Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Deputación mobiliza outros 5 millóns de euros en novos recursos de cooperación cos concellos e en seguridade das estradas provinciais

O Concello do Rosal recibirá 100.088 euros para o acondicionamento de camiños en Fornelos, Morán, Pancenteo e Pías

O Concello do Rosal recibirá 100.088 euros para o acondicionamento de camiños en Fornelos, Morán, Pancenteo e Pías

Etiquetas del contenido

Fecha: 18 de Febrero de 2023

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de mobilizar preto de 5 millóns de euros en  novos recursos en materia de cooperación cos concellos e infraestruturas provinciais para seguir a garantir dereitos e servizos na provincia. Desta cantidade, 2,5 millóns corresponden ás novas 16 achegas das tres liñas do Plan Concellos para 14 municipios, mentres os outros 2,4 millóns van destinados a manter nas mellores condicións a rede provincial de estradas. A maior parte do investimento (2 millóns) corresponde ás primeiras actuacións para instalar cunetas tendidas, dentro do proxecto posto en marcha pola institución provincial para axilizar estas actuacións de seguridade que, como destacou a presidenta Carmela Silva, “están a ser un éxito e van chegar a todo o territorio”.

No que atinxe ao Plan Concellos, aprobáronse 16 achegas que beneficiarán aos municipios de Arbo, Barro, Bueu, Cambados, Fornelos, A Lama, Moaña, Ponteareas, Redondela, O Rosal, Vila de Cruces, Vilaboa, Cerdedo-Cotobade e Cangas.  Da Liña 1 de Investimentos, Arbo recibirá 108.250€ para financiar o proxecto de mellora de viarios en Eidos de Arriba Sela (fase I), mentres que Barro contará con 72.881€ para financiar as obras de ampliación de viarios en Fonte de Curro e Cancela e Bueu, 191.762€ para financiar a aportación municipal para a reforma e ampliación da Biblioteca Municipal Torrente Ballester, enmarcada no Plan Reacpon.

Por outra banda, Cambados recibirá unha achega de 249.318€ para a dotación de infraestruturas na avenida de Galicia; Fornelos, 94.290€ para a pavimentación e mellora da drenaxe na estrada da Coruxeira a Alén Darriba en Calvos; A Lama contará con 192.010€ para o un proxecto de renovación, mellora da eficiencia enerxética e adaptación do alumeado público; Moaña, con 90.856€ para a humanización da rúa Baixada Manolo e Ponteareas 106.821€ para a 2ª fase da rehabilitación enerxética da envolvente térmica e reforma interior do concello. Para Redondela, aprobáronse dúas achegas: 202.840€ para a pavimentación e mellora da estrada do Outeiro, en Reboreda, e 76.361 para financiar a pavimentación e mellora da estrada de Santo Paio de Arriba, tamén en Reboreda.

O Concello do Rosal recibirá 100.088 € para o acondicionamento de camiños en Fornelos, Morán, Pancenteo e Pías e o de Vilaboa, 150.794 para financiar a achega municipal ao convenio coa Deputación para a mellora da seguranza viaria e mobilidade peonil na EP-0104 Ramal Igrexa de Figueirido. Por último, para Vila de Cruces aprobáronse dúas achegas: 314.505€ para a mellora da capa de rodaxe de camiños en Señorín, Cirela e outros e, por outra, 162.669€ para o abastecemento de auga potable e reposición da capa de rodaxe en Brandomes (Brandariz) así como para a dotación de abastecemento de auga potable dende o lugar de Frieira ata o lugar dos Camanceiros (Camanzo).

Da Liña 2, aprobouse unha achega para Cerdedo-Cotobade por 157.665€ para o pago de facturas e, da Liña 3 de Emprego, unha para Cangas por 230.137€ para contratar 23 persoas, que incluirá persoal para xardinería, peóns/as emerxencias e oficiais servizos múltiples entre outros postos.

 

No eido das infraestruturas provinciais, o Goberno adxudicou as primeiras actuacións derivadas do novidoso “Acordo marco de cunetas de seguridade” posto en marcha pola Deputación, que permitirán instalar estes elementos en 77 estradas provinciais ao seu paso por medio cento de municipios. A presidenta Carmela Silva destacou que estas primeiras obras tiveron en conta as prioridades dos concellos dentro dun proxecto “que vai ter continuidade” e subliñou que estas cunetas tendidas se instalan naqueles treitos onde non sexa posible facer plataformas únicas ou sendas por dificultades técnicas. “Son elementos que funcionan como sendas –explicou-. Comezamos hai xa tres anos a realizar algunha destas cunetas en proxectos de infraestruturas provinciais e foron un enorme éxito. A veciñanza solicitounos que fixéramos máis porque nestes puntos poden transitar con seguridade”.

A través deste acordo dividiuse a provincia en tres zonas (norte, centro e sur) e as obras que se realizarán agora consistirán na execución de cunetas de seguridade, a colocación de tubaxes para drenaxe dos viarios, execución de arquetas e recrecido de pozos. En concreto, na zona norte executaranse estas melloras por 665.125€ en 20 estradas ao seu paso por Lalín, Dozón, Rodeiro, Agolada, Vila de Cruces, Silleda, A Estrada, Cerdedo-Cotobade, Forcarei, Caldas, Cuntis, Valga e Catoira. No que se refire á zona centro, haberá un investimento de 738.228€ en 38 estradas provinciais que transcorren por Pontevedra, Ponte Caldelas, A Lama, Cerdedo-Cotobade, Barro, Poio, Cangas, Moaña, Marín, Bueu, Redondela, Caldas, Moraña, Campo Lameiro, Cuntis, Cambados, O Grove, Sanxenxo, Meaño, Meis, Ribadumia, Vilagarcía e Vilanova de Arousa. E na zona sur da provincia investiranse 595.972€ en 19 estradas provinciais que discorren por Nigrán, Baiona, Gondomar, O Porriño, Salceda, Mos, Tui, Tomiño, Oia, O Rosal, Ponteareas, As Neves, Mondariz, A Cañiza, Covelo, Arbo e Crecente.

Por outra banda, aprobouse tamén o convenio de colaboración con Cerdedo-Cotobade para a execución do proxecto de obras de ensanche e mellora da seguranza viaria na EP7102 Serrapio-Portela, que ten un orzamento de 436.589€. Esta actuación, como explicou Carmela Silva, únese á prevista na estrada de Almofrei, e a presidenta provincial lamentou que o alcalde deste concello e voceiro do PP no pleno provincial “nunca recoñece o grande investimento que estamos a facer en todos os concellos e particularmente en Cerdedo-Cotobade”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí