Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Deputación pintará en xullo as estradas da Comarca do Baixo Miño

Na comarca do Baixo Miño pintaranse 141,8 quilómetros de trazado

Na comarca do Baixo Miño pintaranse 141,8 quilómetros de trazado

Fecha: 08 de Junio de 2017

Fuente: Deputación de Pontevedra

O deputado provincial de Mobilidade, Uxío Benítez, anunciou hoxe que a Deputación comezará o vindeiro luns día 12 o pintado das estradas provinciais da comarca da Paradanta. En concreto, os traballos iniciaranse polas tres estradas do Concello de Crecente: a EP-5302 de acceso a Ponte Frieira, a EP-5303 Padrosos-Ameixeiras e EP-5304 entre Vilar e Albeos.

O plan de mellora da sinalización horizontal promovido polo Departamento de Mobilidade actuará en 226 estradas de titularidade provincial, o que supón case as tres cuartas partes do total da rede, cunha lonxitude de 2.577 quilómetros de pintados. Tivo un orzamento xenérico de saída de 1,7 millóns de euros e foi adxudicado en catro lotes por un total de 1.409.319 euros. O segundo lote reúne as melloras viarias no Condado Paradanta e Baixo Miño e foi adxudicado á empresa Viales Fernández por un orzamento de 185.400,64 euros.

A mellora da sinalización horizontal, segundo asegura Benítez, enmárcase na nova filosofía do departamento de Mobilidade da Deputación que aposta pola mobilidade sustentable na que a seguranza viaria é un eixo clave. O plan de pintado iniciará a súa execución antes do verán, tal e como estaba previsto, logo de meses de traballo de inspección por parte dos técnicos de conservación provinciais e de analizar as necesidades.

O obxectivo do plan de sinalización horizontal é que se pinten as vías (liñas lonxitudinais, aparcamentos, illotes, cebreados, pasos de peóns) que nunca tiveron marcas viarias e se renove o pintado naquelas nas que polo paso do tempo e o uso xa estean desgastadas.

Na comarca da Paradanta melloraranse 167 quilómetros de pintados en catro estradas en cada un dos concellos de A Cañiza (93,7 quilómetros), Covelo (34,8), Arbo (24,4) e as tres estradas mencionadas en Crecente (14,1 quilómetros).
Actuacións
O segundo lote do plan de sinalización horizontal está formado por un total de 46 estradas que supoñen 353, 4 quilómetros de pintado e un orzamento de licitación inicial de 315.333,59 euros.

Na comarca do Baixo Miño pintaranse 141,8 quilómetros de trazado, dos que 31,5 son en Tui (catro estradas), 74,2 en Tomiño, 0,5 en Oia (unha estada) e 35,6 en O Rosal (tres estradas). Na comarca do Condado o orzamento das actuacións ascende a 74,807,39 euros e permitirá a renovación da sinalización en 45,1 quilómetros de catro estradas provinciais en Ponteareas, de outras tres en Salvaterra do Miño (9,5 quilómetros), catro en As Neves (44,9 quilómetros), seis en Mondariz (99,3 quilómetros), e 12,8 quilómetros en dúas estradas de Mondariz Balneario. Os traballos nestas dúas comarcas realizaranse no mes de xullo.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones