Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Deputación realizará o estudo técnico para executar a ambiciosa reforma integral da EP-3003,Tabagón-Goián

Ánxela Fernández destaca o valor do Plan Concellos como -exemplo de reparto obxectivo dos recursos públicos en favor da cidadanía de a pé, e iso non é algo tan habitual na Administración pública-

Ánxela Fernández destaca o valor do Plan Concellos como -exemplo de reparto obxectivo dos recursos públicos en favor da cidadanía de a pé, e iso non é algo tan habitual na Administración pública-

Fecha: 16 de Enero de 2020

Fuente: Deputación de Pontevedra

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, visitou hoxe o Concello de O Rosal, onde mantivo unha xuntanza de traballo coa alcaldesa, Ánxela Fernández, e intercambiou opinións co persoal municipal e a veciñanza. A visita institucional, a primeira do mandato, foi cualificada por Silva como "rápida, concreta e con decisións". "Nótase que estamos a traballar entre mulleres", remarcou. A alcaldesa, pola súa banda, destacou "o pracer que supón recibir nun concello pequeno, de 6.000 habitantes, a unha muller que é unha referencia na política e exemplo de boa xestión". "Hoxe", engadiu, "deuse un paso máis na colaboración entre O Rosal e a Deputación".

O principal acordo entre Silva e Fernández foi a reconversión integral da Estrada Provincial EP-3303 entre Tabagón (O Rosal) e Goián (Tomiño) para apostar pola mobilidade peonil, toda vez que a día de hoxe xa están en servizo outras infraestruturas que comunican e artellan a bisbarra e existe unha importante mobilidade a pé nesta estrada, tanto por parte de peregrinos que buscan conectar coa Variante da Costa como de persoas que acoden a Tomiño para o seu lecer, realizar xestións ou compras.

Carmela Silva remarcou que trátase dunha obra "moi ambiciosa e que terá un importante custo económico, pero que permitirá marcar unha diferencia no trato ao territorio, devolvendo o protagonismo ás persoas e recuperando o que, no pasado, nos arrebataron os vehículos". Ambas partes decidiron, diante da envergadura do proxecto, que se iniciará de inmediato o traballo técnico para establecer a execución da estrada en tres fases. Ánxela Fernández subliñou que a EP-3303 foi construída nuns tempos nos que non houbo "a perspicacia" de pensar que no futuro habería vías alternativas de alta capacidade, polo que defendeu que sexa reconfigurada para recuperar a mobilidade peonil. Deste xeito anticipou que hai que ir pensando en conectala coa senda do río Miño, outro proxecto que é froito da colaboración comarcal.

Da visita saíu tamén o acordo firme de que a Deputación colaborará con O Rosal na organización dun Congreso de Deporte Feminino da comarca do Baixo Miño. Ánxela Fernández destacou que a existencia dun Servizo de Igualdade na Deputación, que financia proxectos, e dunha presidenta feminista como Carmela Silva abre oportunidades de traballar a prol dunha sociedade máis igualitaria con accións concretas para a comarca. A rexedora municipal referiuse ao tecido asociativo rosaleiro, no que abundan persoas e profesionais dedicados/as diariamente á promoción do deporte feminino e lembrou que a igualdade só é posible se é unha prioridade para todas e todos. Carmela Silva acolleu a idea e destacou a importancia de que haxa mulleres á fronte das Alcaldías "porque as mulleres temos que estar en tódolos ámbitos de decisión e particularmente no eido local que é onde se toman as decisións que máis afectan ás persoas".

A última cuestión abordada foi a planificación que o Concello do Rosal xa está a facer dos 569.679,54 euros (un 2,4% máis) que lle corresponden da convocatoria do Plan Concellos 2020, o operativo provincial que financia regradamente aos 59 municipios de menos de 50.000 habitantes en base a criterios de poboación, dispersión e extensión territorial. Ánxela Fernández anunciou que gracias á estabilidade desta fórmula de financiamento pode anunciar a reforma integral da Praza de Abastos de O Rosal. A alcaldesa puxo en valor "a gran utilidade que para os municipios supón a existencia dun plan que reparte obxectivamente os recursos públicos en favor da cidadanía de a pé", "e iso non é tan habitual na Administración pública", remachou.

O Plan Concellos, nacido en 2015 co cambio de Goberno na institución provincial, fixo posible neste tempo a realización de 41 obras, 25 actividades socioculturais e a contratación de 57 persoas paradas para a atención de servizos municipais. O investimento total, sumado o Plan Concellos e a totalidade das iniciativas despregadas pola Diputación en O Rosal durante este mesmo período, alcanza xa os 3,4 millóns de euros, o maior da historia.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí