Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Deputación presenta o informe sobre emerxencias de Pontevedra

Informe elaborado por expertos e expertas independentes para valorar as propostas para a mellora dos servizos de emerxencias na provincia de Pontevedra

Estudo realizado por expertos independentes no que se valoran os diferentes modelos de prestación de emerxencias para clarificar a realidade do territorio da provincia de Pontevedra

Fecha: 28 de Junio de 2018

Fuente: Deputación de Pontevedra

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, acompañada do vicepresidente, César Mosquera, presentou esta mañá o informe elaborado por expertos e expertas independentes para valorar as propostas para a mellora dos servizos de emerxencias na provincia de Pontevedra. "Por primeira vez se realiza unha diagnose seria e rigorosa, con datos obxectivos, das diferentes situacións relacionadas coas emerxencias na provincia de Pontevedra. Queremos que este estudo sexa o punto de partida para dialogar coa Xunta de Galicia e tomar decisións políticas en relación ao modelo de emerxencias máis efectivo para a provincia", asegurou Carmela Silva.

A presidenta provincial destacou que esta análise amosa a realidade da provincia de Pontevedra, situando sobre un mapa os lugares nos que teñen lugar os riscos de todo tipo (incendios urbanos e forestais, sinistros, accidentes de tráfico, etc.), as zonas mellor e peor cubertas e os tempos de resposta para cubrir cada sinistro. "E faise de xeito serio, cun estudo realizado por expertos independentes no que se valoran os diferentes modelos de prestación de emerxencias para clarificar a realidade do territorio da provincia de Pontevedra", asegurou Silva.

Entre outras cuestións, o estudo realizado amosa que a zona peor cuberta da provincia é o seu interior, que a zona de máis emerxencias é a costa pero ten moi boa cobertura e que o proxecto de comarcalización que formula a Xunta de Galicia segue sen solucionar os problemas que existen co modelo actual xa que o interior da provincia estaría igualmente desprotexido. Amais, a análise tamén pon de manifesto que o modelo que propón a Deputación, baseado nun modelo de isocronas, é máis efectivo que o actual e que o proxecto de comarcalización que pretende implantar a Xunta de Galicia.

Carmela Silva asegurou que a proposta da Xunta dda comarcalización do servizo de extinción de lumes e salvamento non está asentada en estudos claros, non contempla recursos económicos, nin humanos, nin técnicos e non conta co acordo dos concellos de Pontevedra e Vigo, que "aínda están esperando, dende xaneiro que o anunciou o vicepresidente da Xunta, a reunión para afondar neste novo modelo". Neste eido, a presidenta provincial destacou que "o estudo rigoroso que nós realizamos debería telo feito a Xunta de Galicia pero para toda Galicia. Parece incrible que en tantos anos de goberno non teña feito unha análise seria e rigorosa, como a que fixemos nós, e que permite sentar as bases para tomar decisións intelixentes e adecuadas en algo tan importante como son as emerxencias".

O estudo, que será presentado o vindeiro martes ás persoas voceiras dos diferentes grupos políticos na Deputación e á Xunta de Galicia na vindeira reunión do Consorcio provincial, está centrado no estudo do grao de cobertura do entorno da provincia e os seus riscos asociados e os tempos de resposta óptimos para atender as emerxencias. Deste xeito, avaliouse o modelo actual, o modelo proposto pola Xunta de Galicia e o da Deputación de Pontevedra dende cinco perspectivas: a modelización da contorna (partindo de datos estatísticos do Consorcio, da Xunta de Galicia e da Dirección Xeral de Tráfico, tempos de resposta e históricos de actividade), a identificación dos riscos, a análise das probabilidades, a avaliación de impactos e a valoración dos modelos.

Máis polo miúdo, identificáronse os riscos para as persoas, bens e infraestruturas e, atendendo aos maiores e menores picos de emerxencia e en base a fórmulas matemáticas, elaboráronse diferentes planos que poñen de manifesto que o interior da provincia de Pontevedra é o de menor cobertura.

Tal e como informou Carmela Silva, atendendo á demografía e á poboación, o modelo actual manifesta que 52.540 habitantes se atopan en condicións de cobertura non óptimas, fundamentalmente da zona do interior. Pola súa banda, o modelo de comarcalización da Xunta de Galicia deixaría en condicións non óptimas de cobertura a 25.823 persoas e o da Deputación de Pontevedra a 18.650, é dicir, cunha mellora do 64,50% de cobertura respecto ao modelo actual.

En canto á construción, pese a haber máis edificacións na costa que no interior, novamente é esta zona a que ten a cobertura menos axeitada. De feito, o modelo actual deixa sen cobertura a 10.022 metros cadrados, o da Xunta de Galicia a 4.700 e a proposta da Deputación de Pontevedra a 3.600 metros cadrados. Neste caso, tamén, a cobertura do modelo da institución provincial é maior que a proposta de comarcalización promovida pola Xunta de Galicia.


O terceiro nivel refírese aos incendios urbanos tendo en conta o número de vivendas. Neste eido, a menor cobertura sitúase tamén no interior da provincia. O modelo actual deixa sen cobertura 7.467 metros cadrados, a proposta da Deputación de Pontevedra a 2.401 e o modelo que quere poñer en marcha a Xunta de Galicia 3.644 metros cadrados.

Tendo en conta ás persoas afectadas nas redes viarias, o estudo pon de manifesto que as vías con máis incidencia de persoas afectadas e mellor cubertas están no Eixo Atlántico e, novamente, as menor cubertas no interior. Neste contexto, novamente, o modelo proposto pola Deputación de Pontevedra cubre moito máis que o actual e que o proxecto de comarcalización da Xunta de Galicia.

O estudo tamén realiza unha análise atendendo ás infraestruturas públicas, á superficie industrial e á superficie comercial. En todos os casos a zona máis cuberta é a da costa, onde hai maiores infraestruturas destas tipoloxías e as zonas menos cubertas son as do interior. No caso das infraestruturas públicas e superficie industrial, o modelo da Deputación de Pontevedra é o que ofrece maior cobertura fronte ao caso das superficies comerciais, que estarían mellor atendidas seguindo o modelo da Xunta de Galicia xa que, a meirande parte destes centros atópanse na costa.

Amais, o estudo tamén inclúe a análise de incendios en monte alto e monte baixo, poñendo de manifesto, neste caso, que tanto o interior como a zona sur da provincia son as partes da provincia con maior posibilidade de danos. Novamente, o modelo proposto pola Deputación de Pontevedra outorga unha maior cobertura fronte ao modelo actual e á proposta de comarcalización.

A análise realizada por expertos independentes e encargada pola institución provincial tamén puxo en marcha un estudo da avaliación da calidade en función do tempo de resposta ás situacións de risco. Neste eido, estableceuse como resposta óptima un tempo de 20 minutos e, unha vez máis, o modelo proposto pola Deputación de Pontevedra é o que cumpre en maior medida co tempo de resposta óptima.

Finalmente, o estudo establece tamén unha comparativa dos modelos atendendo á efectividade coa que se cobre en mellores condicións o territorio. Neste contexto, o modelo da Deputación mellora un 17% o modelo actual e, incluso movendo algúns parques de sitio, o modelo proposto pola institución provincial podería mellorar ata un 25,8% o sistema actual.


O vicepresidente César Mosquera, pola súa banda, salientou a importancia do estudo técnico realizado pola Deputación para decidir o futuro das emerxencias na provincia. Afirmou que a fase de que as administracións actúen "a salto de mata sen saber de que falan é ben que vaia rematando", e destacou que o próximo paso debe ser discutir as posibilidades económicas e de xestión. "Hai que explicar á opinión pública o custe actual dos bombeiros na provincia e o custe dunha solución óptima a futuro. A decisión que hai que tomar é se estamos en condicións de detraer cartos doutras partidas para mellorar as emerxencias", concretou.

Por outra banda, o nacionalista quixo aclarar que os bombeiros de Pontevedra e Vigo "cando hai unha emerxencia de verdade xa están comarcalizados na práctica", posto que actúan en calquera municipio. Engadiu que "se non os chaman será un problema do 112 e de como organiza".

Como última consideración, Mosquera subliñou que hai unha tipoloxía de emerxencia, os accidentes de tráfico, que está sempre esquecida e que na práctica atendela con eficacia é fundamental para salvar vidas. "En zonas de pouca poboación do interior, con menos actividade, industria... si hai tráfico hai e incluso de vías de moito tránsito e accidentes. Aí o tempo de reacción para chegar a excarcerar a unha persoa é a diferencia entre salvar unha vida ou non salvala, probablemente ese tempo é incluso máis importante que nun incendio", lembrou.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones