Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A DEPUTACIÓN OFRÉCELLE A TODOS OS CONCELLOS DA PROVINCIA A OPORTUNIDADE DE PARTICIPAR E TER PRESENZA NO CULTURGAL

A Deputación de Pontevedra contará cun posto institucional que quere poñer a disposición de todas as entidades locais

A Deputación de Pontevedra contará cun posto institucional que quere poñer a disposición de todas as entidades locais

Fecha: 16 de Septiembre de 2015

Fuente: depo.es

O deputado provincial de Cultura, Xosé Leal, vén de remitir aos concellos da provincia de Pontevedra unha proposta convidándoos a participar e ter presenza activa na Feira das Industrias Culturais, Culturgal 2015. Na presente edición, a Deputación de Pontevedra contará cun posto institucional que quere poñer a disposición de todas as entidades locais, para brindarlles a oportunidade de que difundan a súa oferta cultural no marco deste evento.

Xosé Leal cualifica esta iniciativa como "necesaria dar cabida a todas as propostas culturais posibles e contribuír deste xeito a enriquecer a oferta do certame". Considera, ademais, de vital importancia que os concellos teñan a oportunidade de "estar presentes nun encontro xa consolidado na difusión da cultura e cuxa influenza vai máis aló da provincia de Pontevedra".

O posto da Deputación é un espazo de nove por tres metros, que estará situado no corredor principal da feira, e que dará cabida ao material que os concellos desexen difundir, co obxecto de dar a coñecer as súas propostas en calquera dos ámbitos da cultura como poden ser, por exemplo, certames, iniciativas musicais ou de artes escénicas.

Asemade, desde a Deputación tamén se está recabando o interese dos concellos en realizar presentacións de proxectos e actividades no marco da feira. As presentacións, que poden corresponder a iniciativas tanto de ámbito local como comarcal, ofrecen a posibilidade de darlle visibilidade entre os profesionais culturais, programadores e programadoras, medios de comunicación e público en xeral.

Os concellos poderán remitirlle á Deputación as súas propostas de difusión cultural antes do 30 de setembro e a partires desa data, e atendendo ao volume de solicitudes, coordinaranse e organizaranse tanto as presentacións como o material de difusión de cada concello.

A Feira das Industrias Culturais celebrarase no Pazo de Congresos e Exposicións de Pontevedra do 4 ao 6 de decembro e na pasada edición, segundo datos da organización, contou cunha asistencia de público de arredor de 15.000 persoas.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones