Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Deputación pon en marcha un plan de rehabilitación de firmes para as estradas provinciais

O lote número catro inclúe a Vigo, Nigrán, Baiona, Gondomar, Porriño, Salceda de Caselas, Mos, Redondela, Tui, Tomiño, Oia, Rosal, A Guarda, Ponteareas e Salvaterra, cun orzamento de 802.313,15 euros.

O lote número catro inclúe a Vigo, Nigrán, Baiona, Gondomar, Porriño, Salceda de Caselas, Mos, Redondela, Tui, Tomiño, Oia, Rosal, A Guarda, Ponteareas e Salvaterra, cun orzamento de 802.313,15 euros.

Fecha: 30 de Junio de 2017

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra vai poñer en marcha un Plan de Rehabilitación de firmes para as estradas provinciais cun orzamento anual de preto de 4,4 millóns de euros. Segundo anunciou hoxe o deputado de Mobilidade Uxío Benítez, o acordo marco para contratar as obras aprobarase mañá no Pleno da Corporación debido á súa alta contía, e será prorrogable ata 2021, cando o investimento chegará aos 19,6 millóns de euros.

Benítez explicou hoxe que a Estratexia de Mobilidade 3.0 da Deputación contempla un programa de Mobilidade segura no que o labor de conservación e mantemento da rede viaria provincial é prioritario. Neste sentido, o deputado subliñou que as infraestruturas viarias sofren problemas nos seus firmes de xeito puntual, con afundimentos, peraltes defectuosos, pavimentos deslizantes en curvas, ou fendas derivadas do uso que é necesario atallar de forma efectiva. "Precisamos instrumentos que garantan o bo estado da rede provincial de estradas, que nos fagan ser áxiles á hora de actuar e que funcionen con garantías", dixo, para explicar que a intención da Deputación é convocar un Acordo Marco xeral que regulará a contratación das obras de conservación dos firmes.

Este Acordo Marco permitirá actuar de xeito planificado ao departamento de Mobilidade para a mellora de estradas que presenten deficiencias puntuais. Así, en función dos problemas que se detecten nos asfaltados das estradas, dos seus aforos e intensidades medias diarias de vehículos, os técnicos poderán priorizar e executar as actuacións necesarias para realizar rehabilitacións de firmes en treitos e localizacións concretas. "Non se trata dun plan para actuar no continuo de toda unha vía. Iso encadraríase na planificación de estradas e das actuacións singulares para a mellora global das estradas. A intención deste plan é ser áxiles no mantemento cando hai unha deficiencia, realizando unha actuación localizada, xa que actuando rapidamente evítase que o deterioro vaia a maiores e que sexan precisas reformas integrais que supoñen un investimento moito maior", subliñou.

O deputado de Mobilidade explicou que no pleno de mañá venres iniciarase a tramitación para poder iniciar as primeiras obras en 2018. Grazas ao acordo marco adxudicaranse obras por lotes a cinco empresas diferentes que terán asignadas cinco zonas de actuación na provincia, divididas e referenciadas en función da estrutura de vixiantes que ten a Deputación.

A cifra de 4,4 millóns anuais é o máximo de gasto que se permitirá anualmente e calculouse segundo a estimación dos técnicos provinciais. En función das necesidades detectadas iranse redactando as memorias de actuación e utilizando o orzamento segundo sexa preciso. Cabe a posibilidade de aprobar prórrogas dos contratos ata 2021, cando o investimento podería acadar os 19,6 millóns de euros.

"Este é un modelo que permite a Lei de Contratación e que tamén utiliza a Xunta e o Estado para planificar a conservación de estradas. Consideramos que tamén será positivo para o mantemento da rede provincial porque nos permitirá actuar en menos tempo", subliñou Benítez.

Zonas de actuación
No primeiro dos cinco lotes que se sacarán a contratación estarán as estradas de Pontevedra, Vilaboa, Cerdedo-Cotobade, Barro, Poio, Cangas, Moaña, Marín, Bueu, Caldas de Reis, Portas, Moraña e Campo Lameiro. O orzamento de execución por contrata é de 1.06.478,92 euros.
O lote número dous inclúe os concellos de Ponte Caldelas, A Lama, Pazos de Borbén, Fornelos de Montes, Redondela, Soutomaior, Ponteareas, Salvaterra de Miño, As Neves, Mondariz, Mondariz Balneario, A Cañiza, Covelo, Arbo e Crecente, cun investimento de licitación de 711.896,06 euros.

O terceiro lote agrupa aos concellos de Lalín, Dozón, Rodeiro, Agolada, Vila de Cruces, Silleda, A Estrada, Cerdedo-Cotobade, Forcarei e Cuntis, cun orzamento de 1.120.051,36 euros.

O lote número catro inclúe a Vigo, Nigrán, Baiona, Gondomar, Porriño, Salceda de Caselas, Mos, Redondela, Tui, Tomiño, Oia, Rosal, A Guarda, Ponteareas e Salvaterra, cun orzamento de 802.313,15 euros.

Finalmente, o lote cinco corresponde aos concellos de Valga, Pontecesures, Catoira, Cambados, O Grove, Sanxenxo, Meaño, Meis, Ribadumia, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa e Illa de Arousa, cun orzamento de 699.868,86 euros.

O Acordo Marco de 4,4 millóns de euros anuais para a mellora de firmes súmase a outros investimentos de mantemento e conservación da Deputación. Nese campo tamén se están a executar 5,5 millóns de euros destinados ao Plan de Mobilidade e Velocidade Segura (MóVESE) para o calmado de tráfico e ao Plan de Sinalización Horizontal, que terán continuidade nos vindeiros anos.

Por outra parte tamén están en marcha actuacións singulares para promover unha mobilidade segura, sustentable e inclusiva con melloras integrais para diferentes estradas provinciais, dentro do Plan de Actuacións 2017-2018 que se presentou recentemente, polo que se van investir outros 22 millóns de euros na rede viaria provincial.

Catálogo-inventario

O deputado de Mobilidade explicou tamén que a Deputación iniciará este venres en Xunta de Goberno a contratación dun novo catálogo-inventario das estradas provinciais, xa que o actual data de 2004 e está totalmente desactualizado tanto dende o punto de vista da información que manexa como dende a utilización das novas tecnoloxías.

A intención é obter un novo catálogo con imaxes en 360o que recolla todos os elementos da estrada e os das súas marxes en tempo real, así como incorporar un software que permita traballar con datos de accidentalidade, de tráfico, ou auscultación e que permitan unha mellor xestión das estradas ademais da posibilidade de xerar búsquedas ou informes concretos.

De feito, o novo catálogo realizará unha recompilación de datos nos que se incluirán as características do contorno das vías provinciais (tipo de terreo, de pavimento, desmontes e noiros, cunetas, beirarrúas, beiravías, elementos de borde, medianas, accesos...), xeométricas (radios de curvatura, rasantes, número de carrís, plataformas, peraltes...); equipamentos (sinalización horizontal e vertical, balizamento e seguranza viaria, zonas de servizo, descanso, estacionamento e recreo...) ou puntos singulares e incidencias (marcos, túneles, pasos superiores e inferiores, pasos a nivel, travesías e variantes de poboación ou enlaces e interseccións), entre outros.

Na base de datos tamén se recollerá unha nube de puntos que servirá de base cartográfica para que o departamento de Mobilidade poida redactar novos proxectos. "Trátase dunha ferramenta complementaria ao labor dos técnicos, e tamén moi importante para realizar todas as labores de conservación e mantemento necesarias", subliñou Benítez. O orzamento para a contratación do novo catálogo é de 217.195 euros.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones