Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

A Deputación pon a disposición dos concellos costeiros as máquinas limpapraias provinciais de cara á semana santa e ao verán

O deputado provincial de Mobilidade Uxío Benítez explica que a maquinaria poderá cederse de forma conxunta a agrupacións de concellos

O deputado provincial de Mobilidade Uxío Benítez explica que a maquinaria poderá cederse de forma conxunta a agrupacións de concellos

Fecha: 27 de Marzo de 2017

Fuente: Deputación de Pontevedra

O deputado de Mobilidade, Uxío Benítez, anunciou hoxe que a Deputación xa puxo a disposición dos concellos costeiros da provincia as catro máquinas limpapraias do parque provincial. O responsable nacionalista indicou que, dada a proximidade da tempada alta tanto de Semana Santa como do verán, xa está aberto o prazo de solicitude e estanse a coordinar as cesións.

Segundo indicou Benítez "o obxectivo do departamento de Mobilidade é realizar o reparto da maquinaria de xeito ordenado e racional e non en función doutros criterios partidistas en función de ‘amiguismos'". Os concellos que poderán solicitar as máquinas serán Catoira, Vilagarcía, Vilanova, Illa de Arousa, Cambados, O Grove, Sanxenxo, Poio, Marín, Bueu, Cangas, Moaña, Vilaboa, Soutomaior, Redondela, Nigrán, Baiona, Oia, O Rosal e A Guarda. Quedan fóra do reparto os concellos de Vigo e Pontevedra por considerar que teñen medios propios suficientes para tender as necesidades de mantemento das súas praias.

A Deputación concederá as cesións por un prazo de 15 días prorrogables outros 15 baixo petición e dispoñibilidade. As solicitudes poderán ser presentadas polos concellos de xeito individual, así como tamén por parte de agrupacións de municipios (xa sexan mancomunidades ou simplemente de concellos que teñan asinado un acordo de colaboración a este efecto).

Neste último caso, e en función do número de peticións e dispoñibilidade, facilitarase a correspondente máquina limpapraias ás agrupacións durante todo o verán para que estas sexan as que regulen o seu funcionamento de forma autónoma. A máquina, así, pasaría a ter a súa base de saída no lugar acordado polos concellos -instalacións municipais-, de xeito que se eliminaría o desprazamento dende o parque provincial de Pontevedra en cada traballo, facendo máis operativo o uso. O pasado verán varios concellos optaron xa por esta fórmula: os da mancomunidade do Morrazo, e Sanxenxo e O Grove.

En todos os casos, a Deputación comprométese a poñer a disposición a maquinaria en bo estado de conservación, así como a trasladala ao punto fixado polo concello peticionario. Un representante municipal debe asinar a acta de cesión no momento da entrega asumindo as condicións establecidas para o préstamo.

Pola súa banda, o concello debe aportar o persoal necesario para manexar a máquina, a cabeza tractora e o combustible, e será responsable da ocupación de terreos particulares, da reposición de bens afectados, da obtención de permisos para actuar nos areais, e de recoller os materiais non aproveitables producidos. É fundamental, segundo obriga a Deputación, respectar o contorno ambiental.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí