provincial EP-3101 no lugar de Cristelos dentro do Concello de Tomiño coa construción dunha nova glorieta. Segundo explica o deputado Uxío Benítez, a actuación inclúe non só unha rotonda para regular o tráfico, senón tamén a instalación de elementos redutores de velocidade, a delimitación dunha zona de circulación peonil e unha nova parada de autobús, así como novos servizos de alumeado e drenaxe.

Segundo Benítez, a mellora da seguranza viaria na zona vén obrigada debido ao tránsito de peóns, coches e buses, xa que existe unha parada do autobús escolar que non está convenientemente sinalizada e tampouco hai un itinerario peonil seguro, posto que non hai cunetas e a beiravía está invadida de maleza.

O proxecto aprobado pola Deputación inclúe unha ampliación da calzada para a instalación da rotonda no punto quilométrico 3+780, onde será preciso un pequeno desmonte. A nova intersección resolverase cunha nova ronda de diámetro exterior de 28 metros e dous carrís de catro metros cada un. Disporase de áreas peonís na nova parada de bus con espazos de sección media útil de 2,5 metros e crearase unha nova rede de alumeado público con 10 unidades de iluminación led, catro delas nunha columna no anel interior da nova glorieta.

O orzamento para esta actuación é de 131.441,31 euros, se ben existe unha proposta de adxudicación que será aprobada na vindeira mesa de contratación que rebaixa substancialmente a licitación ata os 108.964,8 euros. A intención é que a formalización do contrato se realice nas vindeiras semanas, polo que o inicio da obra quedará para principios de verán. O prazo de execución logo do comezo dos traballos será de cinco meses.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones