Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Deputación reforza aínda máis o programa Smartpeme con cinco novas carteiras de servizos para levar as TIC ás empresas da provincia

A Deputación, que lidera o asesoramento en dixitalización, vén de adxudicar o novo contrato do programa por 1,3 millóns de ? -porque temos preocupación e ocupación aínda que non competencias-

A Deputación, que lidera o asesoramento en dixitalización, vén de adxudicar o novo contrato do programa por 1,3 millóns de ? -porque temos preocupación e ocupación aínda que non competencias-

Fecha: 29 de Enero de 2022

Fuente: Deputación de Pontevedra

“A Deputación é a administración que está a achegar as TIC ás pemes da provincia, e facémolo por diante incluso de quen ten as competencias, porque nós non as temos pero si temos ocupación e preocupación por que as empresas estean preparadas para o presente e para o futuro”. Así se pronunciou hoxe a presidenta Carmela Silva na presentación da adxudicación do novo contrato do programa SmartPeme, aprobada hoxe pola Xunta de Goberno por un importe de 1.326.718 €, para seguir desenvolvendo o servizo provincial de formación en materia de novas tecnoloxías.

 

A presidenta da Deputación cualificou de “absoluto éxito o programa SmartPeme que está facendo que as TIC cheguen a todas as pequenas e medianas empresas e que poidan estar dixitalizadas, ser competitivas e empregar estes instrumentos para converterse nunha gran referencia dun novo modelo de sociedade”. Carmela Silva lembrou que desde 2016 xa se teñen realizado máis de 12.000 asesoramentos a preto de 1800 empresas e se realizaron 1800 actividades ás que asistiron preto de 18.000 persoas.

 

O novo contrato con cinco novas carteiras

Coa renovación do contrato crearanse novas carteiras que se suman ás xa existentes no programa, entre elas TIC, enfocada ao asesoramento en novas tecnoloxías; TurisTIC, que se concreta en asesorar empresas turísticas; SmartPeme Impulsa, centrado en asesoramento sobre crecemento empresarial; o Centro Provincial de Economía Dixital situado no viveiro de Barro, e outros proxectos como as carteiras específicas para o sector comercio e para asociacións do terceiro sector ou tamén o programa SmartPeme Concellos.

 

As 5 carteiras de nova creación son a de administración electrónica, “que permitirá ás empresas ter capacidade e coñecemento para poderse relacionar dixitalmente coas administracións”, a de ciberseguridade, “fundamental para que teñan capacitación e sensibilidade sobre a defensa contra ciberameazas”, e as carteiras de emprendemento, igualdade e transición ecolóxica, que Carmela Silva puxo en valor xa que “temos que conseguir que as empresas se comprometan cunha nova economía que ten que ser ecolóxica”.

 

Ademais, SmartPeme tamén se encargará da xestión dos viveiros de empresas de Barro e Lalín, onde “imos desenvolver programas específicos de coworking que nos permitan que as persoas emprendedoras poidan desenvolver proxectos e ideas e convertelas en negocios que xeren actividade económica e emprego”, sinalou Carmela Silva, que tamén anunciou un encontro anual de emprendemento no que “visibilizaremos as novas iniciativas empresariais que se están poñendo en marcha para crear unha sociedade que teña orgullo do que acontece economicamente nesta provincia”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones