Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Deputación reordena a conservación e mantemento das estradas provinciais

Para a zona sur, na que se atopa o o Baixo Miño, destinaránse 4.936.825,36 euros

Para a zona sur, na que se atopa o o Baixo Miño, destinaránse 4.936.825,36 euros

Fecha: 10 de Noviembre de 2017

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra publica hoxe no Boletín Oficial da Provincia o anuncio da licitación do novo contrato para reordenar a conservación e mantemento dos 1.700 quilómetros de estradas provinciais. Segundo explica o deputado de Mobilidade Uxío Benítez, este contrato permitirá agrupar por zonas as adxudicacións de obras, servizos, sinalización e subministro de materiais que xa se adxudicaban ata o de agora externamente para completar as actuacións das brigadas provinciais, co fin de traballar de xeito máis planificado e eficiente con menos recursos.
O novo contrato de conservación ten un orzamento inicial de 20.711.149,63 euros e un prazo de catro anos (3.915.701 euros por exercicio). As empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o 20 de decembro e a intención é que se poña en marcha o máis rápido posible ao longo do 2018.

Ata o de agora, a Deputación viña traballando no mantemento das estradas tanto co persoal e medios propios, como a través de múltiples adxudicacións para facer muros, drenaxes e gabias, cubrir servizos (rozas), para a sinalización horizontal e vertical, e para comprar material, cun gasto total de media de 5,3 millóns de euros por ano. A pesares da alta contía, eses traballos non estaban ben dimensionados con respecto ás necesidades, non eran operativos, e non permitían planificar a dotación e conservación a medio prazo.

Co cambio de modelo a principal novidade será a división en tres áreas de mantemento (Norte-Centro-Sur) que estarán a cargo dun enxeñeiro da Deputación por zona. Este funcionario terá á súa disposición aos traballadores das brigadas provinciais e os correspondentes parques de maquinaria como ata o de agora, así como os servizos das adxudicatarias do novo contrato de mantemento. Estes inclúen dúas campañas anuais de rozas, unha de campaña limpeza e reapertura de gabias cada catro anos, e un repintado de marcas viarias cada catro anos. Tamén se contemplan operacións de atención de incidencias como a retirada e limpeza de aterramentos, saneo de noiros, estabilización con muros, execución de colectores ou drenaxes, colocación ou reparación de sinalización vertical, balizamento e sistemas de contención de vehículos, entre outras cuestións.

Deste xeito, reducindo a inversión en conservación ordinaria, asegura Benítez, "optimizaranse os recursos, organizarase de xeito racional a atención das necesidades do patrimonio viario, e atenderanse con máis axilidade as demandas da veciñanza, xa que non será preciso iniciar un procedemento burocrático por cada unha das obras".

Áreas de traballo
As tres novas áreas de traballo nas que se dividirá a provincia para o mantemento de estradas (Norte, Centro e Sur) corresponderanse cos tres lotes nos que se adxudicará o novo contrato de mantemento. Segundo está establecido nas bases da licitación, por cuestións de eficacia no traballo e garantías administrativas, unha mesma empresa non poderá facerse cargo de máis dun dos lotes.

A zona Norte da provincia comprenderá os concellos de Lalín, Dozón, Rodeiro, Agolada, Vila de Cruces, Silleda, A Estrada, Cerdedo, Forcarei, Caldas de Reis, Cuntis, Valga, Pontecesures e Catoira. O orzamento de conservación e mantemento para estes municipios (lote 1) nos vindeiros catro anos será de 6.039.457,10 euros.

A zona centro da provincia englobará a Pontevedra, Vilaboa, Ponte Caldelas, A Lama, Cotobade, Barro, Poio, Cangas, Moaña, Marín, Bueu, Pazos de Borbén, Fornelos de Montes, Redondela, Soutomaior, Caldas de Reis, Portas, Moraña, Campo Lameiro, Cuntis, Cambados, O Grove, Sanxenxo, Meaño, Meis Ribadumia, Vilagarcía de Arousa e A Illa de Arousa. O orzamento para os labores de mantemento deste lote 2 será de 4.686.524,45 euros para catro anos.

A zona Sur da provincia comprenderá os concellos de Vigo, Nigrán, Baiona, Gondomar, Porriño, Salceda de Caselas, Mos, Pazos de Borbén, Redondela, Tui, Tomiño, Oia, O Rosal, A Guarda, Ponteareas, Salvaterra de Miño, As Neves, Mondariz, Mondariz Balneario, A Cañiza, Covelo, Arbo e Crecente. O custe de licitación deste lote 3 será de 4.936.825,36 euros para catro anos.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones