Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Deputación resolve as axudas para sinalización do patrimonio histórico e cultural

No Baixo Miño solicitaron todos os concellos -Tui, Tomiño, A Guarda, Oia e O Rosal, e o investimento ascende a 18.073,11 euros.

A Ponte Internacional sobre o Río Miño en Tui será un dos patrimonios a sinalizar

Fecha: 28 de Octubre de 2016

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra contempla na súa orde do día de mañá a aprobación das axudas para sinalización do patrimonio histórico e cultural dos concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia. A través destas axudas, o ente provincial fai un investimento de 155.770, 82 euros que destina a un total de 40 concellos solicitantes.

Esta convocatoria concibírase co obxecto de promover un apoio económico para que os concellos puidesen asumir o gasto derivado da sinalización dos seus recursos patrimoniais e bens de interese cultural, así como dos elementos relacionados coa memoria histórica, no que se inclúe a colocación de novos sinais ou a substitución dos obsoletos ou deteriorados. Desde o departamento de Cultura e Lingua considérase que a promoción e a información, así como a accesibilidade aos bens culturais das localidades, son básicas en calquera política turística e cultural, promovendo que a cidadanía, tanto veciñanza como visitantes, poida acceder aos bens patrimoniais da provincia coa maior facilidade posible.

A liña de axudas contempla a instalación de paneis informativos no patrimonio histórico e cultural dos bens inmobles de interese municipal, os conxuntos urbanos, os xacementos e zonas arqueolóxicas, así como os sitios naturais, xardíns e parques que teñan un recoñecido valor arquitectónico, histórico e/ou antropolóxico, artístico e/ou etnográfico, dentro do ámbito territorial da provincia de Pontevedra. Inclúe tamén a instalación de paneis informativos naqueles puntos que se consideren oportunos, co plano de situación e/ou información detallada dos bens culturais de cada concello solicitante. Por último, tamén permite a instalación dos sinais que, en cumprimento da Lei da memoria histórica, sexan precisos nos núcleos urbanos dos concellos da provincia de Pontevedra.

Por comarcas, en Deza e Tabeirós presentaron solicitudes os concellos de Lalín, Silleda, Forcarei e A Estrada por un importe total de 27.387,58 euros. Na comarca Caldas presentaron solicitudes Pontecesures, Valga, Catoira, Cuntis, Caldas e Portas, que suman un total de 13.547,16 euros. No Morrazo presentaron solicitudes os catro concellos -Marín, Bueu, Moaña e Cangas-, que suman 17.948,69 euros. No Salnés as solicitudes foron presentadas por Meis e O Grove, para os que se resolveu un total de 18.343,1 euros. No Condado-Paradanta, os concellos solicitantes foron Covelo, Arbo, Mondariz, Mondariz Balneario, Ponteareas e As Neves, e o investimento ascende a 19.192,14 euros. No Baixo Miño solicitaron todos os concellos -Tui, Tomiño, A Guarda, Oia e O Rosal, e o investimento ascende a 18.073,11 euros. Na comarca de Vigo solicitaron Pazos de Borbén, Redondela, Mos, Nigrán, O Porriño, Salceda e Baiona, por un importe total de 29.210 euros. E na comarca de Pontevedra as solicitudes corresponden a Vilaboa, Ponte Caldelas, Cotobade, Barro e Campo Lameiro, cun investimento total de 12.068, 11 euros.
 
Comarca do Baixo Miño
• Tui: Hotel Balneario de Caldelas: Muíños do Tripes, Igrexa Románica de San Miguel, Ponte das Febres, Capela Virxe do Camiño, Ponte do Río Louro, Ponte Internacional sobre o Río Miño
• Tomiño: Forte de San Lourenzo de Goián
• A Guarda: A Muralla Medieval de A Guarda, A Torre do Reloxo
• Oia: Santa Uxía de Mougás, San Mamede de Loureza, San Pedro de Burgueira
• O Rosal: Sepulcros de Marzán, Igrexa Parroquial de Santa Mariña do Rosal, Ponte Tamuxe
 
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones